martes, 15 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS: SOCIAIS-5

SOCIAIS PÁX -5

CERTEZAS

1º- O Sol forma parte da Vía Láctea.

2º- No Universo hai milleiros de millóns de galaxias.

3º- A Vía Láctea ten forma de espiral.

4º- O Sol é unha estrela máis das miles de elas que forman a nosa galaxia.

5º- Unha galaxia é un conxunto de estrelas.

6º- O Sol e os planetas que o rodean forman o noso sistema solar.

7º- Estamos situados no bordo da nosa galaxia.

8º- O núcleo da Vía Láctea está formada por acumulación de estrelas.

9º- A simple vista non podemos ver o Universo con precisión.

10º- O telescopio espacial fai fotos dos corpos celestes viaxando polo Universo.

PISTAS

1º- Unha acumulación de estrelas chámase así.

2º- Ese é o nome da nosa galaxia.

3º- Alí está situado o noso sistema solar.

4º- Así son os brazos que forman a nosa galaxia.

5º- Os brazos  saen del e xiran ao seu arredor.

6º- A nosa galaxia ten esa forma.

7º- Nel hai centos de milleiros de galaxias.

8º- Poden ser terrestres ou espaciais.

9º- Os científicos usan eses instrumentos ópticos para estudar o Universo.

10º- O núcleo central da nosa galaxia está formado por elas.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º-  En que parte da Vía Láctea está situado o noso Sistema Solar?

2º- Que é a Vía Láctea?

3º- Con que telescopio podemos observar máis detalladamente o Universo?

4º- Cantas galaxias forman o Universo?

5º- Que forma ten a nosa galaxia?

6º- De que dúas partes se compón a nosa galaxia?

7º- Como se chama o conxunto do Sol e os seus planetas?

8º- Como se chaman as agrupacións de estrelas?

9º- Como se chaman os instrumentos  ópticos que usan os científicos para observar o Universo?

10º- Que fan os brazos da nosa galaxia con respecto ao núcleo central?


Estas son as que se me ocurriron a min. Estou segura de que ti non o farás tan rápido. Vaiche costar inventar porque aínda non te acostumbraches. Por eso de momento chega con que copies e respondas. As certezas poden estar confundidas, as pistas piden información e as preguntas tamén. Manexamos información e construimos con ela oracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario