CERTEZAS:
1º- A Terra ten máis de seis mil millóns de anos.
2º- Por un tempo os sabios pensaban que a Terra era plana.
3º- A teoría xeocéntrica é maís antiga que a heliocéntrica.
4º- No século XVI pensaron que o Sol estaba no centro das órbitas dos planetas.
5º- Na teoría heliocéntrica o centro do sistema é a Terra.
6º- Na teoría xeocéntrica o centro do sistema é o Sol.
7º- A biosfera é o conxunto de seres vivos.
8º- Na Terra se distinguen tres capas concéntricas.
9º- O núcleo é a capa intermedia do interior da Terra.
10º- A capa da Terra máis delgada é o manto.
PISTAS:
1º- Chámase así a unha gran forza que mantén todos os seres vivos na superficie terrestre.
2º- É a capa terrestre que de cada cen partes oitenta son de ferro.
3º- Os continentes e os fondos oceánicos forman esa capa terrestre.
4º- Eles dividiron a Terra en tres capas concéntricas.
5º- Esa é a idade que se lle calcula á Terra.
6º- A hidrosfera está formada por esa substancia.
7º- O nitróxeno e osíxeno encontranse nesa capa mesturados con outros gases.
8º- Vense dende o espazo coma grandes masas brancas que se moven.
9º- A forma da Terra nos polos está lixeiramente así.
10º- Primeira teoría sobre a forma do Universo.
PREGUNTAS DIRECTAS:
1º- Que lugar ocupa a Terra con respecto ao Sol?
2º- Cantos anos se calcula que leva a Terra formada?
3º- Cales eran os planetas na teoría xeocéntrica?
4º- Como se chaman as tres capas concéntricas que forman a Terra?
5º- Cal das capas terrestres se comporta coma un imán?
6º- A que se chama gravidade?
7º- Cal é o diámetro do núcleo?
8º- Cantos quilómetros ten a codia na parte máis delgada?
9º- Cantos quilómetros ten a codia na parte máis grosa?
10º- Que é a atmosfera?
No hay comentarios:
Publicar un comentario