martes, 18 de octubre de 2016

BATERÍA DE PISTAS T1 N

1º- O MATERIAL XENÉTICO ESTÁ FORMADO POR ESA SUBSTANCIA.

2º- É UNHA ENVOLTURA FINA QUE RODEA A CÉLULA.

3º- É UN MATERIAL XELATINOSO FORMADO POR AUGA E SUBSTANCIAS DISOLVIDAS.

4º- ESTE ORGÁNULO FABRICA ENERXÍA.

5º- ESTE ORGÁNULO FABRICA PROTEÍNAS.

6º- ORGÁNULO PROPIO DAS CÉLULAS EUCARIOTAS.

7º- NELAS O MATERIAL XENÉTICO ESTÁ DISPERSO NO CITOPLASMA.

8º- SON CÉLULAS ANIMAIS DE FORMA ESTRELADA.

9º- ESE TIPO DE CÉLULAS ADOITAN SER PRISMÁTICAS OU POLIGONAIS.

10º- ELAS SON DIMINUTOS COMPOÑENTES DOS SERES VIVOS.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- É UNHA CUBERTA PROPIA DA CÉLULA VEXETAL.

2º- ESTÁN CHEOS DE LÍQUIDO E ADOITAN ESTAR NA CÉLULA VEXETAL.

3º- SON ORGÁNULOS QUE CONTEÑEN CLOROFILA.

4º- ELAS SON OS REPRESENTANTES MÁIS COMÚNS DAS CÉLULAS PROCARIOTAS.

5º- A PAREDE BACTERIANA É ISO.

6º- ASÍ É A MEMBRANA CELULAR DUNHA BACTERIA.

7º- NO CITOPLASMA DA BACTERIA ENCÓNTRANSE POUCOS.

8º- EL ANDA DISPERSO POLO CITOPLASMA.

9º- CATRO ELEMENTOS DUNHA CÉLULA PROCARIOTA SEGUNDO O ESQUEMA.

10º- SEIS ELEMENTOS DUNHA CÉLULA VEXETAL SEGUNDO O ESQUEMA.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- OS FENTOS E NÓS SOMOS EXEMPLOS DESE TIPO DE SERES VIVOS.

2º- AS CÉLULAS DOS SERES UNICELULARES VIVEN DESA FORMA.

3º- AS CÉLULAS DOS SERES PLURICELULARES NECESITAN FACER ESAS DÚAS COUSAS PARA SOBREVIVIR TODAS ELAS.

4º- ASÍ SON OS NIVEIS NOS QUE SE VAN ORGANIZANDO AS CÉLULAS.

5º- O TECIDO EPITELIAL FÓRMASE POLA UNIÓN DELAS.

6º- NO INTESTINO DELGADO EXISTEN ESOS DOUS TIPOS DE TECIDOS.

7º- ASÍ TRABALLAN AS CÉLULAS QUE SE AGRUPAN PARA FORMAR UN TECIDO.

8º- ESE TIPO DE TECIDO ENCÓNTRASE NO CEREBRO.

9º- ESE TIPO DE TECIDO ENCÓNTRASE NAS PATACAS.

10º- ESE TIPO DE TECIDO ENCÓNTRASE NA RAÍZ, TALO E FOLLAS.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- O CONXUNTO DE CÉLULAS DE IGUAL FORMA E FUNCIÓN QUE TRABALLAN COORDINADAMENTE CHÁMASE ASÍ.

2º- ESE ÓRGANO É O QUE ESTÁ FORMADO POR  TECIDO MUSCULAR, EPITELIAL E O NERVIOSO ACTÚANDO COORDINADAMENTE PARA IMPULSAR O SANGUE.

3º- CATRO EXEMPLOS DE ÓRGANOS ANIMAIS.

4º- CATRO EXEMPLOS DE ÓRGANOS VEXETAIS.

5º- OS APARATOS ESTÁN FORMADOS POR ELES.

6º- CATRO ÓRGANOS QUE FORMAN O NOSO APARATO DIXESTIVO.

7º- A FUNCIÓN NA QUE COOPERAN OS ÓRGANOS DO APARATO DIXESTIVO É ESA.

8º- A FUNCIÓN QUE REALIZA CADA ÓRGANO DUN SISTEMA É ASÍ.

9º- ASÍ SON OS ÓRGANOS QUE FORMAN UN SISTEMA.

10º- O SISTEMA MUSCULAR ESTÁ FORMADO POR ELES.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- ASÍ É A NOSA ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN.

2º- ASÍ TRABALLAN OS APARATOS E SISTEMAS PARA REALIZAR AS FUNCIÓN VITAIS.

3º- ESAS SON AS TRES FUNCIÓNS VITAIS.

4º- SON OS CATRO APARATOS QUE COLABORAN NA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.

5º- PARA REALIZAR A FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN SON NECESARIOS ESES DOUS APARATOS.

5º- PARA REALIZAR A FUNCIÓN DE RELACIÓN SON NECESARIAS ESAS TRES PARTES DO NOSO CORPO.

6º- EL ENCÁRGASE DE ABSORVER OSÍXENO E EXPULSAR DIÓXIDO DE CARBONO.

7º- EL ENCÁRGASE DE ELIMINAR AS SUBSTANCIAS DE REFUGALLO.

