martes, 18 de febrero de 2014

TEXTO INFORMATIVO

Vas a facer un texto inventado por ti. Vai ter tres parágrafos. No primeiro falas do animal que todos miran, das súas características. Xa sabes que en Coñecemento do Medio estudamos os seres vivos e podes recordar moita información que che sirve para falar deste animal tan grande. No segundo parágrafo podes falar  da xente que está a observar estes seres vivos, da importancia de conservar o entorno natural e a vida que sostén, da moda do turismo ecolóxico. No terceiro parágrafo podes falar da economía e a industria que se pode crear a partires dun medio natural san e rico.

A ver que tal saen e logo escolleremos algúns para escribir debaixo, co nome do autor. Non sirve copiar, nin que cho fagan. Ten que ser un texto orixinal.


3 comentarios:

  1. Hola Maite, xa acabei este texto e vou empezar outro

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, Juan, pero os puntos son coma xente, aínda que sexan pequenos , non deixan de ter moito valor, e ti, cas velocidades que gastas pásanche desapercibidos, pero esa coma quedouche moi ben,

    ResponderEliminar
  3. Temos un problema. Os comentarios, unha vez publicados, non se poden cambiar.

    ResponderEliminar