lunes, 23 de noviembre de 2015

TRABALLOS NOVOS- PALABRAS E ORACIÓNS

Hai nenos e nenas que están acabando as pistas, saíron ao SUPERDEZ, acertaron e tamén fallaron, pero intentárono moitas veces e teñen uns medalleiros moi lucidos.

Outros aínda parece que pensan que as notas voan polo aire e se consiguen cun cazabolboretas. Algúns destes van caíndo na conta de que no libro e na súa libreta está o que de verdad importa.

Para estes nenos e nenas que traballan e queren saber, imos abrir o plazo para solicitar demostrar que esto está feito.

Aínda podedes saír ao SUPERDEZ, cando o teñas aprendido, xa non vale saír a probar fortuna, se non o sabes, apandas cun negativo.

Agora chega o turno de xogar coa información destes temas de sociais. Podes inventar xogos, eu xa che expliquei certezas, pistas oracións, tamén podes facer completas, escribindo unha oración onde falten palabras importantes, poden ser substantivos, ou verbos, e escóndela cunha palmada, e os demáis terán que saber cal é.

PALABRAS ESCONDIDAS

SUBSTANTIVOS:

1º O ? é un gran ? formado por todos os ? celestes e máis o espazo que hai entre eles.

E así formas unha decena de oracións con palabras escondidas.


ESDRÚXULAS:

1º- Así se chama un planeta do noso Sistema Solar.

2º- Teoría que colocaba a Terra no centro do Universo.

3º- Paralelos que limitan a zona cálida da Terra.

Cando consigas dez paras.

AGUDAS:

1º- Comunidade autónoma que ten tres climas diferentes e está formada por tres provincias.

2º- Tipo de clima mási abundante en Europa.

3º- Principal paralelo terrestre.

4º-



Cando teñas dez paras


GRAVES:

1º- É a distancia dun punto a o Ecuador.

2º- Chámase así ás condicións atmosféricas que adoitan darse nun lugar concreto.

3º- Os climas que sofren as persoas que viven no Sahara ou nos Polos chámase así.

ETC


HIATOS:


1º É o satélite natural da Terra.

2º- É a ciencia que estuda a poboación.

ETC


DITONGOS:

1º É o planeta máis próximo ao Sol.

2º- Árbore propio da vexetación Atlántica.

3º- Prados propios da vexetación de montaña.

ETC


E moitoas ideas máis coas que repasaremos ( os que xa o estudaron) a información que presentan os  temas dos que fixen as pistas que algúns aídan non estudaron para saír nin unha vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario