Estas son as pistas que eu elaboro sobre a información do terceiro tema de Sociais. Seguimos falando da Terra e das súas cualidades, da atmosfera, o clima, o tempo, as precipitacións, os climas de España, Europa,etc. De momento Naturais queda aparcada a causa do cambiazo que nos están dando co libro, así que traedes e estudades Sociais todos os días, luns, martes, mércores e venres.
Vounas buscando en cada dúas páxinas para que ti tamén leas e entendas de que vai o conto. Xa sabes que debes convertir cada una en pregunta directa coa súa resposta e saír na clase voluntario ou voluntaria, eso no ten que ver, para ver quen está ó loro e sabe dicir a resposta correcta. Eliana é a única que se entretuvo facendo todas as do tema dous.
PÁX 40-41
1º- EL AMOSA AS CONDICIÓNS DO TEMPO ATMOSFÉRICO QUE ADOITAN DARSE NUN LUGAR CONCRETO.
2º- É O ESTADO DA ATMOSFERA NUN LUGAR DETERMINADO E MOMENTO MOI BREVE.
3º- NÚMERO DE FACTORES ATMOSFÉRICOS PRINCIPAIS.
4º- SON OS PRINCIPAIS FACTORES ATMOSFÉRICOS.
5º- É O PESO QUE EXERCE O AIRE SOBRE A SUPERFICIE DA TERRA.
6º- É A CANTIDADE DE VAPOR DE AUGA QUE HAI NO AIRE.
7º- ELAS PRODÚCENSE EN FORMA DE NEVE, CHUVIA OU SARABIA.
8º- É O AIRE EN MOVEMENTO.
9º- ELES ESTÁN CONDICIONADOS POLOS DISTINTOS CLIMAS DA TERRA.
10º- ESE É O PERÍODO DE TEMPO QUE NORMALMENTE CARACTERIZA UN TERRITORIO PARA TER UN CLIMA EN CONCRETO.
PÁX 42-43
1º- É O TÍTULO DESTAS DÚAS PÁXINAS.
2º- NÚMERO DE FACTORES XEOGRÁFICOS QUE INFLÚEN NO CLIMA.
3º- ESO LLE PASA A TEMPERATURA CANDO AUMENTA A LATITUDE.
4º- AS ZONAS PRÓXIMAS A EL RECIBEN MOITA HUMIDADE E ADEMAIS SUAVIZA AS TEMPERATURAS.
5º- ASÍ SE CHAMAN AS TERRAS QUE NON RECIBEN INFLUENCIA DO MAR.
6º- NELES A CHUVIA CONVÉRTESE EN NEVE PORQUE BAIXAN AS TEMPERATURAS.
7º- NOS VALES ELAS SON MÁIS SUAVES CA NOS CUMIOS.
8º- COMO SE COLOCAN AS CORDILLEIRAS É ESE FACTOR XEOGRÁFICO.
9º- A ALTITUDE É A DISTANCIA EN ALTURA DUN PUNTO CON RESPECTO A EL.
10º- É A COR QUE PREDOMINA NA FOTO DA ANTÁRTIDA.
PÁX 44-45
1º- É O PARALELO QUE SE VE NO CENTRO DA ZONA CÁLIDA.
2º- SON DOUS IMPORTANTES PARALELOS QUE LIMITAN A PARTE DA TERRA QUE RECIBE PERPENDICULARMENTE OS RAIOS SOLARES.
3º- ENTRE ESES DOUS PARALELOS ESTÁ SITUADA A ZONA TEMPERADA DO HEMISFERIO NORTE.
4º- ENTRE ESES DOUS PARELELOS ESTÁ SITUADA A ZONA TEMPERADA DO HEMISFERIO SUR.
5º- É O LÍMITE DA ZONA FRÍA NO HEMISFERIO NORTE.
6º- É O LÍMITE DA ZONA FRÍA NO HEMISFERIO SUR.
7º- A LATITUDE DETERMINA A EXISTENCIA DELAS.
8º- EUROPA ESTÁ SITUADA NESA ZONA CLIMÁTICA.
9º- SEGÚN O MAPA CLIMÁTICO GALICIA TEN ESE TIPO DE CLIMA.
10º- A MAIOR PARTE DE EUROPA TEN ESE TIPO DE CLIMA.
PÁX 48-49
1º- AS ILLAS CANARIAS SON O ÚNICO TERRITORIO ESPAÑOL QUE TEN ESE TIPO DE CLIMA.
2º- A MAIOR PARTE DO TERRIOTORIO ESPAÑOL TEN ESE TIPO DE CLIMA.
3º- ESAS SON AS CATRO VARIEDADES CLIMÁTICAS DA PENÍNSULA IBÉRICA.
4º- ELA SUAVIZA AS TEMPERATURAS E REGULA AS PRECIPITACIÓNS.
5º- NESE CLIMA AS TEMPERATURAS VARÍAN POUCO E AS PRECIPITACIÓNS SON ESCASAS.
6º- NESE CLIMA AS TEMPERATURAS SON SUAVES E AS PRECIPITACIÓNS ABUNDANTES TODO O ANO.
7º- NESE CLIMA OS INVERNOS SON LONGOS E FRÍOS E AS PRECIPITACIÓNS EN FORMA DE NEVE.
8º- NESE CLIMA AS CHUVIAS SON IRREGULARES E TORRENCIAIS CON INVERNOS SUAVES E VERÁNS CALOROSOS.
9º- NESE CLIMA AS TEMPERATURAS VARÍAN MOITO AO LONGO DO ANO E AS PRECIPITACIÓNS SON ESCASAS.
10º- O INTERIOR DA PENÍNSULA TEN ESE TIPO DE CLIMA NA MAIORÍA DO TERRITORIO.
PÁX 50-51
1º- NA VEXETACIÓN ATLÁNTICA OS BOSQUES SON ASÍ.
2º- NA VEXETACIÓN DE MONTAÑA EXISTEN ESTOS BOSQUES.
3º- NA VEXETACIÓN MEDITERRÁNEA OS BOSQUES SON ASÍ.
4º- A LAURISILVA É PROPIA DE ESE TIPO DE VEXETACIÓN.
5º- AS PAISAXES NATURAIS SON ESAS.
6º- CANDO O HOME DESTRÚE A VEXETACIÓN NATURAL E PLANTA OUTRAS ESPECIES PRODÚCESE ESA PAISAXE.
7º- ESA É A CANTIDADE DE ESPAZOS PROTEXIDOS QUE HAI EN ESPAÑA.
8º- NA ESPAÑA ATLÁNTICA A ÁRBORE CARATERÍSTICA É ESA.
9º- NA ZONA DE VEXETACIÓN MEDITERRÁNEA CONTINENTAL ABUNDA ESA ÁRBORE.
10º- AS OLIVEIRAS E ALGARROBOS SON ÁRBORES PROPIAS DESA VEXETACIÓN.
PÁX 52-53
1º- AS FOTOS DE 1928 E 2009 SON DESE LUGAR.
2º- TRES GASES QUE RETEÑEN A CALOR DO SOL.
3º- A ARIDEZ E A SECA SON PROPIAS DESA COMUNIDADE AUTÓNOMA ESPAÑOLA.
4º- AGORA PLANTAN VIÑEDOS EN MONTAÑAS ALTAS COMA ESAS DA FOTO.
5º- ESE GAS É O QUE ESTÁ AUMENTANDO CONSIDERABLEMENTE.
6º- SE SE DERRITEN OS GLACIARES A AUGA VAI AUMENTAR O NIVEL DEL.
7º- CORTAR OS BOSQUES E QUEIMAR COMBUSTIBLES FAI QUE AUMENTE ESE GAS.
8º- AS INUNDACIÓNS, AS SECAS, AS ONDAS DE CALOR E OS CICLÓNS TROPICAIS SON ESE TIPO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS.
9º- NESE NÚMERO DE ANOS AUMENTOU O CALOR DA TERRA 0`7 º C.
10º- É O CONXUNTO DE GRANDES ALTERACIÓNS QUE SE PRODUCEN NO CLIMA DA TERRA E QUE FAN AUMENTAR A TEMPERATURA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario