Se les con atención o texto deste segundo tema encontrarás toda a información sen problemas porque todo canto puxen foi escollido neses parágrafos.Se hai algunha que non encontras pode ser que teña erros meus e non me expresei adecuadamente ou tiven un fallo cando o escribín e non o repasei. Se che pasa algo así, ao chegar debes levantar a mao, pedir a palabra para saber todos que pasou, pero creo que están todas as pistas ben formuladas e podes descubrir a resposta sen dificultade.
Queda moita información sen tratar. Podes escribir as túas actividades, inventa encrucillados, relaciones con pares, tríos, pistas lingüísticas, preguntas directas, completas,etc.Xogar coa información tamén é xogar co linguaxe.
1º 505.968 KM CADRADOS EXPRESA ISO.
2º- AS FORMAS DO RELEVO DE ESPAÑA SON ASÍ.
3º- É UNHA EXTENSA CHAIRA E OCUPA O CENTRO DA PENÍNSULA.
4º- AS DO EBRO E O GUADALQUIVIR SON MOI GRANDES.
5º- AS ILLAS BALEARES ESTÁN SITUADAS NESE MAR.
6º- O ARQUIPÉLAGO CANARIO ESTÁ FORMADO POR ESE NÚMERO DE
ILLAS.
7º- O ARQUIPÉLAGO QUE TEN 910 KM DE COSTA É ISE.
8º- RÍAS, GOLFOS, CABOS, PUNTAS E BAÍAS SON ISO.
9º- O RELEVO INSULAR CANARIO TEN ESA ORIXE.
10º- O PUIG MAJOR ESTÁ NESA SERRA BALEAR.
…………………………………………………………………………………………………………
1º- NO RELEVO PENINSULAR SE CONBINAN ESAS TRES FORMAS DE
RELEVO.
2º- A ALTITUDE MEDIA DA PENÍNSULA MIDE ESOS METROS.
3º-A MESETA TEN UNHA ALTITUDE ASÍ.
4º- NAS CORDILLEIRAS MOITOS CUMES SUPERAN ESES METROS DE
ALTURA.
5º- ELA OCUPA MÁIS DA METADE DO TERRITORIO PENINSULAR.
6º- O SISTEMA CENTRAL E OS MONTES DE TOLEDO FAN ISO.
7º- PICO DO SISTEMA CENTRAL QUE MIDE 2.591M.
8º- OS MONTES DE TOLEDO ATÓPANSE ALÍ.
9º- ENTRE A MESETA SUR E A DEPRESIÓN DO GUADALQUIVIR ESTÁ
ESA SERRA.
10º- O PICO MÁIS ALTO DO SISTEMA IBÉRICO É ISE.
………………………………………………………………………………………………………
1º-ASÍ SON AS MONTAÑAS DO MACIZO GALAICO.
2º- AITXURI É ISO.
3º- ASÍ SE CHAMA O PICO MÁIS ALTO DOS PIRENEOS.
4º- HAI ESE NÚMERO DE CORDILLEIRAS COSTEIRO-CATALÁS.
5º- NESA CORDILLEIRA ESTÁN O MULHACÉN E O VELETA.
6º- A DEPRESIÓN DO EBRO ESTÉNDESE ENTRE ESOS TRES SISTEMAS
MONTAÑOSOS.
7º- NA SÚA DESEMBOCADURA O EBRO FAI ISO.
8º- ENTRE ESAS DÚAS CORDILLEIRAS ESTÁ A DEPRESIÓN DO
GUADALQUIVIR.
9º- AS ZONAS DE TERREOS HÚMIDOS CHÁMANSE ASÍ.
10º- ASÍ SON OS SOLOS DAS DEPRESIÓNS DO EBRO E DO
GUADALQUIVIR.
…………………………………………………………………………………………………………
1º- ELES FANSE PARA APROVEITAR A AUGA DOS RÍOS .
2º- AS CARACTERÍSTICAS DOS RÍOS DEPENDEN DESE NÚMERO DE
FACTORES.
3º- ESAS SON AS TRES VERTENTES DOS RÍOS ESPAÑOIS.
4º- NELES DOUS NON HAI RÍOS PROPIAMENTE DITOS.
5º- EL É O LAGO MÁIS GRANDE DE ESPAÑA.
6º- GALLOCANTA, ALBUFERA E O MAR MENOR SON ISO.
7º- ALMENDRA E RICOBAYO SON ISO.
8º- ASÍ SON OS RÍOS GALEGOS.
9º- OS BARRANCOS E OS TORRENTES SON ISO.
10º- OS RÍOS QUE DESEMBOCAN NO MAR CANTÁBRICO NACEN EN
MONTAÑAS ASÍ.
………………………………………………………………………………………………………
1º-O MIÑO É UN RÍO DESA VERTENTE.
2º- NACE NOS PICOS DE URBIÓN E DESEMBOCA NA CIDADE DE PORTO.
3º- NA SERRA DE ALBARRACÍN ESTÁ ESA MUELA.
4º- EL NACE NA PROVINCIA DE TERUEL E DESEMBOCA EN LISBOA.
5º- NACE NO CAMPO DE MONTIEL E DESEMBOCA EN AYAMONTE.
6º- NACE NA SERRA DE CAZORLA E DESEMBOCA EN SAN LÚCAR DE
BARRAMEDA.
7º- O TINTO E O ODIEL SON ISO.
8º- ELES SON CURTOS, POUCO CAUDALOSOS E NO VERÁN SECAN.
9º- EL É LONGO, CAUDALOSO E DA VERTENTE MEDITERRÁNEA.
10º- ALMANZORA E GUADALHORCE SON RÍOS DESA COMUNIDADE
AUTÓNOMA.
…………………………………………………………………………………………………………
1º- NÚMERO DE TIPOS DE CLIMA QUE HAI NO TERRITORIO ESPAÑOL.
2º-NESE CLIMA HAI ABUNDANCIA DE CHUVIA E UNHA VEXETACIÓN
RICA E VARIADA.
3º- NESE CLIMA PREDOMINAN AS ÁRBORES DE FOLLA PERENNE.
4º-NESE CLIMA A VEXETACIÓN ESTÁ ADAPTADA Á SECA.
5º- NAS ZONAS CON ESE CLIMA EXISTEN BOSQUES CADUCIFOLIOS,
CONÍFERAS E PRADOS NATURAIS.
6º- É O CLIMA PROPIO DE CANARIAS.
7º- NO CLIMA ATLÁNTICO AS TEMPERATURAS SON ASÍ.
8º- ASÍ SON OS INVERNOS NO CLIMA DE MONTAÑA.
9º- ASÍ SON AS TEMPERATURAS NO CLIMA MEDITERRÁNEO
CONTINENTAL.
10º- ACIÑEIRAS, OLIVAS, ALFARROBEIRAS E MAQUIA SON ESPECIES
PROPIOS DESA VEXETACIÓN.
…………………………………………………………………………………………………………
1º- DESES DOUS ELEMENTOS SE COMPÓN UNHA PAISAXE.
2º- ALÍ SE LOCALIZA A PAISAXE DE MONTAÑA.
3º- EN SALARDÚ AS PRECIPITACIÓNS ADOITAN TER ESA FORMA.
4º- SON CINCO ACTIVIDADES TURÍSTICAS QUE SE PODEN FACER EN
SALARDÚ.
5º- ELES VIVEN DA EXPLOTACIÓN DOS BOSQUES, DOS PRADOS, DA
GANDARÍA E TAMÉN DO TURISMO.
6º- AS CASAS DE SALARDÚ FIXÉRONSE NESE VAL.
7º- ELA VARÍA SEGUNDO
A ALTITUDE DA MONTAÑA.
8º- CATRO ÁRBORES QUE SE VEN NAS ZONAS MÁIS BAIXAS DA
MONTAÑA.
9º- NESE SITIO MEDRAN BOSQUES DE FOLLA CADUCA E TAMÉN
CONÍFERAS.
10º- ESO LLE PASA AO BOSQUE NA PARTE MÁIS ALTA DA MONTAÑA.
………………………………………………………………………………………………………
1º- ELAS SON DEFINIDAS POLO RELEVO E A VEXETACIÓN DUN LUGAR.
2º- CATRO ACTUACIÓNS DOS SERES HUMANOS QUE MODIFICAN AS PAISAXES NATURAIS.
3º- DELAS EXISTEN POUCAS PORQUE O TERRITORIO ESPAÑOL ESTÁ
MOI POBOADO.
4º- ASÍ É A VEXETACIÓN NA PAISAXE ATLÁNTICA.
5º- A LANDA APARECE PORQUE EL FOI DESTRUIDO.
6º- SON TRES ESPECIES QUE MEDRAN NA LANDA.
7º- ELES OS DOUS SE UTILIZAN COMO PASTO NA VEXETACIÓN
ATLÁNTICA.
8º-O MOTIVO DA GRANDE DIMINUCIÓN DA VEXETACIÓN NATURAL NA
PAISAXE MEDITERRÁNEA É ISE.
9º- DÚAS ESPECIES AROMÁTICAS DE ARBUSTOS DA MAQUIA OU
GARRIGA.
10º-CATRO ESPECIES DE ÁRBORES QUE APARECEN POLA ACTIVIDADE
AGRÍCOLA NA PAISAXE MEDIERRÁNEA.
…………………………………………………………………………………………………………
1º-
NA PAISAXE MEDITERRÁNEA CONTINENTAL ELES DESAPARECERON AO LONGO DE MOITOS
SÉCULOS.
2º- A ZONA DE MATOGUEIRA BAIXA CHÁMASE ASÍ.
3º- DÚAS ÁRBORES PROPIAS DA BEIRA DOS RÍOS.
4º- AS ÁRBORES NO VERÁN TEÑEN QUE SOPORTALA.
5º- AS ÁRBORES DEBEN SOPORTALAS NOS INVERNOS.
6º- CINCO ÁRBORES QUE ESTÁN ADAPTADAS AO CLIMA MEDITERRÁNEO
CONTINENTAL.
7º- A AGRICULTURA QUE PREDOMINA NA MESETA É ISA.
8º- AS COMUNICACIÓNS SON DOADAS PORQUE AS TERRAS SON ASÍ.
9º- NO CLIMA MEDITERRÁNEO CONTINENTAL O TERRITORIO ESTÁ ASI.
10º- CARDÓN, DRAGO, LAURISILVA E SABINAS ENCONTRÁMOLAS NESTE
CLIMA.
………………………………………………………………………………………………
Para aprender só tes que ler o libro e buscar a información
que estou omitindo coa esperanza de que ti sepas distinguir cal é.Se queres
escribir na libreta podes inventar ti as actividades; existen moitos modos de
xogar coa información, algúns están esperando que alguén coma ti os descubra.
Para saber Sociais hai que ler o libro, observar os mapas, facer as túas pistas
e comprobar que quen as escoita sabe de que estás á falar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario