De cada tema escribirei unha decena de certezas, certo que son verdadeiras ou certo que son falsas. A información está no libro, cada decena é dun tema. Tes que saber cales son as verdadeiras e por que son falsas as outras. Terás que referirte a tal apartado de tal páxina, no parágrafo cual. É dicir, que debes ter o libro aberto e os ollos tamén.
TEMA 1
1º- Os seres vivos son sensibles porque se relacionan coa súa contorna e poden percibir o que acontece ao seu arredor.
2º- No corpo humano hai máis de 300 tipos de células coa mesma función.
3º- Algúns seres vivos están formados por unha soa célula e reciben o nome de pluricelulares.
4º- A lupa binocular é un instrumento óptico que serve para ver detalles de animais ou vexetais, pero con menos aumento que co microscopio.
5º- Varios órganos únense e forman sistemas ou aparatos.
6º- Os seres unicelulares tamén se chaman microorganismos, porque son moi pequenos.
7º- Os fungos son seres vivos que non realizan a fotosíntese , non se desprazan, pero poden ser unicelulares ou pluricelulares.
8º- As algas e os protozoos son seres sinxelos que forman o reino protoctista.
9º- Os vertebrados e os invertebrados son os dous grandes grupos dos animais.
10º- Para clasificar aos seres vivos os científicos estudian as súas características e agrupan os que se parecen nun mesmo reino dos sete que
aparecen nas páxinas 12 e 13.
TEMA 2
1º- Un estímulo externo é calquera cambio que se produce no noso arredor e que é detectado polos nosos sentidos.
2º- O sistema nerviosos envía información a os receptores sensoriais para que a interpreten.
3º- Tacto, temperatura, dor, presión son estímulos que percibimos grazas a os receptores especiales que temos na pel.
4º- Para que podamos ver unha imaxe a luz debe pasar pola córnea, atravesar a pupila e o cristalino e chegar ata a retina.
5º- O oído medio empeza no tímpano, que comunica co martelo, a bigornia, o estribo e a ventá oval.
6º- Os decibelios miden a intensidade do son.
7º- Os receptores sensorais oflactivos están situados na pituitaria, que se encontra na parte superior do tímpano.
8º- Os catro centros nerviosos son: cerebro, cerebelo, tronco encefálico e medula cranial.
9º- As neuronas son as células que forman o sistema nervioso.
10º- Nos actos involuntarios intervén un maior número de neuronas que nos actos voluntarios.
TEMA 3
1º- No estómago, o bolo mestúrase cos zumes intestinais que axudan a converter o alimento nunha papa.
2º- O fígado, o páncreas e o tubo dixestivo forman o aparato dixestivo.
3º- Para evitar a caries é necesario cepillar os dentes despois de cada comida.
4º- A tráquea é un tubo polo que pasa o aire dende a larinxe ata os bronquios.
5º- O diafragma baixa, as costelas sepáranse e os pulmóns énchense de aire na inspiración.
6º- Nos pulmóns cambiamos o osíxeno do aire polo dióxido de carbono.
7º- O aparato circulatorio está formado polo corazón, o sangue e os vasos snaguíneos.
8º- O sangue móvese polo corpo enteiro grazas a que o impulsa o corazón cos seus latexos.
9º- Os riles están comunicados coa uretra grazas a os uréteres que saen do fígado.
10º- O embigo é a cicatriz que queda despois de cortar o cordón umbilical no momento do parto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario