lunes, 21 de noviembre de 2016

TODAS CON ACENTO NATURAIS 2

PRIMEIRA DECENA

1º- PROCESO POLO QUE AS PLANTAS OBTEÑEN O SEU ALIMENTO.

2º- OS ESTOMAS SON UNS BURATOS ASÍ DE PEQUENOS.

3º- OS FUNGOS VIVEN EN LUGARES ASÍ.

4º- OS FUNGOS PLURICELULARES NÚTRENSE DE ALIMENTOS QUE SE ENCONTRAN ASÍ.

5º- AS ALGAS PODEN TER ESA COR.

6º- SE AS ALGAS VIVEN EN TERRA FANNO EN ZONAS ASÍ.

7º- PARTES DE MILÍMETRO EN QUE SE MIDEN AS BACTERIAS.

8º- AS MONERAS SON CAPACES DE VIVIR EN SITIOS NOS QUE NON HAI ESE GAS.

9º- OS COMPOÑENTES INERTES FORMAN ESE MEDIO .

10º- É O CONXUNTO DE INDIVIDUOS DA MESMA ESPECIA QUE VIVEN NUN LUGAR DETERMINADO.

...................................................................................................................................................................

SEGUNDA DECENA

1º- TODOS OS SERES VIVOS QUE HABITAN NUNHA LAGOA FORMAN ESA COMUNIDADE.

2º- OS ECOSISTEMAS QUE FORMAN A BIOSFERA PODEN SER TERRESTRES OU DESE OUTRO TIPO.

3º- ELA É UN ECOSISTEMA ONDE PREDOMINA O CÉSPEDE.

4º- AS CIDADES SON ECOSISTEMAS FORMADOS TAMÉN POR ELAS.

5º- TIPO DE SERES VIVOS QUE SE ENCONTRAN NO LITORAL.

6º- ELES ESTÁN NA FOTO QUE VES DEBAIXO DO OURIZO DE MAR.

7º- ASÍ SE CHAMA O LUGAR ONDE PODE VIVIR UN SER VIVO.

8º- ALGÚNS ANFIBIOS COMO A RA FAI ESA FUNCIÓN NAS CHARCAS.

9º- ESE TIPO DE RELACIÓN ENTRE OS SERES VIVOS É A MÁIS IMPORTANTE NUN ECOSISTEMA.

10º- OS DESCOMPOÑEDORES ALIMÉNTANSE DESE TIPO DE MATERIA.

...................................................................................................................................................................

TERCEIRA DECENA

1º- DESE LINCE QUEDAN POUCOS EXEMPLARES.

2º- A CAUSA DELA DIMINÚEN OS EXEMPLARES DE XARABUGO NOS RÍOS.

3º- ELA É PRODUCIDA POLO SER HUMANO NO AMBIENTE ONDE VIVE A AGUIA IMPERIAL IBÉRICA.

4º- O TUBO DIXESTIVO XUNTO CON ELAS FORMAN O APARATO DIXESTIVO.

5º- O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DOS ALIMENTOS EN NUTRIENTES CHÁMASE ASÍ.

6º- OS HIDRATOS DE CARBONO TAMÉN SE CHAMAN ASÍ.

7º- AS GRAXAS TAMÉN SE CHAMAN ASÍ.

8º- ELA MOVE O ALIMENTO POLO INTESTINO SEGÚN O DEBUXO DA PÁXINA 40.

9º- NAS SÚAS PAREDES HAI GLÁNDULAS DE TAMAÑO MICROSCÓPICO.

10º- ESE ZUME É FABRICADO POLAS GLÁNDULAS DO ESTÓMAGO.

..................................................................................................................................................................

CUARTA DECENA

1º- É A GLÁNDULA QUE PRODUCE A BILE.

2º- AS GLÁNDULAS PODEN FACELA INTERNA OU EXTERNA.

3º- ELES FORMAN A LINGUA.

4º- É O PASO DO ALIMENTO POLA FARINXE.

5º- TUBO SITUADO ENTRE O ESTÓMAGO E A FARINXE.

6º- ASÍ É O ZUME QUE DISOLVE OS ALIMENTOS.

7º- NÚMERO DE HORAS QUE PERMANECE A COMIDA NO ESTÓMAGO.

8º- ELAS TAMÉN FABRICAN O ZUME INTESTINAL.

9º- OTRA GRAN GLÁNDULA QUE ESTÁ ENFRENTE DO FÍGADO.

10º- IMPORTANTE PROCESO QUE SE LEVA ACABO NO INTESTINO DELGADO.

................................................................................................................................................................

QUINTA DECENA

1º- PROCESO POLO CAL AS FECES SAEN POLO ANO AO EXTERIOR.

2º- TIPO DE DIXESTIÓN QUE EMPEZA NA BOCA E REMATA NO ESTÓMAGO.

3º- TIPO DE DIXESTIÓN QUE SE PRODUCE NA BOCA, ESTÓMAGO E INTESTINO DELGADO.

4º- ESES VASOS RECOLLEN OS NUTRIENTES QUE SE FILTRAN NO INTESTINO DELGADO.

5º- OS NUTRIENTES SON MOLÉCULAS TAN SIMPLES QUE PODEN ATRAVESAR AS PAREDES DELAS.

6º- ESES MEDICAMENTOS AXUDÁRONNOS A CURAR NUMEROSAS ENFERMIDADES.

7º- ESAS VACINAS PREVEÑEN E CURAN ENFERMIDADES COMA O CANCRO.

8º- PRIMEIRO TIPO DE MEDICAMENTOS NA LISTA DA PÁXINA 46.

9º- SEGUNDO TIPO DE MEDICAMENTOS NESA LISTA.

10º- QUINTO TIPO DE MEDICAMENTOS DESA LISTA.

..................................................................................................................................................................


No hay comentarios:

Publicar un comentario