Imos facer un xogo. Primeiro serei eu a que faga as pistas e ti terás que encontrar o que quero que me digas , no libro de Naturais. A resposta é unha palabra que cumple as condicións da pista. Non é fácil facelas por iso primeiro farei eu unhas cantas. Logo veremos quen é o primeiro que o pilla.
PISTAS LINGÜÍSTICAS PÁX12
1º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR , POLISÍLABA , ESDRÚXULA , CON HIATO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL. NON SE ESCRIBE CON B.
2º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, POLISÍLABA, GRAVE, SEN ACENTO GRÁFICO, NON LEVA DITONGOS NIN HIATOS. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL.
3º- SUBUSTANTIVO FEMININO SINGULAR, TRISÍLABA, SEN ACENTO GRÁFICO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL. LEVA O GRUPO CONSONÁNTICO -MB.
4º SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, TRISÍLABA, ESDRÚXULA, CON HIATO. É UNHA PARTE IMPORTANTE DA CÉLULA VEXETAL.
5º- GRUPO NOMINAL FEMININO SINGULAR. A SEGUNDA PALABRA DO GRUPO NOMINAL LEVA HIATO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL.
6º- GRUPO NOMINAL FEMININO SINGULAR. NINGUNHA PALABRA DAS DÚAS CONTÉN DITONGOS NIN HIATOS.
7º- GRUPO NOMINAL QUE EXPLICA UNHA FOTO. ESTÁ FORMADO POR CATRO PALABRAS.
8º- SUBSTANTIVO MASCULINO PLURAL, TRISÍLABA, ESDRÚXULA.EXPRESA A PARTE DA FLOR QUE É DE CORES VISTOSOS PARA ATRAER AOS INSECTOS.
9º- SUBSTANTIVO FEMININO SINGULAR, POLISÍLABA, GRAVE, SEN ACENTO GRÁFICO.NOMEA UNHA FLOR QUE CONTÉN PIGMENTOS QUE SÓ VEN OS INSECTOS.
10º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, BISÍLAVO, GRAVE, CON ACENTO GRÁFICO. EXPRESA UNHA SUBSTANCIA QUE OS INSECTOS BUSCAN NAS FLORES.
Xa che digo que moitas palabras están nas imaxes explicativas.Non perdas nada, en calquera sitio pode estar a palabra que buscamos.Só tes que rexistrar escrupulosamente a páxina 15.
No hay comentarios:
Publicar un comentario