PODES VER A SOLDADOS ROMANOS BUSCANDO O OURO DO SIL NA COMARCA DE VALDEORRAS. SEGUEN A FALAR INGLÉS, AÍNDA QUE DAQUELAS O INGLÉS NON EXISTÍA
OURO NO SIL
A pesares dos centos de películas "de romanos" da historia do cinema, só dúas están ambientadas na Hispania romana: "Los cántabros" (xa en Cliphistoria) e "Oro para el César" a quen pertence este inédito clip ambientado na Gallaecia, concretamente en Valdeorras, no último ano do emperador Domiciano. Nel veremos a saída dunha expedición romana dende Astúrica Augusta (Astorga) para localizar un gran xacemento de ouro no "Val do Sil". A expedición atravesará con dificultade a complicada orografía valdeorresa, baixo a vixilancia dos "indíxenas " (cigurros). O clip está en V.O inglesa, pero enténdese perfectamente ata a o final apoteósico da chegada a "The valley of the Sil" . Lembremos de novo que o obxectivo fundamental da conquista e posterior asentamento dos romanos na Gallaecia foi a súa riqueza en minerais, especialmente o ouro
Oro para el Cesar (André de Toth, 1963)
No hay comentarios:
Publicar un comentario