MIRA ESA FOTO.
PENSA NO QUE QUERE DICIR PARA TI. SEGURO QUE SABES PARA QUE SERVE UNHA TIXOLA, COMO SE RECOLLEN AS CASTAÑAS, QUE SE FAI NA LAREIRA, FUCHES A UN MAGOSTO, VICHES ONDE NACEN AS CASTAÑAS, COÑECES OS SOUTOS, SABES COMO PICAN OS PINCHOS DOS OURIZOS, PISACHES O MONTE CUBERTO DE FOLLAS SECAS, VICHES OS ROCOS QUE APARECEN NAS LEIRAS, FUCHES A CHAVES Á FESTA DOS SANTOS, MOLLACHES OS PES CO ORBALLO ...
DESPOIS INTENTA ORDENAR AS IDEAS QUE CHE VEÑAN Á MENTE PARA ELABORAR UN TEXTO.
O TÍTULO VAI SER " O OUTONO E AS CASTAÑAS".
CANDO TEÑAS DECIDIDO POR ONDE VAS A EMPEZAR É TEMPO DE COLLER O LAPIS.
FAINO NA LIBRETA DE LINGUA GALEGA NUNHA PÁXINA NOVA ONDE SÓ APAREZA ESTE TRABALLO. TES BASTANTE SITIO, ORGANÍZATE, ESTÍRATE POR TODA A PÁXINA.
A VER QUE TAL ...
COMO SE CADRA TES QUE BORRAR MÁIS DUNHA VEZ, USA LAPIS, E NON LLE CALQUES DEMASIADO QUE ACABES ROMPENDO O PAPEL, NIN QUE CALQUES TAN POUCO QUE NON SE VEXA.
ESTO LEVA O SEU TEMPO. NON É PARA MAÑÁ NIN PASADO. DEIXAREMOS PASAR VARIOS DÍAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario