RÍO TÍPICO MEDITERRÁNEO
O río T..... é un río de
características acusadamente mediterráneas porque as diferencias de
caudal son moi importantes. Cando é primavera , e as neves dos
cumios dos M...... U....... se converten en auga líquida , ou
outono , coas tormentas e chuvias, os barrancos e torrenteiras
vérten no río, provocando enchentas. Pero cando no verán non
chove nin hai neves nos cumios, entón os barrancos están secos e o
río de tipo mediterráneo leva pouca auga. Por eso decimos que é
de caudal irregular e con estiaxe. Cando un curso de auga seca no
verán chámase torrente.
Este río nace, como outros ríos
importantes que tamén estudamos, no S...... I........., nun
conxunto montañoso chamado M....... U.......... , con picos que casi
alcanzan os dous mil metros de altura, e que separan Aragón de
Castela e León, e abarca terras das provincias de T..........,
C.......... e G............ . Tamén nacen alí o T.......... e o
X.............. e un afluente importante do X........... que se chama
C.............. . As rochas que forman estas montañas son calcáreas e disólvense na auga polo que o solo forma cavernas ou dolinas.
Cando nace , nos Montes Universais,
non se chama T.......... , senón que recibe o nome de Guadalaviar,
que lle deron os árabes, e que significa río blanco, pola cor das
augas calizas. Pero cando chega a T............ recibe un afluente
chamado Alfambra, palabra árabe que significa colorado, e a partir
da capital , o río recibe o nome de Turia. Se ves no mapa
encontrarás facilmente o punto onde o Guadalaviar se une co Alfambra e entón sabes onde se encontra a cidade de Teruel.
No curso alto o río vai
encaixonado nas rochas e non se aproveita. Pero cando chega a
provincia de Valencia as augas regan doce mil hectáreas de terras
chamadas Campo de Turia e Huerta Valenciana. Son terras densamente
poboadas, con importantes industrias relacionadas coa agricultura e
as fábricas de conserva. Pero tamén existe un
P..........N.......... de carácter urbano co que se pretende protexer
e conservar a riqueza natural nos quince concellos valencianos que abarca, incluida a propia cidade de Valencia.
Quedou para o recordo dos
valencianos a crecida que experimentou o T........ o catorce de
outubro do ano 1957, e que se chamou a Gran Riada de Valencia , na
que se chegaron a medir tres mil setecentos m....... c.......... en
cada s........... . Causou tanta catástrofe que decidiron desviar o
río fóra da cidade facendo un cauce artificial, que leva auga
somentes cando hai enchentas, porque as augas do Turia empréganse no
regadío da Vega de Valencia. A Cidade das Artes e das Ciencias
construiuse sobre o leito vello do río, e tamén os Xardíns do
Turia, así como paseos e monumentos, campos para patinar e facer
deportes, etc. En resumen, cando chega a
provincia de V............. o río T.........., desaparece para
converterse en canles, acequias, hortas, xardíns e un gran parque
urbano.
BUSCA NO MAPA DE ONTE O RÍO TURIA. COLOREA O TRAMO QUE SE CHAMA GUADALIMAR DE COR AMARELA, O AFLUENTE ALFAMBRA DE ROXO E O TURIA PROPIAMENTE DITO DE VERDE. SINALA A CIDADE DE TERUEL NO PUNTO ONDE SE XUNTAN O GUADALAVIAR E O ALFAMBRA. SINALA TAMÉN VALENCIA NA SÚA DESEMBOCADURA. E FAI UNHA CURVA QUE ENCERRE O NACEMENTO DOS RÍOS QUE SE ORIXINAN NOS MONTES UNIVERSAIS.
...................................................................................................................................................................
*Hoxe dinvos un mapa para poñer nota. O río Turia é un auténtico misterio nos vosos mapas polo que decidín facer este texto. Espero que dende este momento, que o fas, xa non teñas dúbida de onde está o Turia, onde nace, onde desemboca, onde están as dúas capitais de provincia polas que pasa. E tamén onde están os Montes Universais, que é ese sitio común ao nacemento do Texo, Turia, Xúcar, Cabriel. Mañá veremos cantos negativos merecedes por cada río mal situado. Non vou dicir quen estivo falando como metralletas, quen non atendeu que fala e fala do que non interesa... todos o sabemos. Pero na pizarra están postos os ríos e as cores que había que empregar en cada un; mañá veredes como aínda hai xente que non se entera de nada. Pero M.Q. pintou de amarelo o Tormes, que como o Turia empeza por T, pero non está no mesmo sitio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario