AS BACTERIAS
Neste gráfico ves o lío que se armaron os estudosos do tema das clasificacións. Eles queren organizalo todo, poñerlle portas ao campo, e non se pode. Xa o grego Aristóteles intentou organizar a vida en estanterías e aínda hoxe non acaban de acomodarse. O noso libro de Naturais segue a clasificación de Whittaker, pero xa apareceu despois Woese chamándolle TRES DOMINIOS a o sitio onde se teñen que situar todos os seres vivos.
Fíxate que dos tres dominios, as bacterias ocupan elas soliñas un. É que as bacterias teñen moita importancia. As bacterias non teñen núcleo diferenciado, pero xa ves que se apañan perfectamente.
Haeckel (1866) Tres reinos | Chatton (1925) Dos grupos | Copeland (1938,56) Cuatro reinos | Whittaker (1969) Cinco reinos | Woese (1977,90) Tres dominios |
---|---|---|---|---|
Animalia | Eukaryota | Animalia | Animalia | Eukarya |
Plantae | Plantae | Plantae | ||
Protoctista | Fungi | |||
Protista | Protista | |||
Prokaryota | Monera | Monera | Archaea | |
Bacteria |
Nesta ilustración ves un virus invadindo unha bacteria...Xa estudamos no libro que os virus son un caso especial , non realiza as tres funcións vitais dun ser vivo de maneira autónoma, por eso invade unha abacteria para reproducirse.
Pero o mundo das bacterias é un dominio de tres que hai.
Esta que ves na foto foi descuberta no ano 1999 nas costas de Namibia e pode se ver a simple vista , non fai falta o microscópio.Chámase Thiomargarita namibiensis.
Hai bacterias por todas partes.Cando non pinta ben fan unha especie de paquete , ou cápsula, no que se esconden esperando a que mellore o ambiente. Cando notan que todo é favorable para a vida, empezan descansadas como se acabaran de durmir a siesta.
¡Pero é que nós temos varios millóns de bacterias nos intestinos axudando a facer a dixestión! Non te asustes que se chama tamén flora intestinal.
Hainas comestibles tamén. Non é que sexan comestibles, é que case son unha mediciña natural... que o cura todo e faite vivir sen parar...
HASTA TE PUEDES GANAR LA VIDA CON ELLAS ...UN TRABAJO IMPORTANTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario