lunes, 25 de enero de 2016

XEOGRAFÍA COMPLETAS

TEMAS:  1- 2 - 3 - 4 - 5


Terás que buscar no teu libro, non ten que ser de memoria porque debes buscar esa información e completar coa palabra que se emprega no libro.A información está recollida de forma LITERAL. Así que le, investiga, rebusca ata que encontres a mensaxe completa. Xa sabes con boli azul copio e con lapis, completo.

Son catro enunciados por tema: 5x4=20. Se queres un dez non podes fallar porque cada dous completa PERFECTOS,  vale un dos dez puntos que é a nota máxima.É dicir, cada completa perfecto vale medio punto dos dez, que é a nota máxima.


1º- O telescopio ? pode captar fotografías de obxectos moi ? con ? precisión.

2º- É o único ? que ten as tres cuartas partes da súa superficie cubertas por ?.

3º- O elemento ? está integrado por unha mestura de ?, principalmente ?, osíxeno e ?.

4º- A Terra tarda ? días, ? horas e ? minutos, isto  é, un ano solar, en darlle unha volta completa ao ?.

...   ...   ...   ...   ...   ...   ...

1º- Os ? son círculos imaxinarios que dividen a esfera terrestre coma se fosen ? ou rodas.

2º- Todos os lugares situados nun mesmo ? horario ou ? horaria teñen a mesma ?.

3º- Dividen a ? coma se fosen os ? dunha laranxa.

4º- A ? indica cantas veces se ? unha superficie ? para poder ser debuxada no ? ou no plano.

...   ...   ...   ...  

1º- Na ? danse diferentes ?, que condicionan a ? dos seres humanos, dos ? e das ?.

2º- As ? próximas ao mar reciben a ? da auga, por iso as súas temperaturas son máis ? e chove máis.

3º- En todos os seus climas se dan catro ?: unha cálida ( ?), unha fría (?), e dúas intermedias (?e?).

4º- En ? tomáronse medidas para conservar e restaurar os ? naturais, e previr a súa ?.


...   ...   ...   ...   ...


1º- España ocupa un territorio de 505.968 ? e ten unha densidade de poboación de 93'4 ? , cifra inferior á densidade media da Unión Europea ( 116'3 ?).

2º- O saldo ? é o resultado de ? ao número de inmigrantes o ? de emigrantes.

3º-  Moitos ? abandonaron o noso ? para ir na procura de ? a América Latina e aos países ? de Europa.

4º- Europa ten un ? núnmero de habitantes e ? unha das grandes ? de poboación do mundo.


...   ...   ...   ...   ...   ...   ...   ...   ...   ...   ...


1º- O cargo de ? é hereditario, isto é, ? de pais a fillos.

2º- As Cortes Xerais están formadas polo ? dos ? e o ?.

3º- O Tribunal ? é o ? máis importante.

4º- O ? é a lei máis importante da Comunidade Autónoma ? da Constitución.


...   ...   ...   ...   ...   ...   ...   




Esto é un modo de repasar os contidos dos cinco primeiros temas de Sociais. Pero tamén é un modo de ler, de pensar, escribir as palabras, as oracións , cos seus signos adecuadamente utilizados.

Podo pedir en clase que respondas estes completas usando o libro e se non controlas o que pon, e tes que andar averiguando todo en media hora, xa che digo que non che vai dar para un cinco pelado. Xa viches que para contar cada completa,  ten que estar perfecto, é dicir, ben escrito, sen faltas, porque para eso che deixo ver o libro.


Faremos máis exercicios destes, e serán para nota final. Deste modo os que na primeira avaliación andaban algo despistados aínda poden arreglalo na nota de xuño.






No hay comentarios:

Publicar un comentario