lunes, 10 de octubre de 2016

PALABRAS E TEXTOS

CÉLULA VEXETAL

PALABRAS: EUCARIOTA, MEMBRANA, CITOPLASMA, ORGÁNULOS,NÚCLEO,PAREDE, VACÚOLO, CLOROPLASTOS,PRISMÁTICAS, POLIGONAIS,TECIDO ,SOPORTE, ETC


TEXTO:AS CÉLULAS VEXETAIS SON MÁIS GRANDES QUE AS ANIMAIS. AS DÚAS SON EUCARIOTAS PORQUE TEÑEN NÚCLEO DIFERENCIADO ONDE SE RECOLLE O MATERIAL XENÉTICO. TEÑEN FORMA DE PRISMA OU POLÍGONO. A ENVOLTURA EXTERIOR É RÍXIDA E SE CHAMA PAREDE CELULAR OU VEXETAL. A MEMBRANA CELULAR ESTÁ ENTRE A PAREDE CELULAR E O CITOPLASMA E PERMITE O INTERCAMBIO CO EXTERIOR.XA NO CITOPLASMA ENCONTRAMOS UNS ORGÁNULOS VERDES CHAMADOS CLOROPLASTOS QUE CONTEÑEN UN PIGMENTO CHAMADO CLOROFILA. TAMÉN SE ENCONTRAN OUTROS ORGÁNULOS COMO OS VACÚOLOS QUE CONTEÑEN LÍQUIDOS. ALGUNHAS CÉLULAS VEXTAIS AGRÚPANSE FORMANDO TECIDOS DE SOPORTE.



CÉLULA ANIMAL

PALABRAS: NEURONAS, CITOPLASMA, RIBOSOMAS, MITOCONDRIA,ORGÁNULOS, NÚCLEO,MATERIAL, XENÉTICO, MEMBRANA,EXTERIOR,ETC

TEXTO: AS CÉLULAS ANIMAIS TEÑEN DISTINTAS FORMAS ADAPTADAS Á FUNCIÓN QUE REALIZAN, ASÍ, AS NEURONAS SON RAMIFICADAS XA QUE ESTABLECEN CONEXIÓNS. A PARTE EXTERIOR DA CÉLULA ANIMAL É A MEMBRANA CELULAR QUE PERMITE O INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS CO EXTERIOR, ADMITINDO AS QUE NECESITA E EXPULSANDO AS DE REFUGALLO. ESTA MEMBRANA ENVOLVE AO CITOPLASMA QUE É UN MATERIAL XELATINOSO ONDE RESIDEN ORGÁNULOS MOI IMPORTANTES QUE FUNCIONAN DE FORMA COORDINADA PARA MANTER A VIDA DA CÉLULA. OS RIBOSOMAS SINTETIZAN PROTEÍNAS, AS MITOCONDRIAS OBTEÑEN ENERXÍA.PERO O ORGANULO MÁIS IMPORTANTE É O NÚCLEO PORQUE ADEMAIS DE DIRIXIR TODAS AS ACTIVIDADES DA CÉLULA, GARDA A INFORMACIÓN XENÉTICA, O ADN, ONDE ESTÁ O PLAN MESTRE COAS INSTRUCIÓNS QUE SE TRANSMITEN DE PAIS A FILLOS PARA FORMAR UN NOVO SER VIVO.


Xa podes terminar o traballo da libreta onde están os debuxos das células.Xa tes as palabras para romper en sílabas e destacar a vocal tónica e os textos que deben acompañar as imaxes expresando correctamente  as oracións que deben empezar con maiúscula e acabar en punto.Cando recolla as libretas veremos a quen lle interesa boa nota ou a quen lle da igual.




No hay comentarios:

Publicar un comentario