jueves, 17 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS: SOCIAIS 6-7

CERTEZAS

1º- O Sol é unha estrela.

2º- A Terra é un planeta.

3º- Existen planetas ananos no noso Sistema Solar.

4º- Os planetas reciben luz e calor da estrela central.

5º- O cinto de asteroides está entre Saturno e Urano.

6º- O último planeta do Sistema Solar é Neptuno.

7º- Os cometas xiran arredor dos planetas.

8º- Un meteorito é un meteoroide que chega á superficie da Terra.

9º- A Terra está entre Venus e Marte.

10º- Os corpos que xiran arredor dunha estrela chámanse planetas.


PISTAS

1º- Así se chaman os tres planetas mías próximos ao Sol.

2º- Así se chaman os tres planetas máis afastados do Sol.

3º- Así se chaman os cinco planetas ananos que se ven na ilustración.

4º- O Sol é moi importante para a Terra por ise motivo.

5º- Entre Marte e Saturno encontramos ese planeta.

6º- Está situado entre Xúpiter e Marte e non é Ceres.

7º- Chámanse meteoritos cando baten contra a Terra.

8º- Viaxa polo espazo cunha cola rechamante.

9º- É un corpo celeste que xira arredor dun planeta.

10º- O diámetro do Sol é o da Terra multiplicado por ese número.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º- Como se chama a estrela máis próxima a Terra?

2º- Cantos planetas ten o noso Sistema Solar?

3º- Como se chaman os planetas máis próximos á Terra?

4º- Como se chama o planeta más cercano ao Sol?

5º- Por que é moi importante o Sol para a Terra?

6º- Cales son os cinco planetas ananos ?

7º- Que é unha órbita?

8º- Cantos diámetros da Terra ten o diámetro do Sol ?

9º- Cando son visibles os cometas?

10º- Como se chama o satélite da Terra?





Neste video podes practicar Inglés. Os nomes dos planetas e toda a información ven nese idioma. Seguro que recoñeces cada un dos planetas. Date conta de que a Terra ten un só satélite, pero outros planetas teñen dous e máis. Vemos o camiño que fan arredor do sol que se chama órbita.

Sabes que nome recibe a distancia do Sol á Terra? Nese video está clarísimo. Para medir o Universo non valen os kilómetros, por eso se crearon unidades moito máis grandes.



Neste outro a información en Español de América. Explica o Sistema Solar como un baile celestial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario