CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA
PÁGINA FACEBOOK
HOMENAXE A ANGEL BARJA
Con este concerto, o Conservatorio Superior de Música de Vigo, quere unirse aos actos que, durante este ano 2017, conmemoran o trixésimo aniversario do pasamento de Ángel Barja, sen dúbida, un dos grandes compositores galegos da segunda metade do século XX, non sempre adecuadamente recoñecido. Quizais dúas circunstancias teñan condicionado esta falta de atención: o ter abandonado Galicia sendo un neno de tan só doce anos e a súa prematura morte cando aínda non cumprira os cincuenta. Sen embargo, iso non impide que o seu labor como compositor, director e docente, sexa moi apreciado por aqueles que coñecen a súa obra e a súa traxectoria vital.
O seu catálogo conforma un corpus importante, tanto en número como en calidade, froito dunha ampla formación ao longo de toda a súa vida, pois Barja nunca deixou de interesarse polas novidades que no campo compositivo tiñan lugar, non só en España, senón en toda Europa. Un interés que o levou a viaxar e a formarse en Italia (Roma, Venecia, Milán), Suíza, Alemaña ou Austria, ata o seu recalar en León, donde ademais de compositor e docente, desenvolveu unha importante labor como dinamizador e organizador da vida musical da cidade.
INTERPRETES
PIANO
Rasa Biveiniene Jakutyte
CUARTETO DE CORDA
Violín I: Mario Peris
Violín II: Andrea Rubio
Viola: Javier Escobar
Violoncello: Iratxe Paredes
CORO DO CSMVIGO
Director: Toni Cantal
PROGRAMA
A determinar
No hay comentarios:
Publicar un comentario