Estas pìstas xa as inventei eu.Como xa están inventadas e lles adicamos unha semana, dous días, imos cambiar.Prepara xa o tema 5...
PÁX 62-63
1º- A MAIORÍA DAS PLANTAS SON ASÍ.
2º- SON AS CATRO PARTES DA MAIORÍA DAS PLANTAS.
3º- PARTE DA PLANTA QUE ESTÁ BAIXO TERRA.
4º- ESO É A RAÍZ PRINCIPAL.
5º- É A PARTE DA PLANTA QUE SOSTÉN AS FOLLAS.
6º- ESAS SUBSTANCIAS RECORREN A PLANTA DENDE A RAIZ ATA AS FOLLAS.
7º- ELAS MEDRAN A PARTIR DO TALO PRINCIPAL.
8º- ASÍ PODEN SER OS TALOS.
9º- ALÍ SE FABRICA O ALIMENTO DA PLANTA.
10- O CARBALLO E A FAIA SON DESA CLASE DE ÁRBORES.
PÁX 64-65
1º- ASÍ SE DESENVOLVE O TALO DO FENTO.
2º- A ALTURA DOS FENTOS PODE SOBREPASAR ESA MEDIDA.
3º- ASÍ NACEN AS FOLLAS DO FENTO.
4º- OS BOSQUES ONDE VIVEN OS FENTOS SON ASÍ.
5º- ASÍ MEDRAN AS RAÍCES DO FENTO.
6º- ESO MIDEN OS MOFOS NORMALMENTE.
7º- OS MOFOS REALIZAN ALÍ A FOTOSÍNTESE.
8º- POR ESO SECAN AXIÑA OS MOFOS EN AMBIENTES SECOS .
9º- ELES DEPENDEN DAS PLANTAS PARA SOBREVIVIR.
10º- DÚAS PLANTAS QUE NOS PROPORCIONAN FIBRAS PARA ELABORAR TECIDOS.
PÁX 66-67
1º- TÍTULO DAS DÚAS PÁXINAS.
2º- PROCESO POLO QUE AS PLANTAS ELABORAN O SEU ALIMENTO.
3º- O DIÓXIDO PENETRA NA PLANTA POR UNS POROS CHAMADOS ASÍ.
4º- SON AS TRES SUBSTANCIAS NECESARIAS PARA QUE A PLANTA FABRIQUE O SEU ALIMENTO.
5º- O ALIMENTO QUE A PLANTA OBTÉN TAMÉN SE CHAMA CON DÚAS PALABRAS.
6º- ESO É O QUE CAPTA A CLOROFILA.
7º- NA FOTOSÍNTESE A PLANTA DESPRENDE ESE GAS.
8º- O ZUME BRUTO CIRCULA POR ALÍ.
9º- POLOS VASOS LIBERIANOS CIRCULA ESA SUBSTANCIA.
10º- ESE É O MOTIVO POLO QUE AS PLANTAS NON NECESITAN OSÍXENO DO AIRE DURANTE O DÍA.
PÁX 68-69
1º- AS PLANTAS FANERÓGAMAS TEÑEN ESE TIPO DE REPRODUCIÓN.
2º- NESA PARTE DA PLANTA ESTÁN OS SEUS ÓRGANOS REPRODUTORES.
3º- OS ÓRGANOS EXTERNOS DA FLOR.
4º- SON OS ÓRGANOS INTERNOS DA FLOR.
5º- AS FLORES COMPLETAS TAMÉN SE CHAMAN ASÍ.
6º- ASÍ SE CHAMA O ÓRGANO REPRODUTOR FEMININO DA FLOR.
7º- ASÍ SE CHAMAN OS ÓRGANOS REPRODUTORES MASCULINOS DA FLOR.
8º- ELES TEÑEN VIVAS CORES PARA ATRAER OS INSECTOS.
9º- ELES SON VERDES E FORMAN O CÁLIZ.
10º-TEN LUGAR ISO SE OS GRANS DE POLE ALCANZAN O RUDIMENTO DE SEMENTE .
PÁX 70-71
1º- ESO É O CIGOTO.
2º- PARTE DA SEMENTE QUE SE CONVERTE NUNHA NOVA PLANTA.
3º- DENTRO DA SEMENTE VAN UNHAS SUBSTANCIAS PARA ALIMENTAR O EMBRIÓN MENTRAS NON SE NUTRE POR SÍ MESMO, CHAMADAS ASÍ.
4º- A XERMINACIÓN É ISO.
5º- A SEMENTE TEN QUE ENCONTRARLAS ADECUADAS NO CHAN.
6º- O FROITO É ESA PARTE DA FLOR QUE SUFRIU DIVERSAS MODIFICACIÓNS.
7º- AS LANDRAS, ABELÁS, FABAS E CHÍCHAROS PERTENCEN A ESE TIPO DE FROITOS.
8º- A MAZÁ, PERA, TOMATES,ETC, SON FROITOS DESE TIPO.
9º- A CEBOLA TEN ESA REPRODUCIÓN ASEXUAL.
10º- A FRESA SE REPRODUCE ASEXUALMENTE DESE MODO.
Imos ver se algún de vós se molesta en ler estas pistas e encontra a información que se esconde no voso libro de Naturais.Eu fíxenas lendo no libro, e vós se non ledes non saberedes nada.
Para acumular moita información convén facer moitas pistas. Se cada quen fai as súas e as comparte na clase para que os demais as respondan, acabartemos sabendo moitísimo todos, eu tamén.Se esperas a que aparezan no blogue para aprendelas de memoria non fas o que eu quero.
Le, investiga, elabora información, proponlla a os teus compañeiros, escoita as dos outros, responde, participa...
No hay comentarios:
Publicar un comentario