martes, 15 de marzo de 2016

NATURAIS - 6

PÁX 98- 99

1º- CON ELA ESTÁN FEITAS TODAS AS COUSAS E OS SERES VIVOS.

2º- UNHA SUBSTANCIA É ESO.

3º- PARA EXPRESAR A MASA DUN CORPO UTILIZAMOS ESA MEDIDA.

4º- A CANTIDADE DE ESPAZO QUE OCUPA UN OBXECTO CHAMÁMOSLLE ASÍ.

5º- A CAPACIDADE É O VOLUME DELES.

6º- A MEDIDA QUE SE EMPREGA PARA O VOLUME É ESA.

7º- A RELACIÓN QUE HAI ENTRE A MASA E O VOLUME DUN OBXECTO CHÁMASE ASÍ.

8º- AS TRES BÓLAS QUE VEMOS NOS DEBUXOS SON DE MADEIRA, CORTIZA E ESE OUTRO MATERIAL.

9º- A SUBSTANCIA QUE FORMA O BOLÍGRAFO E A QUE FORMA O CADERNO SON ASÍ.

10º- ESO LLE VAI PASAR A UN OBXECTO QUE TEN MENOS DENSIDADE QUE A DO LÍQUIDO ONDE O COLOCAMOS.



PÁX 100- 101

1º- AS TRES FORMAS EN QUE SE PODE PRESENTAR A MATERIA SE LLE CHAMA ASÍ.

2º- ELES TEÑEN VOLUME INVARIABLE E FORMA FIXA.

3º- ELES TEÑEN VOLUME INVARIABLE PERO PODEN CAMBIAR DE FORMA.

4º- ELES TEÑEN FORMA E VOLUME VARIABLES DEPENDENDO DO RECIPIENTE ONDE SE ENCONTRAN.

5º- O PASO DE SÓLIDO A LÍQUIDO CHÁMASE ASÍ.
6º- O PASO DE LÍQUIDO A SÓLIDO CHÁMASE ASÍ.

7º- O PASO DE LÍQUIDO A GAS CHÁMASE ASÍ.

8º- O PASO DE GAS A LÍQUIDO CHÁMASE ASÍ.

9º- CANDO UNHA SUBSTANCIA SE FUNDO ESO LLE PASOU A TEMPERATURA.

10º- AS SUBSTANCIAS DA MAZÁ DA FOTO REACCIONARON CON EL E POR ESO SE OSCURECEU A POLPA.


PÁX 102 - 103

1º- A LA, O CARBÓN, O ALGODÓN E A MADEIRA SON SUBSTANCIAS DESA CLASE.

2º- O PAPEL, O VIDRO, O PLÁSTICO E O ACEIRO SON SUBSTANCIAS DESE TIPO.

3º- PARA DISTINGUIR UNS MATERIAIS DOS OUTROS DEBEMOS FIXARNOS NELAS.

4º- A PANTALLA DUN MÓBIL TEN ESA PROPIEDADE.

5º- O VIDRO DUNHA VENTÁ TEN ESA PROPIEDADE.

6º- O MATERIAL DUNHA TIXOLA PERMITE O PASO DELA.

7º- É A CAPACIDADE DUN MATERIAL QUE LLE PERMITE DISOLVERSE NOUTRO.

8º- É O MATERIAL QUE VEN NA FOTO COMO EXEMPLO DE DUREZA.

9º- O MATERIAL CO QUE ESTÁ FEITO O TRAXE DEL É ELÁSTICO, IMPERMEABLE E BO ILLANTE TÉRMICO.

10º- OBTENSE DA MADEIRA DAS ÁRBORES E CON ELA SE FABRICA O PAPEL.


PÁX 104- 105

1º- ELA PRODUCE CAMBIOS NA MATERIA OU NOS PERMITE REALIZAR TRABALLOS.

2º- ELAS UTILIZAN A ENERXÍA DO SOL PARA FABRICAR O SEU ALIMENTO.

3º- DELES OBTEMOS A ENERXÍA QUE NOS PERMITE MEDRAR, FACER DEPORTE, ESTUDAR E XOGAR.

4º- NELA UTILÍZASE A ENERXÍA PARA OBTER PRODUTOS ELABORADOS PA PARTIR DAS MATERIAS PRIMAS.

5º- EL É A NOSA PRINCIPAL FONTE DE ENERXÍA.

6º- O SOL, A AUGA, O VENTO SON ESE TIPO DE FONTES DE ENERXÍA.

7º- É A ENERXÍA QUE RECORRE OS CABLES DA INSTALACIÓN ELÉCTRICA.

8º- É A ENERXÍA QUE SE OBTÉN A PARTIR DO URANIO.

9º- É A ENERXÍA QUE TEÑEN OS CORPOS EN MOVEMENTO.

10º- A ENERXÍA TÉRMICA TAMÉN SE LLE CHAMA ASÍ.


PÁX 106 - 107

1º- CANDO SE PRODUCEN CAMBIOS NO MOVEMENTO DOS OBXECTOS É QUE ESTÁ ACTUANDO ELA.

2º- AS FORZAS PODEN MOVER OBXECTOS, DETELOS OU TAMÉN ESO.

3º- NESE DEPORTE DA FOTO A LANZADORA SALTA COA PELOTA NA MAN.

4º- ESE É O DEPORTE QUE PRACTICA O HOME QUE CONDUCE UNHA MOTO INCLINÁNDOSE NA CURVA.

5º- CANDO O TENISTA GOLPEE A PELOTA DE TENIS QUE VEN DO OUTRO LADO ESO LLE VAI A PASAR A DIRECCIÓN E A VELOCIDADE QUE LEVA ESE MOVEMENTO.

6º- ESE É O MATERIAL QUE MANEXA O OLEIRO COAS MANS PARA DARLLE FORMA.

7º- OS PILARES E MAIS ELAS FORMAN PARTE DA ESTRUTURA.

8º- O FORMIGÓN E O ACEIRO TEÑEN ESA CUALIDADE.

9º- A PONTE FORMADA POR ELES É MÁIS ESTABLE E RESISTENTE.

10º- É A PARTE DUNHA CONSTRUCIÓN QUE SIRVE DE SOSTÉN E NON ESTÁ Á VISTA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario