OBSERVA ESTE TEXTO SOBRE CATOIRA E OS VIQUINGOS.
OBSERVA TAMÉN O GUIÓN.
LOGO ESCRIBE O TEXTO CORRECTAMENTE UNHA FOLLA DA TÚA LIBRETA DE COÑECEMENTO DO MEDIO.
DEBES A PRENDER A FACER TEXTOS SOBRE UN ASUNTO RELACIONADO COS CONTIDOS DE COÑECEMENTO.
SEPARA AS ORACIÓNS CON PUNTOS E SEGUIDO.
SEPARA OS PARÁGRAFOS CON PUNTOS E APARTE.
ACÓRDATE DE EMPEZAR UN POUCO MÁIS ADIANTE PARA QUE OS PARÁGRAFOS QUEDEN BEN DESTACADOS.
O TÍTULO É CATOIRA E OS VIQUINGOS.
CATOIRA E OS VIQUINGOS
EN CATOIRA CELÉBRASE UNHA FESTA VIQUINGA O PRIMEIRO DOMINGO DO MES DE AGOSTO. OS VIQUINGOS ASEDIABAN ÁS RÍAS GALEGAS HAI MÁIS DE MIL ANOS E POR ISO OS BISPOS DE COMPOSTELA MANDARON FORTIFICAR A ENTRADA DO RÍO ULLA, QUE É ONDE SE ENCONTRA A VILA DE CATOIRA.
COMPOSTELA ERA UN ENCLAVE CRISTIÁN NO QUE SE SUPUÑA QUE ESTABAN OS RESTOS DO APÓSTOLO SANTIAGO E POR ISO ACUDÍAN ALÍ PEREGRINOS DE TODA EUROPA, POR TERRA E POR MAR. FORMOUSE UNA CIDADE COS ARTESÁNS E COMERCIANTES, OS PEREGRINOS, MONXES E DEMAIS PERSOAS QUE SE ESTABLECERON ALÍ. OS RICOS FACÍAN GRANDES DONATIVOS, ACUMULÁRONSE RIQUEZAS E A CATEDRAL CONVERTEUSE NUNHA FORTALEZA ONDE SE REUNÍAN OS PODEROSOS.
OS VIQUINGOS ERAN GRANDES NAVEGANTES QUE EMPREGABAN NAVÍOS PEQUENOS COS QUE ENTRABAN NO INTERIOR DOS TERRITORIOS GRAZAS A NAVEGACIÓN FLUVIAL. TAMÉN FORON COMERCIANTES E GUERREIROS. CHEGARON A COMPOSTELA E OURENSE PARA SAQUEALAS REMONTANDO O ULLA E O MIÑO.
DIEGO XELMÍREZ FOI UN GALEGO MOI PODEROSO QUE CHEGOU A ARCEBISPO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. SUPONSE QUE NACEU EN CATOIRA PORQUE SEU PAI ERA O CONDE XELMIRO QUE DEFENDÍA A FORTALEZA DA QUE AÍNDA QUEDAN AS TORRES DO OESTE.FOI O PRIMEIRO EN ORGANIZAR A FLOTA NAVAL DE CASTELA E LEÓN.
TODOS OS ANOS, NO VERÁN, OS VIQUINGOS VOLVEN ÁS RÍAS PARA PASALO BEN COS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NA ROMARÍA ONDE NON PODE FALTAR O VIÑO, QUE SIMULA O SANGUE DAS FERIDAS, AS NAVES CONDUCIDAS POLOS PROPIOS GALEGOS QUE ,COMO SE FOSEN VIQUINGOS, CONQUISTAN ÁS TORRES DO OESTE UNHA VEZ MÁIS. EN 1.988 ESTA FESTA FOI DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL E EN 2002 INTERNACIONAL.
GUIÓN:
- DIVERSIÓN EN CATOIRA
- VIQUINGOS NAVEGANTES E SAQUEADORES
- COMPOSTELA ACUMULA PODER E RIQUEZAS
- UN BISPO ESPECIAL
- FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL
FESTA NO ULLA, VIQUINGOS, RUÍNAS DAS TORRES DO OESTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario