viernes, 4 de noviembre de 2016

PISTAS LINGÜÍSTICAS T1S

Esta información está recollida do texto, dos mapas, das fotos, ou calquera outra parte deste tema.

                                                         

                                                                  SUBSTANTIVOS



1º- ESE CONTINENTE MIDE 10.500.000 KM CADRADOS.

2º- CONTINENTE MÁIS PEQUENO DE TODOS.

3º- SON AMPLAS E ESTÁN SITUADAS NO CENTRO E LESTE DO CONTINENTE.

4º- CORDILLEIRA NOVA QUE LIMITA EUROPA CON ASIA.

5º- NESA CORDILLEIRA NACE O RÍO DENIÉSTER.

6º- MAR NO QUE DESEMBOCA O RÍO DON.

7º- PICO MÁIS ALTO DE EUROPA.

8º- PICO MÁIS ALTO DOS ALPES.

9º- MAR NO QUE DESEMBOCA O RÍO PO.

10º- ILLA PRÓXIMA AO GOLFO DE XÉNOVA.

11º- PICO MÁIS ALTO DOS ALPES.

12º- PICO MÁIS ALTO DA PENÍNSULA IBÉRICA.

13º- IMPORTANTE PICO DAS ILLAS CANARIAS.

14º- RÍO MÁIS LONGO DE EUROPA.

15º- RÍO MÁIS IMPORTANTE DE EUROPA.

16º-  MAR NO QUE DESEMBOCA O DVINA SEPTENTRIONAL.

17º- MAR NO QUE DESEMBOCA O RÍO VÍSTULA.

18º- RÍO QUE NACE CERCA DOS ALPES E DESEMBOCA NO MAR NEGRO.

19º- CORDILLEIRA DA PENÍNSULA ITÁLICA.

20º- PENÍNSULA SITUADA ENTRE O MAR BRANCO E O MAR DE BARENTS.

21º- O RÍO LOIRA NACE NESE MACIZO.

22º- PENÍNSULA  PEQUENA SITUADA ENTRE O MAR BÁLTICO E O MAR DO NORTE.

23º- ILLA PRÓXIMA A GRAN BRETAÑA.

24º- CABO  SITUADO NA PENÍNSULA BALCÁNICA.

25º- RÍO DA PENÍNSULA IBÉRICA QUE DESEMBOCA NO MEDITERRÁNEO.

26º- ESTREITO SITUADO ENTRE O MAR EXEO E O MAR NEGRO.

27º- O ESTREITO DE XIBRALTAR SEPARA EUROPA DESE CONTINENTE.

28º- SON TERREOS CHANS GAÑADOS AO MAR POR MEDIO DE DIQUES.

29º- SON UNIDADES DE RELEVO FORMADAS POR MONTAÑAS POUCO ELEVADAS, DE PENDENTES SUAVES E PERFÍS ONDULADOS.

30º- ELA É ESCASA NAS ALTAS CORDILLEIRAS E SITÚASE EN PEQUENAS ALDEAS E VILAS.

31º- É A DISTANCIA EN VERTICAL DUN PUNTO DA TERRA AO NIVEL DO MAR.

32º- REPRESENTACIÓN GRÁFICA DO RELEVO DUNHA ZONA COAS ALTITUDES CORRESPONDENTES.

33º- EN EUROPA SON MODERADAMENTE LOGOS E CAUDALOSOS COMPARADOS COS DOS OUTROS CONTINENTES.

34º- É O LAGO MÁIS GRANDE DE EUROPA CENTRAL.

35º- EN ESAS CINCO PODEN DESEMBOCAR OS RÍOS EUROPEOS.

36º- CIDADE ALEMÁ  SITUADA A ORILLAS DO RIN E DO MOSELA.

37º- ELES XUNTO CON DIQUES SE CONSTRUIRON PARA CONECTAR O RIN CON OUTROS RÍOS DE EUROPA.

38º- O RIN ATRAVESA ESA REXIÓN ENTRE AS CIDADES DE BON E DUSSELDORF.

39º- ELES SON TEMPERADOS NA MEIRANDE PARTE DE EUROPA , AÍNDA QUE TAMÉN ESTÁN PRESENTES OS FRÍOS.

40º- VEXETACIÓN DO CLIMA OCEÁNICO FORMADA POR MATOGUEIRAS ESPIÑOSAS.

41º- VEXETACIÓN DE CLIMA POLAR FORMADA POR CARRIZAS E LIQUES.

42º- VEXETACIÓN DE CLIMA CONTINENTAL FORMADA POR BOSQUES DE CONÍFERAS COMO PIÑEIROS E ABETOS.

43º- NESE PAÍS XUNTO CON RUSIA E FINLANDIA ENCONTRAMOS CLIMA POLAR.

44º- A ELA E MAIS A CAZA SE DEDICA A POBOACIÓN QUE VIVE NAS TERRAS DE CLIMA POLAR.

45º- É A ZONA MÁIS POBOADA NOS TERRITORIOS DA PAISAXE CONTINENTAL.

46º- EL É MIXTO NAS ZONAS MÁIS HÚMIDAS E MENOS FRÍAS DA PAISAXE CONTINENTAL.

47º- NAS ZONAS DE PAISAXE POLAR ELAS SON MOI BAIXAS DURANTE TODO O ANO.

48º-  ELAS SON ESCASAS E EN FORMA DE NEVE NAS ZONAS DE PAISAXE POLAR.

49º- ELAS, XUNTO COS CARBALLOS E CASTIÑEIROS SON ÁRBORES PROPIAS DOS BOSQUES CADUCIFOLIOS DA PAISAXE OCEÁNICA.

50º-NA PAISAXE CONTINENTAL  ELES SON CULTIVADOS POLOS SEUS HABITANTES NAS PRADARÍAS.





                                                                 ADXECTIVOS


1º- EUROPA EN REALIDADE É UNHA PENÍNSULA ASÍ.

2º- ASÍ É A FRANXA DE TERRITORIO QUE A UNE A ASIA.

3º- OS MACIZOS MONTAÑOSOS SON  ASÍ.

4º- AS CORDILLEIRAS NOVAS PRESENTAN ESAS FORMAS.

5º- ASÍ SON AS CHAIRAS EUROPEAS SITUADAS AO NORTE E LESTE.

6º- AS COSTAS EUROPEAS SON ASÍ.

7º- ESE MEDIO CONDICIONA OS MODOS DE VIDA E AS ACTIVIDADES DOS SERES HUMANOS.

8º- A GRAN DIVERSIDADE DE PAISAXES EUROPEAS ESTÁ ASÍ.

9º- ESA CUALIDADE TEÑEN AS CHAIRAS EUROPEAS PARA AS ACTIVIDADES HUMANAS.

10º- OS RÍOS EUROPEOS QUE DISCORREN POLAS AMPLAS CHAIRAS TEÑEN ESA IMPORTANTE CUALIDADE.

11º- ESE TIPO DE ACTIVIDADES ESTÁN MOI DESENVOLVIDAS NAS CHAIRAS EUROPEAS.

12º- O LAGO IJSSSEL QUEDOU PARCIALMENTE ASÍ.

13º- ASÍ SON OS PERFÍS DOS MACIZOS EUROPEOS.

14º- ESE TIPO DE RELEVO DIFICULTA O TRAZADO DE VÍAS DE COMUNICACIÓN.

15º- NESAS CORDILLEIRAS O RELEVO É ABRUPTO E  DIFÍCIL O ASENTAMENTO HUMANO.

16º- ASÍ SON OS PASTOS ONDE SE PRACTICA A GANDARÍA EXTENSIVA .

17º- ASÍ SON AS VÍAS DE COMUNICACIÓN NAS NOVAS E ABRUPTAS CORDILLEIRAS.

18º- AS FORMAS E ALTITUDES DUNHA PAISAXE SON ASÍ.

19º- ASÍ SON AS CORES QUE SE EMPREGAN NAS CURVAS DE NIVEL.

20º- ASÍ ESTÁN AS CURVAS DE NIVEL CANDO A PENDENTE DO RELEVO É MOI PRONUNCIADA.

21º- ASÍ ESTÁN OS RÍOS DA VERTENTE ÁRTICA NO INVERNO.

22º- ...


                                                               ESDRÚXULAS


1º- ESOS LÍMITES SE ESTUDAN EN XEOGRAFÍA.

2º- CORDILLEIRA SITUADA AO NORTE DOS BALCÁNS.

3º- CORDILLEIRA NA QUE SE ENCONTRA O MONTE ELBRUS.

4º- ELAS SON MOI NUMEROSAS NAS COSTAS EUROPEAS.

