martes, 12 de diciembre de 2017

PREGUNTAS DIRECTAS SOCIAIS

Xa sabes que a resposta a esta actividade son dez parellas. Emparellamos as preguntas coas respostas escribindo un par ( número, letra). Se fas os dez pares ben feitos... acertaches, e terás un 10.

Non sei se será posible sacar 9 nesta proba...


1º-CAL É O PLANETA QUE ESTÁ MÁIS CERCA DO SOL?


2º- COMO SE CHAMA O ANO QUE TEN 366 DÍAS?


3º- COMO SE LLE CHAMA AO TEMPO QUE TARDA A TERRA EN DAR UNHA VOLTA ARREDOR DO SOL?


4º- COMO SE LLE CHAMA Á ESFERA QUE REPRESENTA TODA A TERRA?


5º- CALES SON AS TRES CLASES DE MAPAS?


6º- CALES SON OS TRES ELEMENTOS NATURAIS DA PAISAXE?


7º- COMO SE CHAMA A CAPA GASOSA QUE ENVOLVE Á TERRA?


8º- CALES SON OS CATRO ELEMENTOS DUN MAPA?


9º- COMO SE CHAMA A ESTACIÓN DO ANO QUE EMPEZARÁ O 21 DE DECEMBRO?


10º- COMO SE CHAMA O PASO DE SÓLIDO A LÍQUIDO?



RESPOSTAS

a) GLOBO TERRÁQUEO

b) RELEVO, VEXETACIÓN, AUGA

c) ATMOSFERA

d) FUSIÓN

e) TÍTULO, ORIENTACIÓN, ESCALA, LENDA

f) INVERNO

g) BISESTO

h) FÍSICO, POLÍTICO, TEMÁTICO

i) MERCURIO

l) ANO


Como serían os  10 pares da resposta?


No hay comentarios:

Publicar un comentario