O certo é que os montes de Cervantes (Lugo) marcaban o límite suroccidental da subespecie cantábrica. Outras subespecies do Tetrao urogallus espállanse polo norte de Europa, en latitudes boreais, sobre todo en Escandinavia e Rusia. Segundo explica Óscar Rivas, presidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e da Asociación Galega da Custodia do Territorio (AGCT), “as poboación extremas (periféricas), como o caso da poboación galega de pita do monte, son as máis sensibles e as que tenden a desaparecer primeiro”. Rivas tamén alude á depredación doutras especies e ao cambio climático como outras razóns para a desaparición da ave.
No hay comentarios:
Publicar un comentario