HISTORIA
OS SOUTOS
MICORRIZACIÓN
Investiga na túa familia, na túa aldea. Estamos na ruta europea da castaña. Os montes dos arredores conservan soutos centenarios.As familias van aos montes cunha cestiña e recollen as castañas para vender e consumir, todos os anos, cando empeza o outono. Antigamente no canizo que se situaba no alto da lareira, as castañas quedaban pilongas, é dicir, secas, para conservalas e comelas durante todo o ano.
Existen varias especies, unhas adecuadas para asar, e outras mellor para cocer. Algunhas son moi grandes, outras máis pequenas, de cor máis ou menos intenso, unhas son tardías e outras tempranas.
Son recollidas a man, unha por unha, desde sempre , aínda que se van inventando máquinas que facilitan a colleita.
O castiñeiro é unha árbore de moito valor. Non só polas castañas, tamén pola súa madeira. Cos seus troncos fixéronse as traves e armazóns dos tellados que suxeitan as tellas , as galerías acristaladas, corredores...Tamén se fan mobles de moita categoría, esculturas, etc. Incluso é combustible que arde lento e produce moitas calorías , sen afumar nas lareiras. Pero non hai que olvidar que é unha árbore típicamente atlántica, de folla caduca, que purifica o aire.
Os cogumelos, os nízcalos ,ou boletus medran á beira deles, cruzándose coas raíces do castiñeiro, o que beneficia aos dous. A xente colle as castañas e tamén cogumelos porque veñen xuntos, na mesma estación, a primeiros de outono, coas primeiras chuvias.
Pero o castiñeiro tamém ten inimigos.Os incendios, as plagas, o abandono...
Investiga e verás como existe un patrimonio que chegou a hoxe grazas as xentes humildes das aldeas, que souberon coidar das árbores que lles facilitaron a vida. Xa os nomes dos soutos son fermosos, as receitas de cociña que se fan coas castañas, pratos doces ou salgados, purés, etc. As viaxes que fan as castañas galegas por todo o mundo son un misterio.
E xa sabes que os portugueses fanas moi ricas na festa dos Santos, en Chaves, asadas con sal, neses asadeiros tan enxebres.
Investiga para facer o teu texto ben estruturado en parágrafos, empregando maiúsculas, acentos, signos de puntuación, expresando con claridade as ideas máis interesantes para ti. Escolle un asunto relacionado co tema e trátalo nun parágrafo construindo oracións sinxelas, curtas, sen confusións. Cando se terminen as ideas relacionadas con ese asunto, cambias de parágrafo e de asunto.
Podes axudarte dun guion formado por varios puntos. Cada asunto é unha idea que explicas en oracións curtas que formarán un parágrafo, varios parágrafos compoñen o teu texto.
GUION:
* OS SOUTOS
* OS CASTIÑEIROS
* AS CASTAÑAS
*A MADEIRA
*COMERCIALIZACIÓN
* AS RECEITAS
* AS ENFERMIDADES DO CASTAÑO
* OS COIDADOS DO CASTIÑEIROS
*
*
Unha cousa importante é que:..." o froito do castiñeiro, a castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI. Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas, denomináronas castañas mariñas, nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa industrialización..." Texto sacado do libro "O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.