Esta información está recollida do texto. A información que temos nos mapas é moito máis extensa, pero somentes imos practicar neste exercicio a comprensión lectora no libro de Sociais como xa fixemos en Naturais. Sempre vai por decenas, intentando seguir, case sempre, a orde en que aparece a información.
1º- É A EXTENSIÓN DE EUROPA EN KM CADRADOS.
2º- ESE CONTINENTE É MÁIS PEQUENO QUE EUROPA.
3º- O LÍMITE NORTE DE EUROPA É ISE.
4º- OS MONTES URAIS E OS ESCANDINAVOS PERTENCEN A ESA UNIDADE DE RELEVO.
5º- OS ALPES E O CÁUCASO PERTENCEN A ESA UNIDADE DE RELEVO.
6º- ELAS ESTÁN NO CENTRO E NO LESTE DE EUROPA.
7º- ESES DOUS RÍOS ATRAVESAN A GRAN CHAIRA EUROPEA
8º- É UNHA CADEA MONTAÑOSA QUE FORMA O LÍMITE NATURAL ENTRE ASIA E EUROPA.
9º- É O PICO MÁIS ELEVADO DE EUROPA.
10º- ASÍ SON AS COSTAS EUROPEAS.
...................................................................................................................................................................
1º- EL CONDICIONA OS MODOS DE VIDA E AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.
2º- ASÍ ESTÁN AS DIVERSAS PAISAXES EUROPEAS.
3º- NELAS ASÉNTASE A MAIORÍA DA POBOACIÓN EUROPEA.
4º- ELES DISCORREN POLAS CHAIRAS EUROPEAS E SON NAVEGABLES MOITAS VECES.
5º- ELAS ESTÁN MOI DESENVOLVIDAS NAS CHAIRAS.
6º- ISO OCORRE NA DEPRESIÓN DO CASPIO E NOS PAÍSES BAIXOS.
7º- ELES FORON FABRICADOS PARA GAÑAR TERREOS AO MAR.
8º- NELES AS MONTAÑAS SON POUCO ELEVADAS, DE PERFÍS ONDULADOS E PENDENTES SUAVES.
9º- SON INFRAESTRUTURAS NECESARIAS PARA O DESENVOLVEMENTO NAS ZONAS MONTAÑOSAS.
10º- NAS ALTAS CORDILLEIRAS NOVAS O RELEVO É ASÍ.
...................................................................................................................................................................
1º- É A DISTANCIA VERTICAL DUN PUNTO DA TERRA AO NIVEL DO MAR.
2º- É A REPRESENTACIÓN GRÁFICA DUN RELEVO DUNHA ZONA.
3º- O ALTO DO MIRADOR TEN ESA ALTITUDE NA ETAPA DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA.
4º- NÚMERO DE FORMAS QUE SE PODE REPRESENTAR A ALTITUDE NUN MAPA.
5º- ESO LLE PASA A PENDENTE DO TERREO CANDO AS CURVAS DE NIVEL ESTÁN MOI XUNTAS.
6º- ASÍ É A INCLINACIÓN DO TERREO CANDO AS CURVAS DE NIVEL ESTÁN MOI SEPARADAS.
7º- SON OS TONS DE CORES QUE SE EMPREGAN NO MAPA PARA INDICAR AS ZONAS MÁIS BAIXAS.
8º- SON OS TONS DE CORES QUE SE EMPREGAN NAS ZONAS MÁIS ALTAS.
9º- SON OS TONS DE CORES QUE SE EMPREGAN PARA AS ZONAS INTERMEDIAS.
10º- ASÍ SON AS CORES QUE SE EMPREGAN ENTRE UNHA CURVA DE NIVEL E A SEGUINTE.
...................................................................................................................................................................
1º- ALGÚNS RÍOS EUROPEOS SERVEN DE VÍAS DE COMUNICACIÓN POR ESE MOTIVO.
2º- DOUS RÍOS DA VERTENTE ÁRTICA.
3º- ASÍ SON OS RÍOS EUROPEOS DA VERTENTE ATLÁNTICA.
4º- OS RÍOS POUCO CAUDALOSOS, IRREGULARES, CON SECAS NO VERÁN OU GRANDES ENCHENTES NA ÉPOCA DE CHUVIA SON OS DESA VERTENTE.
5º- CATRO RÍOS DA VERTENTE DO MAR NEGRO.
6º- ESE TIPO DE LAGOS EXISTEN EN MULTITUDE E REPARTIDOS POR TODO O TERRITORIO EUROPEO.
7º- ARREDOR DESE MAR ESTÁN OS LAGOS EUROPEOS DE MAIOR TAMAÑO.
8º- LADOGA E ONEGA ESTÁN SITUADOS NESE PAÍS.
9º- É O LAGO MÁIS GRANDE DE EUROPA CENTRAL.
10º- SON DOUS LAGOS SUÍZOS.
...................................................................................................................................................................
Toda esta decena está referida ao mesmo río.
1º- AO LONGO DA HISTORIA UNIU POBOS, ECONOMÍAS E CULTURAS DIFERENTES.
2º- A PARTIR DESA CIDADE O RÍO MÁIS IMPORTANTE DE EUROPA É NAVEGABLE.
3º- É UNHA DAS REXIÓNS INDUSTRIAIS MÁIS ACTIVAS E DENSAMENTE POBOADAS DO MUNDO.
4º- SEIS PORTOS IMPORTANTES DA SÚA RIBEIRA.
5º- ESE PORTO CANALIZA A MAIORÍA DO INTERCAMBIO DE MERCADORÍAS DE EUROPA CO RESTO DO MUNDO.
6º- ELES SE CONSTRUIRON PARA ADAPTAR ESTE RÍO Á NAVEGACIÓN.
7º- O TRAMO DO RÍO DESDE BON A DUSELDORF ESTÁ SITUADO NESE PAÍS.
8º- ESE TIPO DE CASTELOS SE PODEN VISITAR NO CURSO MEDIO.
9º- ELES FORON CONSTRUIDOS NEL PARA PRODUCIR MOITA ENERXÍA ELÉCTRICA.
10º- ESTE RÍO SEPARABA AO IMPERIO ROMANO DESES POBOS.
...................................................................................................................................................................
1º- ESE TIPO DE CLIMAS É O QUE PREDOMINA NA MEIRANDE PARTE DE EUROPA.
2º- ELA É VARIADA, MOI MODIFICADA POLO HOME E TAMÉN ESTÁ CONDICIONADA POLO CLIMA.
3º- TRES VARIANTES DE CLIMAS TEMPERADOS
4º- DÚAS VARIANTES DE CLIMAS FRÍOS.
5º- ALÍ HAI BOSQUES CADUCIFOLIOS,LANDAS E PRADARÍAS.
6º- ESTÁ FORMADO POR ACIÑEIRAS, SOBREIRAS, PIÑEIROS, MATOGUEIRAS, E ARBUSTOS.
7º- ALÍ ENCONTRAMOS A TAIGA,BOSQUES DE CONÍFERAS, BOSQUE MIXTO E ESTEPAS.
8º- ELA DASE NA ZONA DE CLIMA POLAR E MEDRAN CARRIZAS E LIQUES.
9º- NESA ZONA VARÍA A VEXETACIÓN DEPENDENDO DA ALTITUDE.
10º- O SEU CLIMOGRAMA É CARACTERÍSTICO DO CLIMA DE MONTAÑA.
...................................................................................................................................................................
1º- ESTE TIPO DE PAISAXE ATÓPASE EN TODOS OS PAÍSES DO SUR DE EUROPA BAÑADOS POLO MEDITERRÁNEO.
2º- PAISAXE QUE SE ESTENDE POLO NORTE E LESTE DE EUROPA.
3º- A TAIGA É ISO.
4º- É A ZONA MÁIS POBOADA NA PAISAXE CONTINENTAL.
5º- A PAISAXE ATLÁNTICA TAMÉN SE LLE CHAMA ASÍ.
6º- ASÍ SON AS TEMPERATURAS DA EUROPA OCEÁNICA.
7º- ASÍ SON AS CHUVIAS DA EUROPA ATLÁNTICA.
8º- NOS BOSQUES CADUCIFOLIOS ABUNDAN ESAS TRES ESPECIES DE ÁRBORES.
9º- TRES PAÍSES EUROPEOS NOS QUE PODEMOS VER PAISAXE POLAR.
10º- A ESCASA POBOACIÓN POLAR ADÍCASE A ESAS DÚAS ACTIVIDADES.
...................................................................................................................................................................
Os nenos e nenas que encontren tempo para preparar estas pistas na súa casa, manexando o libro e practicando a lectura comprensiva, están aprendendo a estudar. Os que esperen a vir ao colexio para traballalas, terán que sabelas sen libro cando as pregunte oral ou por escrito.Pero sempre intentamos xogar antes un pouco para saber de qué vai. Non necesitas escribir,pero sí ler e consultar o libro. Se inventaches pistas e xogos na túa libreta, ou estiveches atento cando saíron outros a dicir as súas actividades, verás que algunhas xa as sabes.Cantas máis sepas, mellor; e se inventas outras diferentes a estas que puxen eu, non perderás o tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario