miércoles, 30 de septiembre de 2015

NATURAIS : XOGAMOS CON PALABRAS

Imos facer un xogo. Primeiro serei eu a que faga as pistas e ti terás que encontrar o que quero que me digas , no libro de Naturais. A resposta é unha palabra que cumple as condicións da pista. Non é fácil facelas por iso primeiro farei eu unhas cantas. Logo veremos quen é o primeiro que o pilla.


PISTAS LINGÜÍSTICAS PÁX12


1º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR , POLISÍLABA , ESDRÚXULA , CON HIATO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL. NON SE ESCRIBE CON B.

2º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, POLISÍLABA, GRAVE, SEN ACENTO GRÁFICO, NON LEVA DITONGOS NIN HIATOS. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL.

3º-  SUBUSTANTIVO FEMININO SINGULAR, TRISÍLABA, SEN ACENTO GRÁFICO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL. LEVA O GRUPO CONSONÁNTICO -MB.

4º SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, TRISÍLABA, ESDRÚXULA, CON HIATO. É UNHA PARTE IMPORTANTE DA CÉLULA VEXETAL.

5º- GRUPO NOMINAL FEMININO SINGULAR. A SEGUNDA PALABRA DO GRUPO NOMINAL LEVA HIATO. É UNHA PARTE DA CÉLULA VEXETAL.

6º- GRUPO NOMINAL FEMININO SINGULAR. NINGUNHA PALABRA DAS DÚAS CONTÉN DITONGOS NIN HIATOS.

7º- GRUPO NOMINAL QUE EXPLICA UNHA FOTO. ESTÁ FORMADO POR CATRO PALABRAS.

8º- SUBSTANTIVO MASCULINO PLURAL, TRISÍLABA, ESDRÚXULA.EXPRESA A PARTE DA FLOR QUE É DE CORES VISTOSOS PARA ATRAER AOS INSECTOS.

9º- SUBSTANTIVO FEMININO SINGULAR, POLISÍLABA, GRAVE, SEN ACENTO GRÁFICO.NOMEA UNHA FLOR QUE CONTÉN PIGMENTOS QUE SÓ VEN OS INSECTOS.

10º- SUBSTANTIVO MASCULINO SINGULAR, BISÍLAVO, GRAVE, CON ACENTO GRÁFICO. EXPRESA UNHA SUBSTANCIA QUE OS INSECTOS BUSCAN NAS FLORES.


Xa che digo que moitas palabras están nas imaxes explicativas.Non perdas nada, en calquera sitio pode estar a palabra que buscamos.Só tes que rexistrar escrupulosamente a páxina 15.

martes, 29 de septiembre de 2015

CONTROL 1B

PREGUNTAS DIRECTAS

1º- DE ONDE DESPEGOU O APOLO XI?

2º- ONDE ALUNIZOU?

3º- CAL É A IDADE DA TERRA?

4º- CAL É A IDADE DO UNIVERSO?

5º- COMO SE CHAMAN OS APARATOS COS QUE OBSERVAMOS O UNIVERSO?

6º- QUE DOUS ELEMENTOS FORMARON AS ESTRELAS?

7º-  DE CALES TEMOS MILLEIROS DE MILLÓNS?

8º- DE CALES TEMOS CENTOS DE MILLEIROS?

9º- CAL É O NOME DA NOSA GALAXIA?

10º- CALES SON AS CUALIDADES DAS ESTRELAS?

.....................    .............................    ................................   ..............


1º- QUE FORMOU O UNIVERSO?

2º- QUE FORMA TEN A NOSA GALAXIA?

3º- COMO SE CHAMA A ESTRELA MÁIS PRÓXIMA?

4º- COMO SE CHAMAN OS RECORRIDOS QUE FAN OS PLANETAS?

5º- QUE NOME RECIBEN OS METEOROIDES QUE CAEN Á TERRA?

6º- COMO SE CHAMAN OS CORPOS QUE XIRAN ARREDOR DO SOL?

7º- QUE CORPOS AMOSAN UNHA COLA RECHAMANTE?

8º- QUE LLE É A LÚA Á TERRA?

9º- COMO SE CHAMAN OS CINCO PLANETAS ANANOS?

10º- COMO SE CHAMA O PLANETA MÁIS PRÓXIMO AO SOL?

........................   ..........................   ..............................   ...................



1º- CAL É O PLANETA MÁIS AFASTADO DO SOL?

2º- QUE PLANETA ESTÁ ENTRE A TERRA E XÚPITER?

3º- QUE PLANETA OCUPA O OITAVO LUGAR POR TAMAÑO?

4º- QUE PLANETA TEN QUINCE SATÉLITES?

5º- QUE PLANETA GASOSO TEN POLO MENOS DEZASETE SATÉLITES?

6º- COMO SE CHAMA O PLANETA ROCHOSO CON FORMA DE ESFERA ACHATADA NOS POLOS?

7º- CAL É O NOME DAS TRES CAPAS CONCÉNTRICAS DA TERRA?

8º- EN QUE SE DISTINGUEN A BIOSFERA, LITOSFERA, ATMOSFERA E A  HIDROSFERA?

9º- HACIA ONDE É QUE XIRA A TERRA?

10º- COMO SE CHAMA A LIÑA QUE ESTÁ INCLINADA E DA LUGAR A QUE OS DÍAS E AS NOITES NON DUREN IGUAL?


..........................   .............................   ...........................   .................



1º- COMO SE CHAMAN AS DÚAS LIÑAS IMAXINARIAS TERRESTRES MÁIS IMPORTANTES?

2º- QUE FAI O SOL POLO LESTE?

3º- COMO SE CHAMAN OS ESTREMOS DO EIXE TERRESTRE?

4º- COMO SE CHAMA O MOVEMENTO QUE FAI A TERRA XIRANDO SOBRE O SEU EIXE?

5º- COMO SE CHAMA A PARTE DA TERRA SITUADA ENTRE O ECUADOR E O POLO NORTE?

6º- QUE FORMA TEN A ÓRBITA TERRESTRE?

7º- CANTO TEMPO DURA O ANO SOLAR?

8º- COMO CHEGAN NO INVERNO OS RAIOS SOLARES?

9º- COMO CHEGAN NO VERÁN OS RAIOS SOLARES?

10º- COMO SE CHAMAN AS CATRO ESTACIÓNS DO ANO?

..............................   ................................   .....................................


1º-EN QUE DÍA DO ANO O SOL FAI O RECORRIDO MÁIS LARGO NO CEO?

2º- EN QUE DÍA DO ANO O SOL FAI O RECORRIDO MÁIS CURTO NO CEO?

3º- EN QUE DOUS DÍAS DO ANO O SOL FAI O RECORRIDO IGUAL DE LONGO?

4º- QUE É O MOVEMENTO DE TRASLACIÓN?

5º- QUE DÍA SE PRODUCE O SOLSTICIO DE VERÁN?

6º- QUE DÍA SE PRODUCE O SOLSTICIO DE INVERNO?

7º- QUE PASA CO DÍA E A NOITE NOS EQUINOCIOS?

8º- QUE DÍA É O EQUINOCIO DE OUTONO?

9º EN QUE MES SE PRODUCE O EQUINOCIO DE PRIMAVERA?

10º- QUE PASA CANDO NO HEMISFERIO NORTE É INVERNO?


.....................   ..........................   .....................   ........................

1º- COMO SE CHAMA O NOSO SATÉLITE NATURAL?

2º- QUE PASA SE A LÚA SE PON NO MEDIO E NON DEIXA VER O SOL?

3º- QUE PASA SE A TERRA NON PERMITE QUE O SOL ILUMINE A LÚA?

4º- QUE PASA CANDO A TERRA, A LÚA E O SOL ESTÁN ALIÑADOS?

5º- COMO SE CHAMA A LÚA QUE DE NOITE SE VE COMPLETAMENTE ILUMINADA?

6º- COMO SE CHAMAN AS CATRO FORMAS DE VER A LÚA ILUMINADA?

7º- QUE LETRA FAI A LÚA CANDO ESTÁ EN CUARTA FASE?

8º- CANTO TARDA A LÚA EN RECORRER A SÚA ÓRBITA?

9º- CANTOS MOVEMENTOS TEN A LÚA?

10º- QUE FAI A LÚA NO SEU MOVEMENTO DE TRASLACIÓN?


Podemos inventar moitas preguntas directas. Pero para que se comprendan sen dar lugar a equívocos é preciso pensalas ben primeiro.Xa sabes que na lectura concienzuda do libro encontras moitos datos que ao mellor os teus compañeiros non perciben. Fai as túas mensaxes para ver se os demais atenden cando len.

lunes, 28 de septiembre de 2015

CONTROL 1A

Imos ver o ben que estás manexando o libro. Non vou esperar que acumules datos coma unha computadora, pero sí que sepas onde está a información e a expreses. Xa sabes que para eso fai falta mirar no libro. Aínda hai xente que pensa que sen ler vaise enterar de moito, e sí, é certo que escoitando apréndese. Pero aquí queremos nenos que manexen a lectoescritura, que un libro para eles non teña secretos.

Así que imos facer unha proba para que vaiamos experimentando o ben que estades traballando na casa, porque aquí xa o vexo eu. Algúns xa foron avisados de recibir un parte, pero non deben saber o que é. E millor que non cheguen a sabelo. Pero as notas sí que as saberán...

PISTAS:

1º CABO DO QUE DESPEGARON OS ASTRONAUTAS EN 1969.

2º- NOME DA ÁREA ONDE ALUNIZOU A NAVE.

3º- ESA É A IDADE APROXIMADA DO UNIVERSO.

4º- ESA É A IDADE APROXIMADA DA TERRA.

5º- CON ESES APARATOS OBSERVAN O UNIVERSO.

6º- AS PRIMERA ESTRELAS FORMÁRONSE CON ESES DOUS ELEMENTOS.

7º- DELAS TEMOS MILLEIROS DE MILLÓNS NO UNIVERSO.

8º- DELAS TEMOS CENTOS DE MILLEIROS NO UNIVERSO.

9º- ASÍ SE CHAMA A NOSA GALAXIA.

10º- POR ESTAS CINCO CUALIDADES SE DIFERENCIAN UNHAS ESTRELAS DAS OUTRAS.

11º- ESO ORIXINOU O UNIVERSO.

12º- ESA É A FORMA DA NOSA GALAXIA.

13º- É O NOME DA ESTRELA QUE ESTÁ NO CENTRO DO NOSO SISTEMA SOLAR.

14º- ASÍ SE CHAMA O RECORRIDO  CIRCULAR ARREDOR DO SOL.

15º- ASÍ SE CHAMA UN METEOROIDE QUE CHEGA A SUPERFICIE DA TERRA.

16º- SON OS CORPOS CELESTES MÁIS IMPORTANTES QUE XIRAN ARREDOR DO SOL.

17º- CANDO SE ACHEGAN AO SOL AMOSAN UNHA COLA RECHAMANTE.

18º- ESO É A LÚA PARA A TERRA.

19º- CINCO PLANETAS ANANOS DO SISTEMA SOLAR.

20º- NOME DO PLANETA MÁIS PRÓXIMO AO SOL.

21º- NOME DO PLANETA MÁIS AFASTADO DO SOL.

22º- É O PLANETA QUE ESTÁ ENTRE A TERRA E XÚPITER.

23º- É O OITAVO PLANETA EN TAMAÑO.

24º- TEN QUINCE SATÉLITES.

25º- É UN PLANETA GASOSO CON DEZASETE SATÉLITES, POLO MENOS.

26º- PLANETA  ROCHOSO SEMELLANTE A UNHA ESFERA ACHATADA NOS POLOS.

27º- TRES CONCENTRICAS CAPAS DA TERRA.

28º- A XEOSFERA, A LITOSFERA, A ATOMSFERA E A BIOSFERA ESTÁN FORMADAS POR ELES.

29º- CARA ESA PARTE XIRA A TERRA.

30º- A SÚA INCLINACIÓN FAI QUE VARÍEN A DURACIÓN DO DÍA E A NOITE.

31º- DÚAS IMPORTANTES LIÑAS IMAXINARIAS TERRESTRES.

32º- ESO FAI O SOL POLO OESTE.

33º- ASÍ SE CHAMAN OS EXTREMOS DO EIXE TERRESTRE.

34º- MOVEMENTO QUE FAI A TERRA XIRANDO SOBRE O SEU EIXE.

35º- PARTE DA TERRA SITUADA AO NORTE DO ECUADOR.

36º- ESA É A FORMA DA ÓRBITA TERRESTRE.

37º- DURACIÓN MOI APROXIMADA DO ANO SOLAR.

38º-ASÍ CHEGAN Á TERRA OS RAIOS SOLARES NO INVERNO.

39º- ASÍ CHEGAN Á TERRA OS RAIOS SOLARES NO VERÁN.

40º- ESAS SON AS CATRO ESTACIÓNS DO ANO.



Ves a cantidade de pistas que fixen. Podía haber feito outras tantas. E aínda non acabamos o tema. Non esperes a que aparezca un suspenso para empezar a traballar. Se aínda non te enteraches, xa estás tardando.




AS VOSAS MENSAXES

PÁX 12-13

SERÁN PUBLICADAS POR VÓS, POLO PRIMEIRO VOLUNTARIO QUE HAS SEPA RESPONDER.

É dicir, fai as túas mensaxes, demostra que as sabes, serás Supercampón número un, e aparecerán as túas mensaxes publicadas.

sábado, 26 de septiembre de 2015

ECLIPSE

Posición de la Tierra, entre la Luna y el Sol.






Video explicativo expresado en portugués de Brasil.Quizá puedas construir certezas sobre lo que ves y escuchas.

RARO ECLIPSE TOTAL DE SÚPER LUNA

1º- La Luna no emite luz propia.

2º- La Luna no va a quedar completamente oscura.

lunes, 21 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS.SOCIAIS: 10-11

CERTEZAS:

1º- A Terra ten máis de seis mil millóns de anos.

2º- Por un tempo os sabios pensaban que a Terra era plana.

3º- A teoría xeocéntrica é maís antiga que a heliocéntrica.

4º- No século XVI pensaron que o Sol estaba no centro das órbitas dos planetas.

5º- Na teoría heliocéntrica o centro do sistema é a Terra.

6º- Na teoría xeocéntrica o centro do sistema é o Sol.

7º- A biosfera é o conxunto de seres vivos.

8º- Na Terra se distinguen tres capas concéntricas.

9º- O núcleo é a capa intermedia do interior da Terra.

10º- A capa da Terra máis delgada é o manto.



PISTAS:

1º- Chámase así a unha gran forza que mantén todos os seres vivos na superficie terrestre.

2º- É a capa terrestre que de cada cen partes oitenta son de ferro.

3º- Os continentes e os fondos oceánicos forman esa capa terrestre.

4º- Eles dividiron a Terra en tres capas concéntricas.

5º- Esa é a idade que se lle calcula á Terra.

6º- A hidrosfera está formada por esa substancia.

7º- O nitróxeno e osíxeno encontranse nesa capa mesturados con outros gases.

8º- Vense dende o espazo coma grandes masas brancas que se moven.

9º- A forma da Terra nos polos está lixeiramente así.

10º- Primeira teoría sobre a forma do Universo.


PREGUNTAS DIRECTAS:

1º- Que lugar ocupa a Terra con respecto ao Sol?

2º- Cantos anos se calcula que leva a Terra formada?

3º- Cales eran os planetas na teoría xeocéntrica?

4º- Como se chaman as tres capas concéntricas que forman a Terra?

5º- Cal das capas terrestres se comporta coma un imán?

6º- A que se chama gravidade?

7º- Cal é o diámetro do núcleo?

8º- Cantos quilómetros ten a codia na parte máis delgada?

9º- Cantos quilómetros ten a codia na parte máis grosa?

10º- Que é a atmosfera?

AS VOSAS MENSAXES

Candela e Adara xa propuxeron esta mañán varias certezas. Tés que saber ,mirando no libro ,se o que dicen é verdade ou mentira.

Ademáis ti tamén vas facer certezas, pistas, preguntas directas, etc, se estás lendo as páxinas correspondentes, se entendes a mensaxe que expresan as palabras e as oracións que alí se poden encontrar.


CERTEZAS:

1º- MERCURIOEOPLANETAMAISCERCANOAOSOL.

2º- VENUSEUNPLANETAGRIS.

3º- SATURNOTENDEZASETE SATELITES.

4º- NEPTUNOTENPOUCAENERXIA.

5º- URANOPOSUEANEISCOMOSATURNO.


Decátaste que agora imos complicando as cousas. As maiúsculas, os acentos e as palabras ,valas escribir ben pola túa conta. Así aparecerán no blogue e ti debes escribilas ben na libreta, indicando SI ou NON. Se escribes non, deberás escribir a oración variando o mínimo posible para que sea certa.

Se as inventas na túa libreta, escribe maiúsculas, acentos e todo o necesario, correctamente. Só aparecen os trenes de maiúsculas no blogue, non na libreta.



*MIGUEL RODRIGO


6º-ATERRACOÑECESECOMOOPLANETAAZUL


7º-VENUSEPLANETAMAISCERCANOAOSOL


8ª-OSOLEAESTRELAMAISAFASTADATERRA


9ªOSPLANETASEXTERIORESSONOSPLNETASMAISAFASTADODOSOL

jueves, 17 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS: SOCIAIS 6-7

CERTEZAS

1º- O Sol é unha estrela.

