Unha cidade, construída e adaptada ao terreo. Un enclave estratéxico, con dominio visual en todo a súa contorna. Camiñamos de xeito pausado, con destino ao "Castro de San Millán", situado na parroquia de "San Millao" do concello de Cualedro. Non é un castro famoso, nin moi coñecido (como o poden ser o de Lás) pero é importante. Unha fortaleza, con grandes muros de granito, algunhas pedras de considerables dimensións e moitas labradas.
Con máis de 2.500 anos de antigüidade, o castro da Saceda é un dos mellor conservados de toda a provincia de Ourense. Trátase do xacemento arqueolóxico de maior transcendencia da comarca de Monterrei e o único de Galicia que dispón da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC).
Historiadores como Antonio Rodríguez Colmenero teñen verificado durante as últimas décadas a transcendencia destes vestixios arqueolóxicos. "Aínda hai pouco tempo se descubriron dous novos petroglifos que temos que estudar e avaliar", informa o rexedor de Cualedro. Durante os últimos anos o consistorio ten presentado diversos proxectos de dinamización á Xunta e ao Ministerio e, coa axuda dalgunhas subvencións, colocou "tres monolitos" en lugares estratéxicos do municipio que fan referencia a tres lendas da zona. "Dispoñen dun código para que os visitantes poidan acceder a través do móvil e descargar as rutas turísticas e un plano dos recursos patrimonios e culturais dos que dispomos", conclúe Rivero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario