martes, 20 de octubre de 2015

TEMA 5

Este é o último tema de Sociais que imos traballar antes de Nadal. Seguimos lendo e comprendendo o texto informativo que compón cada tema. Non fai falta que escribas tanto na casa. Con que leas as pistas e sepas completalas co libro diante é suficiente, porque estás aprendendo a encontrar a información a base de escoller o que les.  Na clase traballaremos sobre elas. Ti podes facer pistas doutra maneira, pero de momento me conformo con que estudes as miñas e traballes na clase.

Está pendente Eliana de expoñer as súas para que todos as podamos contestar, e comprobar que están ben elaboradas.Non vale copiar, teñen que ser feitas orixinais por vós a partir do texto do libro.



PISTAS

PÁX 72-73

1º- ÉSPAÑA É UN ESTADO DEMOCRÁTICO DESE CONTINENTE.

2º- ESA É A LEI FUNDAMENTAL DO ESTADO ESPAÑOL.

3º- ELAS TEÑEN O DEREITO DE EXPRESARSE CON LIBERTADE.

4º- ASÍ SOMOS TODOS ANTE A LEI.

5º- NEL RESIDE O PODER.

6º- ASÍ ESCOLLEMOS A OS NOSOS REPRESENTANTES.

7º- NESE ANO FILIPE VI SUCEDEU A XOAN CARLOS I.

8º- ESA É A OBRIGA DO ESTADO SOCIAL.

9º- POR ESE ESTADO OS GOBERNANTES DEBEN RESPECTAR A LEI IGUAL CA OS OUTROS CIDADÁNS.

10º- ASÍ É A MONARQUÍA EN ESPAÑA.


1º- ELES SON OS SÍMBOLOS DE ESPAÑA.

2º- ESE ANO OS ESPAÑOIS VOTARON A CONSTITUCIÓN.

3º- É O NÚMERO DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS EN QUE ESTÁ DIVIDIDO O TERRITORIO ESPAÑOL.

4º- ESE CARGO TRASMÍTESE DE PAIS A FILLOS.

5º- É A PRIMEIRA DAS PRINCIPAIS FUNCIÓNS DO REI.

6º- ESE É O NÚMERO DE CARTEIS DE DEREITOS.

7º- ESE É O NÚMERO DE CARTEIS DE LIBERDADES.

8º- ESE É O NÚMERO DE CARTEIS DE DEBERES.

9º- CON EL O POBO ESCOLLE A OS SEUS REPRESENTANTES.

10º- ESO SON OS PARTIDOS POLÍTICOS.


PÁX 74-75

1º- É O NÚMERO DE PODERES DO ESTADO ESPAÑOL.

2º- ESE PODER DEBE SER INDEPENDENTE DOS OUTROS DOUS.

3º- O PARLAMENTO EXERCE ESE PODER.

4º- ELAS ESTÁN FORMADAS POLO CONGRESO E O SENADO.

5º- EL CONSTA DE DOUSCENTOS SESENTA E SEIS MEMBROS.

6º- EL CONSTA DE TRESCENTOS CINCUENTA MEMBROS.

7º-OS MEMBROS DO CONGRESO CHÁMANSE ASÍ..

8º- OS MEMBROS DO SENADO CHÁMANSE ASÍ.

9º- É A PRIMEIRA FUNCIÓN DO PARLAMENTO.

10º- É A SEGUNDA FUNCIÓN DO PARLAMENTO.



1º- É A TERCEIRA FUNCIÓN DO PARLAMENTO.

2º- EL EXERCE O PODER EXECUTIVO.

3º- EL É ESCOLLIDO POLO CONGRESO DOS DEPUTADOS.

4º- SON ESCOLLIDOS POLO PRESIDENTE DO GOBERNOS PARA AXUDARLLE A GOBERNAR.

5º- É O PODER QUE EXERCEN OS XUÍCES E MAXISTRADOS.

6º- ALÍ EXERCEN O SEU PODER OS XUICES E MAXISTRADOS.

7º- É A PRIMEIRA FUNCIÓN DO PODER XUDICIAL.

8º- É A SEGUNDA FUNCIÓN QUE DEBE EXERCER O PODER XUDICIAL.

9º- CADA UN ESTÁ DIRIXIDO POR UN XUÍZ.

10º- SON OS DOUS TRIBUNAIS MÁIS IMPORTANTES.


PÁX 76-77


1º- É O TÍTULO DESTAS DÚAS PÁXINAS.

2º- AS PROVINCIAS E MUNICIPIOS SON DIVISIÓNS TERRITORIAIS MÁIS ANTIGAS CA ELAS.

3º- ESO SON CEUTA E MELILLA.

4º- É A ÚNICA COMUNIDADE AUTÓNOMA CON DÚAS CAPITAIS.

5º- OS CIDADÁNS DE CADA COMUNIDADE AUTÓNOMA APROBÁRONO MEDIANTE VOTACIÓN.

6º- ASÍ SE CHAMAN OS ASPECTOS SOBRE OS QUE  A COMUNIDADE AUTÓNOMA PODE LEXISLAR E GOBERNAR.

7º- A SÚA FUNCIÓN PRINCIPAL É ELABORAR AS LEIS QUE SE APLICAN NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

8º- ESTÁ FORMADO POLO PRESIDENTE E VARIOS CONSELLEIROS.

9º- É UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE TEN OITO PROVINCIAS E DOUS MARES.

10º- É A COMUNIDADE QUE ESTÁ SITUADA A O NORTE DE PORTUGAL.



1º- É A PROVINCIA SUR DE ESTREMADURA.

2º- ESTÁ BAÑADA POLO MEDITERRÁNEO E SÓ TEN UNHA PROVINCIA.

3º- É UN ARQUIPÉLAGO MEDITERRÁNEO.

4º- É UN ARQUIPÉLAGO ATLÁNTICO.

5º- ESTÁ SITUADA NO CENTRO PENINSULAR E SÓ TEN UNHA PROVINCIA.

6º- É A CAPITAL DE ASTURIAS.

7º- SON AS PORVINCIAS DE ARAGÓN.

8º- É A PROVINCIA CATALANA QUE NON TEN MAR.

9º- É A PROVINCIA GALEGA QUE NON TEN MAR.

10º- OURENSE LIMITA CON ESAS DÚAS PROVINCIAS CASTELÁS.


PÁX 78-79

1º- É O NÚMERO DE PAÍSES QUE COMPOÑEN A UNIÓN EUROPEA.

2º- FUNDÁRONA SEIS PAÍSES NO ANO 1957.

3º- NESE ANO ESPAÑA ENTROU A FORMAR PARTE DA UE.

4º- NESE ANO O EURO EMPEZOU A SER A ÚNICA MOEDA COMÚN.

5º- ASÍ DEBE SER O CRECIMENTO ECONÓMICO NA UNIÓN EUROPEA.

6º- ASÍ DEBE SER O PROGRESO QUE PROMOVE A UNIÓN EUROPEA.

7º- CONTRA ESO DEBE LOITAR A UNIÓN EUROPEA.

8º- ESO DEBE PROMOVER E DEFENDER A UNIÓN EUROPEA.

9º- EL DEBATE E APROBA AS LEIS E OS ORZAMENTOS DA UE.

10º- TEN 28 MEMBROS E GARANTE O CUMPLIMENTO DAS LEIS E TRATADOS DA UE.





1º- SON AS CATRO PRINCIPAIS INSTITUCIÓNS DA UE.

2º- É O NÚMERO DE MEMBROS DO PARLAMENTO EUROPEO.

3º- SON OS SEIS ESTADOS FUNDADORES.

4º- ENTRARON A FORMAR PARTE NO ANO 1973.

5º- ENTRARON NO 2007 ESES PAÍSES.

6º- NESE ANO ENTROU SUECIA NA UE.

7º- NO ANO 1990 ENTROU TAMÉN A FORMAR PARTE.

8º- ESO SON BRUSELAS, LUXEMBURGO E ESTRASBURGO.

9º- LITUANIA ENTROU A FORMAR PARTE DA UE NESE ANO.

10º- ENTROU A FORMAR PARTE NO ANO 1981.


PÁX 80-81

1º- A TARXETA SANITARIA EUROPEA PERMÍTENOS ISO.

2º- ALÍ ESTÁN RECOLLIDOS OS DEREITOS SOCIAIS QUE DISFRUTAMOS OS CIDADÁNS DE UE.

3º- PODEMOS COMPRAR PRODUTOS DA UE SIN PAGAR ESES IMPOSTOS.

4º- OS PRODUTOS ELABORADOS NA UE TEÑEN ESA GARANTÍA.

5º- ASÍ SE CHAMA O DEFENSOR DO POBO EUROPEO.

6º- PODEMOS FACER CHEGAR ALÍ UNHA PETICIÓN INDIVIDUALMENTE OU CON OUTRAS PERSOAS.

7º- AS ZONAS RURAIS PODEN RECIBIR ESE TIPO DE AXUDAS DA UE.

8º- A CIDADANÍA EUROPEA GÓZANA CALQUERA DESAS PERSOAS.

9º- AS PERSOAS, OS BENS , OS SERVIZOS E OS CAPITAIS PODEN FACER ESO NA UE.

10º- SON OS QUE PODEN PRESENTARSE NAS ELECCIÓN DE CALQUERA MUNICIPIO DA UE.



Acabáronse as miñas pistas. A ver quen é de saír voluntario a dicilas todas, ou parte delas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario