lunes, 28 de septiembre de 2015

CONTROL 1A

Imos ver o ben que estás manexando o libro. Non vou esperar que acumules datos coma unha computadora, pero sí que sepas onde está a información e a expreses. Xa sabes que para eso fai falta mirar no libro. Aínda hai xente que pensa que sen ler vaise enterar de moito, e sí, é certo que escoitando apréndese. Pero aquí queremos nenos que manexen a lectoescritura, que un libro para eles non teña secretos.

Así que imos facer unha proba para que vaiamos experimentando o ben que estades traballando na casa, porque aquí xa o vexo eu. Algúns xa foron avisados de recibir un parte, pero non deben saber o que é. E millor que non cheguen a sabelo. Pero as notas sí que as saberán...

PISTAS:

1º CABO DO QUE DESPEGARON OS ASTRONAUTAS EN 1969.

2º- NOME DA ÁREA ONDE ALUNIZOU A NAVE.

3º- ESA É A IDADE APROXIMADA DO UNIVERSO.

4º- ESA É A IDADE APROXIMADA DA TERRA.

5º- CON ESES APARATOS OBSERVAN O UNIVERSO.

6º- AS PRIMERA ESTRELAS FORMÁRONSE CON ESES DOUS ELEMENTOS.

7º- DELAS TEMOS MILLEIROS DE MILLÓNS NO UNIVERSO.

8º- DELAS TEMOS CENTOS DE MILLEIROS NO UNIVERSO.

9º- ASÍ SE CHAMA A NOSA GALAXIA.

10º- POR ESTAS CINCO CUALIDADES SE DIFERENCIAN UNHAS ESTRELAS DAS OUTRAS.

11º- ESO ORIXINOU O UNIVERSO.

12º- ESA É A FORMA DA NOSA GALAXIA.

13º- É O NOME DA ESTRELA QUE ESTÁ NO CENTRO DO NOSO SISTEMA SOLAR.

14º- ASÍ SE CHAMA O RECORRIDO  CIRCULAR ARREDOR DO SOL.

15º- ASÍ SE CHAMA UN METEOROIDE QUE CHEGA A SUPERFICIE DA TERRA.

16º- SON OS CORPOS CELESTES MÁIS IMPORTANTES QUE XIRAN ARREDOR DO SOL.

17º- CANDO SE ACHEGAN AO SOL AMOSAN UNHA COLA RECHAMANTE.

18º- ESO É A LÚA PARA A TERRA.

19º- CINCO PLANETAS ANANOS DO SISTEMA SOLAR.

20º- NOME DO PLANETA MÁIS PRÓXIMO AO SOL.

21º- NOME DO PLANETA MÁIS AFASTADO DO SOL.

22º- É O PLANETA QUE ESTÁ ENTRE A TERRA E XÚPITER.

23º- É O OITAVO PLANETA EN TAMAÑO.

24º- TEN QUINCE SATÉLITES.

25º- É UN PLANETA GASOSO CON DEZASETE SATÉLITES, POLO MENOS.

26º- PLANETA  ROCHOSO SEMELLANTE A UNHA ESFERA ACHATADA NOS POLOS.

27º- TRES CONCENTRICAS CAPAS DA TERRA.

28º- A XEOSFERA, A LITOSFERA, A ATOMSFERA E A BIOSFERA ESTÁN FORMADAS POR ELES.

29º- CARA ESA PARTE XIRA A TERRA.

30º- A SÚA INCLINACIÓN FAI QUE VARÍEN A DURACIÓN DO DÍA E A NOITE.

31º- DÚAS IMPORTANTES LIÑAS IMAXINARIAS TERRESTRES.

32º- ESO FAI O SOL POLO OESTE.

33º- ASÍ SE CHAMAN OS EXTREMOS DO EIXE TERRESTRE.

34º- MOVEMENTO QUE FAI A TERRA XIRANDO SOBRE O SEU EIXE.

35º- PARTE DA TERRA SITUADA AO NORTE DO ECUADOR.

36º- ESA É A FORMA DA ÓRBITA TERRESTRE.

37º- DURACIÓN MOI APROXIMADA DO ANO SOLAR.

38º-ASÍ CHEGAN Á TERRA OS RAIOS SOLARES NO INVERNO.

39º- ASÍ CHEGAN Á TERRA OS RAIOS SOLARES NO VERÁN.

40º- ESAS SON AS CATRO ESTACIÓNS DO ANO.



Ves a cantidade de pistas que fixen. Podía haber feito outras tantas. E aínda non acabamos o tema. Non esperes a que aparezca un suspenso para empezar a traballar. Se aínda non te enteraches, xa estás tardando.




No hay comentarios:

Publicar un comentario