miércoles, 25 de noviembre de 2015

1ª AVALIACIÓN

Este trimestre imos facer catro temas de Sociais e dous de Naturais.

Xa fai moitas semanas que están todas as pistas no blogue e agora toca demostrar por escrito que sabes como se traballan.

Hai xente que demostrou moitas veces o seu desexo de levar boas notas presentándose voluntariamente ao SUPERDEZ e teñen o marcador cheo de medallas de ouro, prata ou bronce.

Aínda non estou decidida a apuntar tamén as veces que saíron e tiveron que sentarse porque fracasaron.

 Agora algúns queren presentarse apresa e correndo, cando xa non hai case tempo, e por de excusa o tempo, pero todos sabemos o que pasa.

Por eso hoxe fixemos por escrito unha proba. Sei dalgún que non está facendo nada para aprobar, e si por enganar. É mellor que se decida a coller o libro e porse ao día, aínda que sexa sentado  ou de pé, co libro nas gradas, nos recreos, ou onde lle pareza mellor.

Hai xente que está preparando outro tipo de traballos novos e están desexando expoñelos. Outros non se enteraron do que hai que facer, nin lles corre presa enterarase...

Haberá tamén unha proba de avaliación sen libro. Escollerei de todas as pistas aquelas que me parezan máis interesantes, serán moitas, e non vas ter tempo para pensar: ou sabes ou non.

VAITE PONDO AO DÍA...

No hay comentarios:

Publicar un comentario