miércoles, 6 de noviembre de 2013

CONCURSO DE POESÍA

         XA FALAMOS DO FESTIVAL DE NADAL. SE A IDEA VAI PARA ADIANTE FAREMOS COMO DIXEMOS. TODO SERÁ RÁPIDO E BEN FEITO POLO QUE DEBEMOS EMPEZAR XA A TRABALLAR PARA QUE NON SE XUNTE TODO CARA AO FINAL, CANDO ANDAMOS ASUSTADOS POLAS NOTAS DA AVALIACIÓN DE NADAL.

      IMOS IR PENSANDO NAS ESTROFAS PARA ACOMPAÑAR AS IMAXES DA HISTORIA DO NACEMENTO DO NENO XESÚS. E SE VOS OCORREN IDEAS ESTUPENDAS E RECITADES BEN AS ESTROFAS TAMÉN SE PODE TER EN CONTA DE CARA ÁS NOTAS.

     A ESTRUTURA DO POEMA SERÁ ASÍ:

1º- A VIRXE E O ANXO ESTÁN FALANDO NA CASA DE MARÍA.

2º- MARÍA, XOSÉ E A BURRA VAN DE VIAXE A BELÉN.

3º- A VIAXE É MOI LONGA PORQUE ELES VIVEN EN GALILEA.

4º- OS TRES BUSCAN ONDE PASALA NOITE, PERO NON ENCONTRAN.

5º- CHEGA O NENO XESÚS CANDO ESTÁN NO PESEBRE.

6º- A FAMILIA ESTÁ FELIZ E ACOLLEN ÁS VISITAS HUMILDES.

7º- TAMÉN VEN XENTE IMPORTANTE TRAENDO REGALOS VALIOSOS.

8º- TODOS MIRAN PARA O NENO PORQUE É BONITO E CALADIÑO.

9º- DENDE OS ANIMAIS ATA OS REIS TODOS LLE QUEDAN BEN A O PORTAL DE BELÉN.


SERÁN ENTÓN, POLO MENOS, NOVE ESTROFAS DE CATRO VERSOS DE OITO SÍLABAS.


POR EXEMPLO:

ESTABA UNHA NENA GUAPA
TAN TRANQUILA NA SÚA CASA
E APARECE, DE REPENTE,
O SEU ANXIÑO DA GARDA.

ELA PON MOITA ATENCIÓN
POIS É COUSA DE IMPORTANCIA
QUE ELA DIGA SÍ OU NON
Á PREGUNTA QUE LLE FAGAN.

ACONTECEU NAQUEL TEMPO
UN MANDATO RELEVANTE:
TODOS TIÑAN QUE MARCHAR
A BELÉN PARA CENSARSE.

XA MARCHAN TODOS CONTENTOS
MARÍA, XOSÉ E A BURRA
POR CAMIÑOS, POR CARREIROS,
BAIXANDO E SUBINDO ALTURAS.

LONGA SE FAI A VIAXE
E NON PERDEN O SORRISO
SABEN QUE TODO SAIRÁ
COMA O ANXIÑO LLE DIXO.

-CHEGAMOS DA GALILEA
QUE ESTÁ NO NORTE DA PATRIA
SE TEÑEN SITIO QUEREMOS
DESCANSAR SEN MÁIS TARDANZA.

-POR BELÉN NON QUEDA SITIO
NIN PARA UNHA AGULLA DELGADA,
TEREDES QUE CONFORMARVOS
CUN RECANTIÑO ENTRE AS PALLAS.

ALÍ NACEU O RAPAZ
TODO CHEÍÑO DE GRAZA.
 A VIRXE TENO NO COLO
QUENTIÑO COMA UNHA BRASA.

ALÁ CHEGAN OS PASTORES
A VER O QUE PRECISABAN
E QUEDAN TODOS FELICES:
XOSÉ XA LLE  FIXO A CAMA!

TAMÉN VEÑEN OS TRES REISES
DO CONFÍN DA MAURITANIA
TRAENDO FINOS PRESENTES
QUE OFRECEN CON MOITA GANA.

ALÁ ESTÁN TODOS XUNTIÑOS
MÁIS CONTENTOS CA UNHAS PASCUAS
TODOS CABEN NO RECANTO
E AÍNDA SOBRA PARA UNHA VACA.

VÉMOLOS TODOS MEZCLADOS
REISES, PASTORES E CABRAS
 NENO, MARÍA E XOSÉ
NUNHA FELIZ ALBORADA.



ANÍMATE, INVENTA, MIRA ÁS IMAXES SEN SON E VERÁS COMO OS DEBUXOS SON MOI MOTIVADORES.

LEMBRA O DITO : "DE POETAS Y DE LOCOS, TODOS TENEMOS UN POCO".




IMAXES PARA RECITAR













No hay comentarios:

Publicar un comentario