Imos facer unha nova actividade empregando a información que xa coñeces, pero cambiando a forma de presentala. En vez de dar unha información para que se complete con outra, que debe ser unha soa palabra, faremos preguntas directas. En galego as preguntas directas se formulan con pronomes interrogativos que non se acentúan, cerrando a oración cun signo de interrogación.
A ver se eres capaz de contestar estas dez preguntas directas de Naturais...
1º- COMO SE CHAMA O CONXUNTO DA ALIMENTOS QUE TOMAMOS NUN DÍA?
2º- CALES SON OS TRES TIPOS DE ALIMENTOS SEGUNDO A SÚA ORIXE?
3º- QUE SE UNEN NAS ARTICULACIÓNS?
4º- CALES SON OS TRES TIPOS DE ARTICULACIÓNS?
5º- QUE CLASE DE ENFERMIDADES PROVOCAN OS VIRUS E AS BACTERIAS?
6º- COMO SE CHAMAN ESAS SUBSTANCIAS QUE ESTÁN NOS ALIMENTOS E NOS PROPORCIONAN A ENERXÍA QUE NECESITAMOS?
7º- QUE APERITIVOS APORTAN SO GRAXAS DE MALA CALIDADE?
8º- COMO SE CHAMAN OS ALIMENTOS QUE PROCEDEN DO LEITE?
9º- CAL É A ARTICULACIÓN QUE UNE A PERNA COA COXA?
10º- CAL É A ETAPA DA VIDA DAS PERSOAS QUE SEGUE A INFANCIA?
Como é a primeira vez que facemos esto, vamos a dar facilidades, ou a lialo máis...
Relaciona as preguntas con estas respostas en forma de pares: ( número, letra)
a) LÁCTEOS
b) NUTRIENTES
c) DE BOLSA
d) DIETA
e) ADOLESCENCIA
f) ÓSOS
g) ANIMAL, VEXETAL, MINERAL
h) XEONLLO
i) CONTAXIOSAS
l)FIXAS, MÓBILES, SEMIMÓBILES
Busca os erros na miña resposta...
(1,d) (2,g) (3,f) (4,l) (5,i) (6,b) (7,c) (8,a) (9,h) (10,e)
No hay comentarios:
Publicar un comentario