8º- EL ESTÁ FORMADO POLOS VASOS SANGUÍNEOS E O CORAZÓN.

9º- EL ESTÁ FORMADO POLO TUBO DIXESTIVO E OUTROS ÓRGANOS.

10º- EL CONTROLA E COORDINA TODAS AS FUNCIÓNS QUE FACEMOS.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- O ESQUELETO ESTÁ FORMADO POR ESOS TRES ELEMENTOS.

2º- É A PRIMEIRA FUNCIÓN DO ESQUELETO.

3º- É A SEGUNDA FUNCIÓN DO ESQUELETO.

4º- É A TERCEIRA FUNCIÓN DO ESQUELETO.

5º- ELES SON OS ÓRGANOS MÁIS DUROS E RÍXIDOS DO CORPO.

6º- É UN TECIDO QUE CONTÉN MOITAS SUBSTANCIAS MINERAIS.

7º- OS ÓSOS SON LIXEIROS POR ESE MOTIVO.

8º- SON AS TRES CLASES DE ÓSOS.

9º- A OMOPLATA É ESA CLASE DE ÓSO.

10º- O FÉMUR É ESE TIPO DE ÓSO.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- HAI SETE VÉRTEBRAS DESA CLASE.

2º- HAI CINCO VÉRTEBRAS DESA CLASE.

3º- A COLUMNA VERTEBRAL TERMINA NEL.

4º- ENTRE AS VÉRTEBRAS LUMBARES O O CÓCCIX ESTÁ EL.

5º- ASÍ PODEN SER AS ARTICULACIÓNS.

6º- OS ÓSOS DAS ARTICULACIÓNS ESTÁN UNIDOS POR ELES.

7º- AS PARTES MÁIS FLEXIBLES DOS ÓSOS CHÁMANSE ASÍ.

8º- AS CARTILAXES QUE HAI ENTRE OS ÓSOS EVITAN QUE EL SE PRODUZA.

9º- ASÍ É O TECIDO QUE FORMA OS LIGAMENTOS.

10º- AS CARTILAXES SON DE MAIOR TAMAÑO NESA ÉPOCA.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- ALÍ HAI MÁIS DE SEISCENTOS MÚSCULOS.

2º- PEITORAL, ABDOMINAL, DELTOIDE,  TRAPECIO E MAIS EL SON MÚSCULOS DO TRONCO.

3º- SON CATRO MÚSCULOS DAS EXTREMIDADES INFERIORES.

4º- SON DOUS MÚSCULOS DA CABEZA.

5º- ELA É FLEXIONADA POLO BÍCEPS E ESTIRADA POLO TRÍCEPS.

6º- ESE MÚSCULO PROTEXE OS ÓRGANOS DO VENTRE.

7º- MOVE O FÉMUR CARA ATRÁS.

8º- ELES SON PRODUCIDOS POLOS MÚSCULOS.

9º- SE QUERES LEVANTAR O TALÓN MOVES ESE MÚSCULO.

10º- É O MÚSCULO QUE FAI O CONTRARIO DO BÍCEPS FEMORAL.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- A MISIÓN DUN MÚSCULO É PRODUCIR ESAS DÚAS COUSAS.

2º- OS TENDÓNS FAN ISO.

3º- ALÍ ESTÁN SITUADOS OS TENDÓNS.

4º- ASÍ SON OS TENDÓNS.

5º- ESO LLE PASA A UN MÚSCULO SE FAI MÁIS CURTO E GROSO.

6º- CANDO OS MÚSCULOS SE CONTRAEN A OS ÓSOS PÁSALLE ISO.

7º- CANDO FACEMOS ISO EMPREGAMOS Á VEZ MÚSCULOS DA MAN E DO ANTEBRAZO.

8º- ELES UNEN O MÚSCULO AO ÓSO.

9º-  É O MÚSCULO ANTAGONISTA DO BÍCEPS.

10º- CANDO O BÍCEPS SE CONTRAE O TRÍCEPS ESTÁ ASÍ.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º- ELA DEBE SER CORRECTA PARA NON DEFORMAR A COLUMNA VERTEBRAL.

2º- ESE É O NÚMERO DE HORAS DIARIAS DE SONO ADECUADO PARA TI.

3º- NESES ALIMENTOS ENCONTRAMOS CALCIO E FÓSFORO PARA QUE MEDREN OS ÓSOS.

4º- AS VITAMINAS ENCONTRÁMOLAS NESES DOUS TIPOSDE ALIMENTOS.

5º- NA PASTA, PAN, ARROZ,ETC, ENCONTRAMOS ESE TIPO DE NUTRIENTE.

6º- ALIMENTACIÓN E DESCANSO ADECUADOS AXUDAN A MANTERNOS ASÍ.

7º- É UN ALONGAMENTO EXCESIVO.

8º- CANDO SE PRODUCE UNHA LUXACIÓN OS ÓSOS DA ARTICULACIÓN QUEDAN ASÍ.

9º- A ROTURA OU FRACTURA DUN ÓSO PRODÚCESE CANDO ELA É EXCESIVA.

10º- TRES TIPOS DE LESIÓNS CANDO FACEMOS EXERCICIOS VIOLENTOS.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------




No hay comentarios:

Publicar un comentario