5º- NESA PENÍNSULA VIVIMOS.

6º-  NESA PENÍNSULA ESTÁN OS APENINOS.

7º- NESE MAR DESEMBOCA O VÍSTULA.

8º- ESE MAR ESTÁ SITUADO AO NORTE DA PENÍNSULA IBÉRICA.

9º- ESO É O ATLÁNTICO.

10º- ILLA SITUADA CERCA DO GOLFO DE XÉNOVA.

11º- ESTREITO QUE SEPARA O EXEO DO MAR NEGRO.

12º- MAR SITUADO ENTRE SICILIA A PENÍNSULA BALCÁNICA.

13º- MAR SITUADO AO NORTE DA PENÍNSULA IBÉRICA.

14º- TIPO DE ACTIVIDADES QUE ESTÁN CONDICIONADAS POLO MEDIO NATURAL.

15º- SON TERREOS CHANS GAÑADOS AO MAR.

16º- O RELEVO MONTAÑOSO DIFICULTA A CONSTRUCIÓN DESAS GRANDES INFRAESTRUTURAS.

17º- ESA IMPORTANTE ACTIVIDADE ESTÁ RELACIONADA CO MONTAÑISMO, SENDEIRISMO E DEPORTES DA NEVE.

18º- ASÍ ESTÁN AS CURVAS DE NIVEL CANDO A PENDENTE DO TERREO É PRONUNCIADA.

19º- NESA VERTENTE DESEMBOCA O RÍO PECHORA.

20º- NESA VERTENTE DESEMBOCA O SENA.

21º- NESA VERTENTE DESEMBOCA O EBRO.

22º- RÍO RELACIONADO CO LAGO LEMAN.

23º- MAR NO QUE DESEMBOCA O RÍO PO.

24º- RÍO QUE NACE NOS CÁRPATOS E DESEMBOCA NO MAR NEGRO.

25º- ESO ERA  O RIN PARA O IMPERIO ROMANO NO NORTE.

26º- ESES POBOS ESTABAN SITUADOS MÁIS ALÁ DO RIN NA ÉPOCA DO IMPERIO ROMANO.

27º- O CLIMA OCEÁNICO TAMÉN SE CHAMA ASÍ.

28º- NESE BOSQUE HAI ACIÑEIRAS, SOBREIRAS,PIÑEIROS, MATOGUEIRAS E ARBUSTOS.

29º- NA VEXETACIÓN DE MONTAÑA EXISTE ESE TIPO DE BOSQUES.

30º- É A PAISAXE DA MAIORÍA DOS PAÍSES DO SUR DE EUROPA.

31º- ASÍ SON AS ZONAS DA PAISAXE CONTINENTAL  ONDE PREDOMINA O BOSQUE MIXTO  E A PRADARÍA.

32º- NAS ZONAS MOI POBOADAS DA PAISAXE OCEÁNICA HAI ESE TIPO DE ESPAZOS.

33º- RUSIA E FINLANDIA TEÑEN TERRITORIOS SITUADOS  MÁIS ALÁ DESE CÍRCULO POLAR.

34º- ESE SISTEMA MONTAÑOSO ESTÁ SITUADO CERCA DA DEPRESIÓN DO EBRO.

35º- CORDILLEIRAS MONTAÑOSAS DA PERIFERIA PENINSULAR.

36º- ESA É A ORIXE DAS ILLAS CANARIAS.

37º- ESA PENÍNSULA TEN UNHA ALTITUDE MEDIA DE 660 M.

38º- O TELENO TEN ESA ALTURA NOS MONTES DE LEÓN.

39º- A CORDILLEIRA BÉTICA QUE CORRE CERCA DA COSTA CHÁMASE ASÍ.

40º- A CORDILLEIRA QUE CORRE PRÓXIMA Á DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR CHÁMASE ASÍ.

41º- ASÍ SON OS SOLOS DA DEPRESIÓN DO RÍO EBRO PARA A AGRICULTURA.

42º- ASÍ SON OS SOLOS DO RÍO EBRO NO SEU DELTA.

43º- AFLUENTE DO EBRO QUE NACE NOS PIRENEOS.

44º- AFLUENTE DO GUADALQUIVIR QUE TEN UN ENCORO.

45º- O TINTO E O ODIEL TAMÉN SON RÍOS DESA CLASE.

46º- NO CLIMA MEDITERRÁNEO ASÍ SON AS TEMPERATURAS NO VERÁN.

47º- AS ACIÑEIRAS, CAXIGOS,PIÑEIROS,SABINAS, SOBREIRAS, FAIAS,ETC, SON ISO.

48º- ELES E MAIS OS CHOPOS MEDRAN NAS RIBEIRAS DOS RÍOS.

49º- ESE TIPO DE FERTILIZANTES PROVOCAN CONTAMINACIÓN.

50º- EL É UN RECURSO NATURAL QUE SE PODE ESGOTAR POR SOBREEXPLOTACIÓN.


                                                                      AGUDAS


1º- MONTES QUE LIMITAN EUROPA POLO LESTE.

2º- ESE MACIZO ESTÁ EN FRANCIA.

3º- MONTES SITUADOS CERCA DO DANUBIO.

4º- MAR DENTRO DO MAR NEGRO.

5º- É A REPRESENTACIÓN GRÁFICA DUN RELEVO COAS ALTITUDES CORRESPONDENTES.

6º- PAÍS DA PENÍNSULA IBÉRICA DE LITORAL ATLÁNTICO.

7º- AFLUENTE DO EBRO QUE NACE NOS PIRENEOS.

8º- AFLUENTE DO EBRO QUE NACE NO SISTEMA IBÉRICO.

9º- CABO DA PENÍNSULA BALCÁNICA.

10º- PICO MÁIS ALTO DA PENÍNSULA IBÉRICA.

11º- ESTREITO NA PENÍNSULA IBÉRICA.

12º- GRAN RÍO ANDALUZ DA VERTENTE ATLÁNTICA.

13º- PRINCIPAL LAGO DE EUROPA CENTRAL.

14º- PICO MÁIS ALTO DO SISTEMA CENTRAL.

15º- CAPITAL DE ESPAÑA.

16º- CAPITAL DE FRANCIA.

17º- CAPITAL DE ALEMANIA.

18º- CAPITAL DE RUSIA.

19º- É O CONXUNTO DE PERSOAS QUE HABITAN NUN TERRITORIO.

20º- O TELENO É O PICO MÁIS ALTO DESES MONTES.

21º- GRÁFICA NA QUE SE REPRESENTAN AS ALTITUDES DUN TERRITORIO.

22º- O EBRO, GUADALQUIVIR, VOLGA, TÉÑENAS.

23º- ELA ESTÁ CONDICIONADA POLO CLIMA E MODIFICADA POLO HOME.

24º- VARIANTE DE CLIMA FRÍO PROPIO DE ISLANDIA, RUSIA E FINLANDIA.

25º- VARIANTE DE CLIMA TEMPERADO PROPIO DO CENTRO DE EUROPA..

26º-  OS SERES HUMANOS MODIFICARON ESE MEDIO.

27º-



                                                                        TRISÍLABAS


1º- PENÍNSULA PEQUENA DE EUROPA.

2º- PAÍS NO QUE SE ENCONTRAN OS APENINOS.

3º- RÍO QUE DESEMBOCA NO MAR BÁLTICO.

4º- LAGO MÁIS GRANDE DE EUROPA CENTRAL.

5º- MAR NO QUE DESEMBOCA EL TIBER..

6º- RÍO QUE CONTÉN O LAGO LEMAN.

7º- OÉANO GLACIAL DO NORTE DE EUROPA.

8º- ETC


O importante é que encontres esta información lendo no libro. Copiar as respostas que fan outros da a entender que non te sintes capaz  de comprender unha lectura dun libro de texto de sexto de primaria.Algunhas respostas xa as debes saber, pero outras seguro que non. Darte conta de cales sabes e cales non é importante para ti, se queres saber estudar. Se memoriza o que se sabe, se entende e se repite un número de veces necesario.


Podemos facer que nas respostas aparezan unicamente adxectivos.Ou tamén que todas se respondan con numerais, con bisílabas, esdrúxulas...

Ti podes xogar coa información na túa libreta, para manexar a linguaxe e memorizar datos.

En Naturais tamén podemos facer este tipo de pistas.

NON DIGAS NA CASA QUE NON HAI TRABALLO.EU XA CHE BUSCAREI SE FORAS CAPAZ DE ACABAR ESTE. NON EXISTEN OS LÍMITES PARA QUEN QUERE APRENDER.E PARA QUEN NON QUERE CALQUERA DISCULPA LLE SERVE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario