lunes, 14 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS,ETC 4

Cando dispomos dun texto informativo podemos facer distintos exercicios que nos permiten apropiarnos da súa información. Non hai posibilidade de facer nada disto se non les. Ler é o único requisito imprescindible se queres estudar, se queres aprender a información que aparenta ser imposible.

Onte empezaches practicando as certezas. Fas unha oración, que teña un só verbo para que non sexa complicada de entender. A persoa que a le ten que saber se é certa ou non manexando o texto co que xogamos.

TEXTO PRESENTACIÓN TEMA 1

CERTEZAS

Exemplo:

1º- Os tres astronautas chamábanse Armstrong, Collins e Aldrin.

Consultando o texto de Sociais que inician o Tema 1, tes que saber se é unha certeza ou non. Se non fose terías que construir a oración dando a información correcta.

Podes facer dez certezas para SI ou NON de cada vez.

PISTAS

Neste caso das parte da información que queres manexar para que a persoa que lea complete ca información que ti non das, pero que buscas.

Exemplo:

1º- Así se chamaban os tres astronautas.

A persoa que le a túa mensaxe ten que saber a información que ti non das, pero que dun modo indirecto estás preguntando.


PREGUNTAS DIRECTAS

Neste caso tes que acordarte de empregar o signo de interrogación ao terminar a oración interrogativa.

1º- Como se chamaban os tres astronautas?

....................   ...........................    ...................   .............................


Existen moitas actividades que podemos crear sobre un texto informativo, de Sociais, de Naturais, de Lingua, Lengua, Mates, etc. Algunhas aínda están esperando que as descubran nenos coma ti. Pero antes de empezar temos que saber en que texto imos traballar a información.


EMPEZAMOS!

Libro de Sociais páx 4.

CERTEZAS

1º- O Universo é un conxunto de corpos terrestres.

2º- Un avión rápido tardaría menos dun millón de anos en viaxar do Sol a estrela máis próxima.

3º- Os científicos cren que o Universo se formou hai 14.000 anos.

4º- As primeiras estrelas formáronse co gas e pó esparexidos polo Big Bang.

5º- O Sol é a estrela máis próxima a Terra.

6º- O interior dunha estrela produce moita enerxía.

 7º- No Universo hai milleiros de millóns de galaxias.

8º- As nubes non deixan ver as estrelas pola noite.

9º- Podemos clasificalas estrelas porque teñen distinta temperatura, cor, brillo,tamaño,e a cantidade de enerxía que emiten.

10º- O Big Bang é a explosión que formou o Universo que hoxe vemos nas noites despexadas.


PISTAS

1º- Está formado polos corpos celestes e máis o espazo que hai entre eles.

2º- O Universo é tan grande que naide sabe eso exactamente del.

3º- Con eses dous elementos esparexidos formáronse as primeiras estrelas.

4º- Así se chama a estrela que está máis cerca da Terra.

5º- Serven para ver o Universo e poden ser terrestres ou espaciais.

6º- É unha bola xigantesca de gas que emite luz e calor.

7º- Por esas cinco cualidades se diferencian unhas estrelas das outras.

8º- É a orde de unidades de estrelas que hai no Universo.

9º- Así se chama a ciencia que estuda os corpos celestes.

10º- Esa é a idade do Universo.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º- Que é o Universo?

2º- Que é unha estrela?

3º- Cal é a estrela máis próxima?

4º- Cantos anos ten o Universo?

5º- Onde están contidos os satélites, planetas, galaxias, cometas?

6º- Como se chama o momento primeiro que orixinou o Universo?

7º- Como se formaron as primeiras estrelas?

8º- Que desprenden as estrelas?

9º- Quen coñece o tamaño do Universo?

10º- Como teñen que ser as noites para que se podan ver as estrelas?


...............................   .......................................   ..............................


E isto é só o comezo! NInguén sabe cantas actividades se poden facer cando queremos inventar! Aprenderás a ler máis rápido e mellor, a escribir correctamente, a redactar, a estudar, memorizar, organizar información, deixarás aos teus compañeiros ojipláticos e boquiabertos...

Pero terás que ler, ler  moito moitísimo, serás un auténtico ...

LE-ÓN !,

ou...

LE-O-NA!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario