PANDEIRADA DO MUIÑO
Marica foi ó muiño
levar un saco de pane
e no medio do camiño
atópouse cun veciño
que ten fama de larchane.
AILALALALÁ ...
Canto tardou en moere
non volo poido dicire
soio que dixo ó Tadeo
o raio do tarabelo
non paraba de moere.
AILALALALÁ ...
Dende entón xa non volveu
marica polo muíño
nin tampouco apareceu
inda rogándolle ó ceo
o larchán do seu veciño.
AILALALALÁ ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario