miércoles, 7 de octubre de 2015

TEMA 2

 As certezas quedan para vós, que non estades facendo ningunha mensaxe para comunicarlle aos  vosos compañeiros. Eu fabrico as pistas que vós teredes que convertir en preguntas directas, coa súa resposta.

Todo canto necesitas saber está no libro de SOCIAIS, Tema 2. Para que non te perdas vai por cada dúas páxinas.Le con atención, buscando a información que necesitas.

 PÁX 22-23

PISTAS:

1º ESE  É O PARALELO PRINCIPAL.

2º- É UN PARALELO SITUADO CERCA DO POLO NORTE.

3º- É UN PARALELO SITUADO CERCA DO POLO SUR.

4º- É UN PARALELO SITUADO AO NORTE DO ECUADOR.

5º- É UN PARALELO SITUADO AO SUR DO ECUADOR.

6º- ASÍ SE CHAMA A DISTANCIA QUE HAI DENDE O ECUADOR A UN PUNTO DA SUPERFICIE TERRESTRE.

7º- EMPREGÁMOLOS PARA MEDIR A LATITUDE.

8º- OS MERIDIANOS EMPEZAN E ACABAN ALÍ.

9º- O MERIDIANO MÁIS IMPORTANTE É O QUE PASA POR ESE SITIO.

10º- ASÍ SE CHAMA A DISTANCIA DUN PUNTO CALQUERA AO MERIDIANO 0.



PÁX 24-25

1º-  ESA É A CANTIDADE DE FUSOS HORARIOS QUE HAI NA TERRA.

2º- UN FUSO HORARIO ESTÁ COMPRENDIDO ENTRE DOUS DELES.

3º- ENTRE DOUS MERIDIANOS HAI ESOS GRAOS DE LONXITUDE.

4º- ESO HAI QUE FACER CUNHA HORA CARA O LESTE DO MERIDIANO 0.

5º- ESO HAI QUE FACER CUNHA HORA CARA O OESTE DO MERIDIANO 0.

6º- A TERRA COMPLETA TEN ESOS GRAOS.

7º- ESA É A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE VAI SEMPRE CUNHA HORA DE RETRASO.

8º- CANDO EN MADRID SON AS DOCE DO MEDIODÍA NA INDIA XA ESTÁN NESA HORA.

9º-CANDO EN MADRID SON AS DOCE DO MEDIODÍA EN LONDRES, LISBOA E CANARIAS AÍNDA ESTÁN NESA HORA.

10º- CANDO EN MADRID SON AS DOCE DO MEDIODÍA NO XAPÓN XA ESTÁN NESA HORA.



PÁX 26-27

1º- É A REPRESENTACIÓN DA TERRA OU DUNHA PARTE DELA.

2º- A TERRA TEN ESA FORMA.

3º- ESA É A MELLOR MANEIRA DE REPRESENTAR A TERRA.

4º- UN MAPA QUE NOS MOSTRA TODA A TERRA CHÁMASE ASÍ.

5º- ELES IDEARON A REPRESENTACIÓN NO PLANO DA SUPERFICIE REDONDA DA TERRA.

6º- ASÍ SE CHAMAN OS SÍMBOLOS DUN MAPA.

7º- ASÍ SE CHAMA O LUGAR ONDE PODEMOS VER O SIGNIFICADO DOS SÍMBOLOS DO MAPA.

8º- GRAZAS A ELA PODEMOS REDUCIR O TAMAÑO DUNHA SUPERFICIE REAL.

9º- ESAS SON AS DÚAS FORMAS DE ESCALA.

10º- OS MAPAS QUE AMOSAN DETALLES PEQUENOS ESTÁN FEITAS CON ESE TIPO DE ESCALA.


PÁX 30-31

1º- ASÍ DEBE SER UN MAPA CANDO BUSCAMOS UNHA INFORMACIÓN CONCRETA.

2º- TRES TIPOS DE MAPAS.

3º- MAPA QUE REPRESENTA MONTAÑAS, RÍOS, OCÉANOS, LAGOS...

4º- MAPA QUE REPRESENTA PAÍSES, CIDADES, REXIÓNS, COMARCAS, PROVINCIAS...

5º- MAPAS QUE REPRESENTAN RECURSOS ECONÓMICOS, CLIMAS, POBOACIÓN, COMUNICACIÓNS...

6º- ASÍ SE CHAMA UNHA COLECCIÓN DE MAPAS DE DIFERENTES TIPOS.

7º- NO MAPA CLIMÁTICO A COR DE GALICIA É ESA.

8º- NO MAPA DE POBOACIÓN A COR DE GALICIA É ESA.

9º- ESA É A ESTRADA AUTONÓMICA DE 1ª ORDE QUE PASA POR CARBALLO.

10º- POR CARRAL PASA ESA CARRETERA NACIONAL.


PÁX 32-33

1º- TIPO DE MAPA QUE VEMOS NESAS DÚAS PÁXINAS.

2º- A MÁIS DE CATRO MIL METRO DE ALTURA A COR QUE REPRESENTA O TERRITORIO É ESA.

3º- AS CAPAS DE XEO SE REPRESENTA CON ESA COR.

4º- A COR PARA TERREOS QUE ESTAN ENTRE DOUSCENTOS E MIL METROS É ESA.

5º- POLO DESERTO DO KALAHARI PASA ESE PARALELO IMPORTANTE.

6º- A ILLA DE SUMATRA ESTÁ SITUADA NESE PARALELO IMPORTANTE.

7º- ASÍ SE CHAMA UNHA IMPORTANTE MONTAÑA XAPONESA .

8º- POR GROENLANDIA PASA ESE IMPORTANTE PARALELO.

9º- É UNHA ILLA ALONGADA SITUADA PERTO DE ÁFRICA NO OCÉANO ÍNDICO.

10º- CONTINENTE QUE SE SITÚA ENTRE O ATLÁNTICO E O PACÍFICO E VAI DE POLO NORTE A POLO SUR.


PÁX 34-35

1º- ASÍ SE CHAMA A REPRESENTACIÓN DE TODOS OS PAÍSES DO MUNDO NUN ÚNICO MAPA.

2º- PALABRA QUE DESIGNA O LÍMITE QUE HAI ENTRE DOUS PAÍSES.

3º- EXEMPLO DE PAÍS GRANDE.

4º- EXEMPLO DE PAÍS PEQUENO.

5º- ISRAEL,RUSIA E LÍBANO PERTENCEN A ESE CONTINENTE.

6º- CUBA, BRASIL E CANADÁ PERTENCEN A ESE CONTINENTE.

7º- ANGOLA, SENEGAL E LIBIA PERTENCEN A ESE CONTINENTE.

8º- UCRANIA, POLONIA E FRANCIA PERTENCENA ESE CONTINENTE.

9º- É UNHA MASA DE AUGA SITUADA ENTRE ASIA, ÁFRICA E AUSTRALIA.

10º- PARTE DE ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA QUE ESTÁ SITUADA CERCA DE CANADÁ POLO QUE PASA O CÍRCULO POLAR ÁRTICO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario