Imos darlle unha volta a o libro de Naturais e de Sociais por encima. Se les as pistas na túa casa, co libro diante, buscando a información para que cando chegues a clase sepas do que se trata, é posible que podamos facer outras cousas que necesitan outra organización na clase. De momento imos ler e escribir, intentar memorizar, observar fotos, contar o que vemos...
O tempo está contado. Temos aínda sen empezar a Xegrafía de Galicia, que é un caderniño aparte dos dous libros. Para aprendelo utilizaremos mapas e cadros, esquemas, pistas...Pero son moitos temas e pouco tempo.
Non deixes todo para a clase. Debes tomar a rutina de traballar diariamente na túa casa. Todos os días levas que facer porque eu sempre teño algo novo para quen termina antes. E os que non terminaron...
PÁX 78-79
1º- CATRO SITIOS ONDE VIVE UNHA GRAN DIVERSIDADE DE ANIMAIS.
2º- TODOS ELES TEÑEN UN ESQUELETO INTERNO FORMADO POR ÓSOS.
3º- ELES SON OVÍPAROS, TEÑEN O CORPO CUBERTO DE ESCAMAS E RESPIRAN POR PULMÓNS.
4º- ELES SON VIVÍPAROS, TEÑEN O CORPO CUBERTO DE PELO E RESPIRAN POR PULMÓNS.
5º- SON OVÍPARAS, TEÑEN O CORPO CUBERTO DE PLUMAS, RESPIRAN POR PULMÓNS.
6º- SON OVÍPAROS, TEÑEN O CORPO CUBERTO DE ESCAMAS, RESPIRAN POR BRANQUIAS.
7º- SON OVÍPAROS, RESPIRAN POR A PEL E OS PULMÓNS, NADAN, SALTAN OU REPTAN.
8º- É UN GRUPO DE ANIMAIS MÁIS NUMEROSO E DIVERSO CA OS VERTEBRADOS.
9º- NOME DOS SEIS GRUPOS DE ANIMAIS QUE APARECEN NA PÁXINA 79.
10º- A MAIORÍA SON TERRESTRES, NON TEÑEN ESQUELETO INTERNO PERO TÉÑENO EXTERNO DIVIDIDO EN PARTES ARTICULADAS E O GRUPO DOS INSECTOS.
PÁX 80-81
1º- DÚAS PALABRAS QUE DEFINEN TODO AQUILO QUE RODEA A UN SER VIVO.
2º- É O CONXUNTO DE COMPOÑENTES NON VIVOS QUE RODEAN A UN SER VIVO.
3º- TRES COMPOÑENTES NON VIVOS QUE RODEAN A UN SER VIVO.
4º- COMPOÑENTE NON VIVO QUE É IMPRESCINDIBLE PARA TODOS OS SERES ACUÁTICOS.
5º- COMPOÑENTE NON VIVO QUE É IMPRESCINDIBLE PARA AS PLANTAS PORQUE ESTAS SE SOSTEÑEN NEL COAS SÚAS RAÍCES.
6º- COMPOÑENTE NON VIVO QUE CONTÉN OSÍXENO, DIÓXIDO DE CARBONO E SOSTÉN A TODOS OS SERES VIVOS QUE VOAN.
7º- A LUZ, A TEMPERATURA E A SALINIDADE SONO.
8º- O RAPOSO DO DESERTO VIVE EN LUGARES CON TEMPERATURAS ASÍ.
9º- AS PLANTAS MEDRAN ASÍ BUSCANDO A LUZ SOLAR QUE NECESITAN PARA REALIZAR A FOTOSÍNTESE.
10º- ELES SAEN DO MAR E REMONTAN OS RÍOS PARA POÑER OS SEUS OVOS.
PÁX 82-83
1º- O ECOSISTEMA É ISO.
2º- O MEDIO BIOLÓXICO É ISO.
3º- ASÍ SE CHAMAN OS DOUS TIPOS DE ECOSISTEMAS.
4º- ASÍ SE CHAMA A FOTO INFERIOR DO ECOSISTEMA TERRESTRE.
5º- ASÍ SE CHAMA A FOTO DO ECOSISTEMA ACUÁTICO DE AUGA DOCE.
6º- ASÍ SE CHAMA A FOTO SUPERIOR DO ECOSISTEMA TERRESTRE.
7º- SON ECOSISTEMAS MOI SECOS E EXTEMADAMENTE CALOROSOS DURANTE O DÍA.
8º- ASÍ SE CHAMA O ANIMAL MÁIS GRANDE QUE SE VE NO FONDO MARIÑO.
9º- O ZORRO DA FOTO TEN ESE TIPO DE RELACIÓN CO COELLO QUE LEVA NA BOCA.
10º- AS FORMIGAS TEÑEN ENTRE ELAS ESE TIPO DE RELACIÓN.
PÁX 84-85
1º- GRAZAS A EL OS ECOSISTEMAS NATURAIS, COMO UN BOSQUE, SE CONVERTE NUN ECOSISISTEMA ARTIFICIAL, COMO UNHA POBOACIÓN.
2º- OS ECOSISTEMAS ARTIFICIAIS SOFREN ESTES DOUS PROCESOS.
3º- ESO LLE PASOU A VEXETACIÓN DA PAISAXE QUE SE VE NA FOTO SUPERIOR DA PÁXINA 84.
4º- ESO LLE PASOU A O SOLO DA PAISAXE DA FOTO SUPERIOR DA PÁXINA 84.
5º- ESO SOFREN OS BOSQUES SITUADOS PRETO DE GRANDES NÚCLEOS INDUSTRIAIS.
6º- CATRO ELEMENTOS QUE VERTEMOS A O CHAN E O CONTAMINAN.
7º- ISO É UN CONTAMINANTE.
8º- OS GASES DOS AUTOMÓBILES, E OS DAS FÁBRICAS PRODUCEN ESAS SUBSTANCIAS.
9º- O PETRÓLEO VERTIDO AO MAR, AS AUGAS DOS SUMIDOIROS DAS CIDADES E DAS FÁBRICAS, OS PRODUTOS QUÍMICOS SON ISO.
10º- TRES OBXECTOS COMTAMINANTES QUE DEBEMOS LEVAR A OS PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS PARA ISO.
PÁX 86-87
1º- É UNHA AVE RAPAZ MOI GRANDE QUE SE ELECTROCUTA NOS TENDIDOS ELÉCTRICOS E NON ENCONTRA PRESAS PARA ALIMENTARSE.
2º- É UN MAMÍFERO ACUÁTICO QUE DEIXOU DE CRIAR NO LITORAL MEDITERRÁNEO POLA INVASIÓN TURÍSTICA.
3º- DEBIDO A SÚA CAZA QUEDAN POUCOS EXEMPLARES EN SERRA MORENA E DOÑANA.
4º- É UN ANFIBIO QUE VIVE NOS TORRENTES DAS MONTAÑAS DE MALLORCA.
5º- A MAIORÍA DOS SEUS EXEMPLARES VIVEN NA CORDILLEIRA CANTÁBRICA.
6º- É UNHA PLANTA QUE VIVE NOS PIRENEOS E ESTÁ DESAPARECENDO PORQUE A RECOLLEN DEMASIADO.
7º- É O NOME DUN PEIXE QUE VIVE NOS RÍOS DA COMUNIDADE VALENCIANA QUE PODE DESAPARECER PORQUE O SEU MEDIO AMBIENTE VAISE DESTRUINDO.
8º- EL MEDRA NAS LADEIRAS ESCARPADAS DA ILLA DE GRAN CANARIA.
9º- NOME DE DOUS MAMÍFEROS EN PERIGO DE EXTINCIÓN DESTAS DÚAS PÁXINAS.
10º- NOME DE DOUS VEXETAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN DESTAS DÚAS PÁXINAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario