Quedamos antes das vacacións de Nadal que este tema era da vosa propiedade particular. Que de cada dúas páxinas descubriades dez pistas para expoñer ao resto dos compañeiros, a ver se sabían de que iba o tema, nunca mellor dito.
Como estou segura de que ninguén se olvidou imos ver agora que tal sabedes estas, sen libro, recordando,pero sen o libro a man. Se non miraches o libro antes, teralo que mirar despois. Intentarei esperar a eso para ver a túa nota, pensa que iste trimestre é moi curto e os regalos de nadal xa pasaron...
42-43
1º- É O PROCESO QUE NOS PERMITE EXTRAER DOS ALIMENTOS OS NUTRIENTES QUE O NOSO CORPO NECESITA.
2º- O APARATO DIXESTIVO ESTÁ FORMADO POR ESTAS TRES PARTES.
3º- ESTAS SON AS PARTES DO TUBO DIXESTIVO.
4º- SON OS CATRO APARATOS QUE INTERVEÑEN NA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.
5º- É UN TUBO MOI LONGO E DELGADO SITUADO A CONTINUACIÓN DO ESTÓMAGO.
6º- ALÍ O BOLO ALIMENTARIO MESTÚRASE COS ZUMES GÁSTRICOS QUE AXUDAN A CONVERTER O ALIMENTO NUNHA PAPA.
7º- ALÍ CHEGAN OS RESTOS DOS ALIMENTOS QUE NON FORON ABSORBIDOS E SE RECOLLE A AUGA QUE BEBEMOS OU A QUE APORTAN OS ALIMENTOS.
8º- ALÍ SE TRITURAN OS ALIMENTOS, MESTÚRANSE COA SALIVA E SE FORMA O BOLO ALIMENTARIO.
9º- ALÍ OS NUTRIENTES SON ABSORBIDOS PORQUE ESTÁN CONVERTIDOS NUN LÍQUIDO, GRAZAS A OS ZUMES SEGREGADOS POLO PÁNCREAS, FÍGADO O PROPIO INTESTINO E OS GÁSTRICOS QUE VEÑEN DO ESTÓMAGO.
10º- É UN CONDUTO POLO QUE O BOLO PASA DA BOCA A O ESTÓMAGO.
.............................................................................................................
44-45
1º- CONSISTE NA DESTRUCIÓN DO DENTE POR UNHAS BACTERIAS QUE VIVEN NA BOCA.
2º- A CONSECUENCIA DELA PÉRDENSE GRANDES CANTIDADES DE AUGA, SALES MINERAIS E NUTRIENTES.
3º- SE NON QUEREMOS PADECELO DEBEMOS TOMAR MOITA FIBRA E BEBER MOITA AUGA.
4º- OS SEUS SÍNTOMAS SON: DOR ABDOMINAL, DIARREA, VÓMITOS, FEBRE, DOR DE CABEZA E DEBILIDADE MUSCULAR.
5º- A LACTOSA E O GLUTE PODEN CAUSAR ESO NALGUNHAS PERSOAS QUE NON PODEN CONSUMILOS.
6º- É UN HIDRATO DE CARBONO PRESENTE NO LEITE E NALGÚNS DERIVADOS LÁCTEOS.
7º- É UNHA PROTEÍNA QUE SE ATOPA NO TRIGO E OUTROS CEREAIS.
8º- AS PERSOAS CELÍACAS NON TOLERAN ESA SUBSTANCIA.
9º- É A BACTERIA QUE CAUSA FORTES GASTROENTERITES.
10º- ESOS SON OS ALIMENTOS QUE DEBEMOS TOMAR SE PADECEMOS DIARREA.
..............................................................................................................
46-47
1º- ESTÁ FORMADO POLAS VÍAS RESPIRATORIAS E OS PULMÓNS.
2º- SON OS CONDUTOS QUE COMUNICAN O NARIZ E A BOCA COS PULMÓNS.
3º- NOME DAS CINCO VÍAS RESPIRATORIAS.
4º- SON DOUS GRANDES E ESPONXOSOS ÓRGANOS PROTEXIDOS POLA CAIXA TORÁCICA.
5º- É O GAS EXPULSADO NA RESPIRACIÓN.
6º- É O GAS QUE PASA AO SANGUE NOS PULMÓNS.
7º- SON AS DÚAS FASES DE RESPIRACIÓN.
8º- NESA FASE TOMAMOS AIRE POLO NARIZ OU A BOCA.
9º- ESO É O QUE LLE PASA AO AIRE CANDO O DIAFRAGMA SOBE E OS PULMÓNS ENCÓLLENSE .
10º- É A ÚLTIMA DAS REGRAS PARA RESPIRAR MELLOR.
..............................................................................................................
48-49
1º- É O CONXUNTO DE ÓRGANOS QUE TRANSPORTAN O SANGUE A CALQUERA PARTE DO CORPO.
2º- É UN LÍQUIDO ESPESO DE COR VERMELLO QUE CIRCULA POLOS VASOS SANGUÍNEOS LEVANDO TODO TIPO DE SUBSTANCIAS.
3º- É O ENCARGADO DE IMPULSAR O SANGUE POR TODO O CORPO.
4º- ASÍ SE CHAMAN AS CAVIDADES EN QUE ESTÁ DIVIDIDO O CORAZÓN.
5º- SON OS TRES TIPOS DE VASOS SANGUÍNEOS.
6º- SON AS RAMIFICACIÓNS MÁIS FINAS DAS VEAS E ARTERIAS.
7º- ASÍ É O MÚSCULO QUE FORMA O CORAZÓN.
8º- ESO TEN QUE PASAR PARA QUE O SANGUE PASE A OS VENTRÍCULOS.
9º- CANDO OS VENTRÍCULOS SE CONTRAEN PASA ISO.
10º- POR ELAS ENTRA O SANGUE NAS AURÍCULAS.
...............................................................................................................
50-51
1º- ESTÁ FORMADO POR RILES, URÉTERES, VEXIGA E URETRA.
2º- FILTRAN O SANGUE E RETEÑEN SUBSTANCIAS DE REFUGALLO.
3º- ÓRGANO MUSCULOSO E BALEIRO ONDE SE ACUMULAN O OURIÑOS.
4º- TUBO QUE PERMITE EXPULSAR OS OURIÑOS.
5º- AXUDA A OS RILES A LIMPAR O SANGUE MEDIANTE O SUOR.
6º- CATRO RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES PARA COIDAR O APARATO EXCRETOR.
7º- TEMPO MÁXIMO QUE SE PODE RETER OS OURIÑOS PARA EVITAR ENFERMIDADES.
8º- DEBEMOS FACER ESO CADA DÍA PARA QUE O SUOR SE EXPULSE SEN CHEIRO.
9º- DOUS TIPOS DE BEBIDAS DAS QUE NON DEBES ABUSAR.
10º- ESO É O APARATO EXCRETOR.
...............................................................................................................
52-53
1º- É O APARATO DISTINTO NOS HOMES E NAS MULLERES.
2º- CINCO PARTES DO APARATO REPRODUTOR FEMININO.
3º- DÚAS PARTES DO APARATO REPRODUTOR MASCULINO.
4º- É A FUNCIÓN DO APARATO REPRODUTOR MASCULINO.
5º- O APARATO REPRODUTOR FEMININO FABRÍCAOS.
6º- SON DOUS CONDUTOS QUE COMUNICAN OS OVARIOS CO ÚTERO.
7º- ASÍ SE CHAMA O ÚNICO ÓRGANO EXTERNO FEMININO.
8º- ALÍ SE FABRICAN OS ESPERMATOZOIDES.
9º- ASÍ SE CHAMA A UNIÓN DUN ÓVULO CUN ESPERMATOZOIDE.
10º- PROCESO ÚLTIMO DO EMBARAZO.
..............................................................................................................
No hay comentarios:
Publicar un comentario