2º- A Terra é un planeta.

3º- Existen planetas ananos no noso Sistema Solar.

4º- Os planetas reciben luz e calor da estrela central.

5º- O cinto de asteroides está entre Saturno e Urano.

6º- O último planeta do Sistema Solar é Neptuno.

7º- Os cometas xiran arredor dos planetas.

8º- Un meteorito é un meteoroide que chega á superficie da Terra.

9º- A Terra está entre Venus e Marte.

10º- Os corpos que xiran arredor dunha estrela chámanse planetas.


PISTAS

1º- Así se chaman os tres planetas mías próximos ao Sol.

2º- Así se chaman os tres planetas máis afastados do Sol.

3º- Así se chaman os cinco planetas ananos que se ven na ilustración.

4º- O Sol é moi importante para a Terra por ise motivo.

5º- Entre Marte e Saturno encontramos ese planeta.

6º- Está situado entre Xúpiter e Marte e non é Ceres.

7º- Chámanse meteoritos cando baten contra a Terra.

8º- Viaxa polo espazo cunha cola rechamante.

9º- É un corpo celeste que xira arredor dun planeta.

10º- O diámetro do Sol é o da Terra multiplicado por ese número.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º- Como se chama a estrela máis próxima a Terra?

2º- Cantos planetas ten o noso Sistema Solar?

3º- Como se chaman os planetas máis próximos á Terra?

4º- Como se chama o planeta más cercano ao Sol?

5º- Por que é moi importante o Sol para a Terra?

6º- Cales son os cinco planetas ananos ?

7º- Que é unha órbita?

8º- Cantos diámetros da Terra ten o diámetro do Sol ?

9º- Cando son visibles os cometas?

10º- Como se chama o satélite da Terra?





Neste video podes practicar Inglés. Os nomes dos planetas e toda a información ven nese idioma. Seguro que recoñeces cada un dos planetas. Date conta de que a Terra ten un só satélite, pero outros planetas teñen dous e máis. Vemos o camiño que fan arredor do sol que se chama órbita.

Sabes que nome recibe a distancia do Sol á Terra? Nese video está clarísimo. Para medir o Universo non valen os kilómetros, por eso se crearon unidades moito máis grandes.



Neste outro a información en Español de América. Explica o Sistema Solar como un baile celestial.

martes, 15 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS: SOCIAIS-5

SOCIAIS PÁX -5

CERTEZAS

1º- O Sol forma parte da Vía Láctea.

2º- No Universo hai milleiros de millóns de galaxias.

3º- A Vía Láctea ten forma de espiral.

4º- O Sol é unha estrela máis das miles de elas que forman a nosa galaxia.

5º- Unha galaxia é un conxunto de estrelas.

6º- O Sol e os planetas que o rodean forman o noso sistema solar.

7º- Estamos situados no bordo da nosa galaxia.

8º- O núcleo da Vía Láctea está formada por acumulación de estrelas.

9º- A simple vista non podemos ver o Universo con precisión.

10º- O telescopio espacial fai fotos dos corpos celestes viaxando polo Universo.

PISTAS

1º- Unha acumulación de estrelas chámase así.

2º- Ese é o nome da nosa galaxia.

3º- Alí está situado o noso sistema solar.

4º- Así son os brazos que forman a nosa galaxia.

5º- Os brazos  saen del e xiran ao seu arredor.

6º- A nosa galaxia ten esa forma.

7º- Nel hai centos de milleiros de galaxias.

8º- Poden ser terrestres ou espaciais.

9º- Os científicos usan eses instrumentos ópticos para estudar o Universo.

10º- O núcleo central da nosa galaxia está formado por elas.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º-  En que parte da Vía Láctea está situado o noso Sistema Solar?

2º- Que é a Vía Láctea?

3º- Con que telescopio podemos observar máis detalladamente o Universo?

4º- Cantas galaxias forman o Universo?

5º- Que forma ten a nosa galaxia?

6º- De que dúas partes se compón a nosa galaxia?

7º- Como se chama o conxunto do Sol e os seus planetas?

8º- Como se chaman as agrupacións de estrelas?

9º- Como se chaman os instrumentos  ópticos que usan os científicos para observar o Universo?

10º- Que fan os brazos da nosa galaxia con respecto ao núcleo central?


Estas son as que se me ocurriron a min. Estou segura de que ti non o farás tan rápido. Vaiche costar inventar porque aínda non te acostumbraches. Por eso de momento chega con que copies e respondas. As certezas poden estar confundidas, as pistas piden información e as preguntas tamén. Manexamos información e construimos con ela oracións.

lunes, 14 de septiembre de 2015

CERTEZAS, PISTAS, PREGUNTAS DIRECTAS,ETC 4

Cando dispomos dun texto informativo podemos facer distintos exercicios que nos permiten apropiarnos da súa información. Non hai posibilidade de facer nada disto se non les. Ler é o único requisito imprescindible se queres estudar, se queres aprender a información que aparenta ser imposible.

Onte empezaches practicando as certezas. Fas unha oración, que teña un só verbo para que non sexa complicada de entender. A persoa que a le ten que saber se é certa ou non manexando o texto co que xogamos.

TEXTO PRESENTACIÓN TEMA 1

CERTEZAS

Exemplo:

1º- Os tres astronautas chamábanse Armstrong, Collins e Aldrin.

Consultando o texto de Sociais que inician o Tema 1, tes que saber se é unha certeza ou non. Se non fose terías que construir a oración dando a información correcta.

Podes facer dez certezas para SI ou NON de cada vez.

PISTAS

Neste caso das parte da información que queres manexar para que a persoa que lea complete ca información que ti non das, pero que buscas.

Exemplo:

1º- Así se chamaban os tres astronautas.

A persoa que le a túa mensaxe ten que saber a información que ti non das, pero que dun modo indirecto estás preguntando.


PREGUNTAS DIRECTAS

Neste caso tes que acordarte de empregar o signo de interrogación ao terminar a oración interrogativa.

1º- Como se chamaban os tres astronautas?

....................   ...........................    ...................   .............................


Existen moitas actividades que podemos crear sobre un texto informativo, de Sociais, de Naturais, de Lingua, Lengua, Mates, etc. Algunhas aínda están esperando que as descubran nenos coma ti. Pero antes de empezar temos que saber en que texto imos traballar a información.


EMPEZAMOS!

Libro de Sociais páx 4.

CERTEZAS

1º- O Universo é un conxunto de corpos terrestres.

2º- Un avión rápido tardaría menos dun millón de anos en viaxar do Sol a estrela máis próxima.

3º- Os científicos cren que o Universo se formou hai 14.000 anos.

4º- As primeiras estrelas formáronse co gas e pó esparexidos polo Big Bang.

5º- O Sol é a estrela máis próxima a Terra.

6º- O interior dunha estrela produce moita enerxía.

 7º- No Universo hai milleiros de millóns de galaxias.

8º- As nubes non deixan ver as estrelas pola noite.

9º- Podemos clasificalas estrelas porque teñen distinta temperatura, cor, brillo,tamaño,e a cantidade de enerxía que emiten.

10º- O Big Bang é a explosión que formou o Universo que hoxe vemos nas noites despexadas.


PISTAS

1º- Está formado polos corpos celestes e máis o espazo que hai entre eles.

2º- O Universo é tan grande que naide sabe eso exactamente del.

3º- Con eses dous elementos esparexidos formáronse as primeiras estrelas.

4º- Así se chama a estrela que está máis cerca da Terra.

5º- Serven para ver o Universo e poden ser terrestres ou espaciais.

6º- É unha bola xigantesca de gas que emite luz e calor.

7º- Por esas cinco cualidades se diferencian unhas estrelas das outras.

8º- É a orde de unidades de estrelas que hai no Universo.

9º- Así se chama a ciencia que estuda os corpos celestes.

10º- Esa é a idade do Universo.


PREGUNTAS DIRECTAS

1º- Que é o Universo?

2º- Que é unha estrela?

3º- Cal é a estrela máis próxima?

4º- Cantos anos ten o Universo?

5º- Onde están contidos os satélites, planetas, galaxias, cometas?

6º- Como se chama o momento primeiro que orixinou o Universo?

7º- Como se formaron as primeiras estrelas?

8º- Que desprenden as estrelas?

9º- Quen coñece o tamaño do Universo?

10º- Como teñen que ser as noites para que se podan ver as estrelas?


...............................   .......................................   ..............................


E isto é só o comezo! NInguén sabe cantas actividades se poden facer cando queremos inventar! Aprenderás a ler máis rápido e mellor, a escribir correctamente, a redactar, a estudar, memorizar, organizar información, deixarás aos teus compañeiros ojipláticos e boquiabertos...

Pero terás que ler, ler  moito moitísimo, serás un auténtico ...

LE-ÓN !,

ou...

LE-O-NA!.