miércoles, 23 de noviembre de 2016

TEXTO CONFUSO1S

Neste texto hai moi poucas verdades aínda que o vocabulario sexa da páxina 4.

Se ti fixeches as actividades que propuxen e que fixemos na clase, se les no libro, serás capaz de entender as confusións.

Espero que algúns non necesiten empregalo libro porque o sentido común, despois de estudar, xa lle dice como debe facer para que apareza un texto ben escrito, coas maiúsculas no seu sitio, cambiando as palabras mínimas para que todo quede certo.

É un texto e polo tanto debes procurar que non aparezan faltas de ortografía e que a lectura sexa fácil porque a letra está feita con atención e coidado.

Practica na casa. Fai textos confusos, que na clase debemos saber onde nos queres enganar. Sempre tomando como guía o libro, porque nel é onde podemos buscar, indicando a páxina da que lías a información.

                                                         EUROPA

EUROPA ESTÁ SITUADA NO HEMISFERIO SUR. É O CONTINENTE MÁIS GRANDE DESPOIS DE OCEANÍA. É UNHA PEQUENA PENÍNSULA UNIDA AO CONTINENTE ASIÁTICO. O OCÉANO GLACIAL ÁRTICO ESTÁ AO SUR, NO OESTE ESTÁ ASIA, AO SUR O OCÉANO ATLÁNTICO E O NORTE O MAR MEDITERRÁNEO.

O NOSO CONTINENTE TEN UNHA ALTITUDE MÁXIMA DE TRESCENTOS METROS SOBRE O NIVEL DO MAR. OS MONTES URAIS E O MACIZO CENTRAL FRANCÉS SE FORMARON HAY POUCO TEMPO POLO QUE AS SÚAS MONTAÑAS SON MOI ESCARPADAS.AS CHAIRAS SON ESCASAS E DE POUCA EXTENSIÓN ESTANDO SITUADAS NOS PAÍSES MEDITERRÁNEOS.O CÁUCASO, XUNTO COS ALPES , PIRENEOS, CÁRPATOS SON MONTAÑAS MOI ANTIGAS POLO QUE OS PERFÍS SON ONDULADOS E ALCANZAN POUCA ALTURA PORQUE ESTÁN DESGASTADAS POLO PASO DO TEMPO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario