miércoles, 2 de diciembre de 2015

LA REPRODUCCIÓN

En este bonito video encontrarás un mensaje muy poético y alegórico de cómo aparecen nuevos seres vivos en cada especie,

LAS NUBES

SUXEITOS PERDIDOS SOCIAIS 1-2-3-4

QUEN OU QUE?   

1º- Son agrupacións de estrelas e no Universo hai milleiros de millóns delas.

2º- Ocurriu fai catorce mil millóns de anos e orixinou o Universo.

3º- Son instrumentos ópticos que empregan os astrónomos para estudar os corpos celestes.

4º- Está formado por unha estrela central e oito planetas.

5º- É a capa máis interna da Terra.

6º- É unha fracción que ten no numerador a medida do mapa, e no denominador a medida do terreo.

7º- É o clima que se da na maior parte do territorio europeo.

8º- É a vexetación rica e variada grazas a abundancia e regularidade das chuvias.

9º- É o número de habitantes por quilómetro cadrado.

10º- É o número de persoas que viven nun territorio.



-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1º- Ten un territorio de 505.968 quilómetros cadrados.

2º- É  de 93,4 habitantes por cada quilómetro cadrado en España.

3º- Está formada polos españois que marcharon para América Latina ou outras partes de Europa.

4º- Está formada por o número de persoas que morren nun lugar durante un ano.

5º- É a conta que hai que facer para averiaguar o crecemento real.

6º- Chámase así a o abandono das aldeas e poboacións rurais.

7º- Así se chaman a latitude, a distancia ao mar e adisposición do relevo.

8º- Así se chama a cada porción de superficie terrestre comprendida entre dous meridianos que están separados 15 graos.

9º- É o que divide a esfera terrestre en hemisferio norte e sur.

10º- É a teoría que considera que a Terra e os demáis planetas xiran arredor do Sol.



jueves, 26 de noviembre de 2015

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN 6

UN FROITO GALEGO E MILENARIO

HISTORIA

OS SOUTOS

MICORRIZACIÓN



Investiga na túa familia, na túa aldea. Estamos na ruta europea da castaña. Os montes dos arredores conservan soutos centenarios.As familias van aos montes cunha cestiña e recollen as castañas para vender e consumir, todos os anos, cando empeza o outono. Antigamente no canizo que se situaba no alto da lareira, as castañas quedaban pilongas, é dicir, secas, para conservalas e comelas durante  todo o ano.

Existen varias especies, unhas adecuadas para asar, e outras mellor para cocer. Algunhas son moi grandes, outras máis pequenas, de cor máis ou menos intenso, unhas son tardías e outras tempranas.

Son recollidas a man, unha por unha,  desde sempre , aínda que se van inventando máquinas que facilitan a colleita.

O castiñeiro é unha árbore de moito valor. Non só polas castañas, tamén pola súa madeira. Cos seus troncos fixéronse as traves e armazóns dos tellados que suxeitan as tellas , as galerías acristaladas, corredores...Tamén se fan mobles de moita categoría, esculturas, etc. Incluso é combustible que arde lento e produce moitas calorías , sen afumar nas lareiras. Pero non hai que olvidar que é unha árbore típicamente atlántica, de folla caduca, que purifica o aire.

Os cogumelos, os nízcalos ,ou boletus medran á beira deles, cruzándose coas raíces do castiñeiro, o que beneficia aos dous. A xente colle as castañas e tamén cogumelos porque veñen xuntos, na mesma estación, a primeiros de outono, coas primeiras chuvias.

Pero o castiñeiro tamém ten inimigos.Os incendios, as plagas, o abandono...

Investiga e verás como existe un patrimonio que chegou a hoxe grazas as xentes humildes das aldeas, que souberon coidar das árbores que lles facilitaron a vida. Xa os nomes dos soutos son fermosos, as receitas de cociña que se fan coas castañas, pratos doces ou salgados, purés, etc. As viaxes que fan as castañas galegas por todo o mundo son un misterio.

E xa sabes que os portugueses fanas moi ricas na festa dos Santos, en Chaves, asadas con sal, neses asadeiros tan enxebres.

Investiga para facer o teu texto ben estruturado en parágrafos, empregando maiúsculas, acentos, signos de puntuación, expresando con claridade as ideas máis interesantes para ti. Escolle un asunto relacionado co tema e trátalo nun parágrafo construindo oracións sinxelas, curtas, sen confusións. Cando se terminen as ideas relacionadas con ese asunto, cambias de parágrafo e de asunto.

Podes axudarte dun guion formado por varios puntos. Cada asunto é unha idea que explicas en oracións curtas que formarán un parágrafo, varios parágrafos compoñen o teu texto.

GUION:

* OS SOUTOS
* OS CASTIÑEIROS
* AS CASTAÑAS
*A MADEIRA
*COMERCIALIZACIÓN
* AS RECEITAS
* AS ENFERMIDADES DO CASTAÑO
* OS COIDADOS DO CASTIÑEIROS
*
*

Unha cousa importante é que:
..." o froito do castiñeiro, a castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI.  Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas, denomináronas castañas mariñas, nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa industrialización..." Texto sacado do libro "O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.

EU TAMÉN XOGO CON VÓS- NATURAIS 1-2 ( VERBOS)

QUE FAI OU FAN?

PREGUNTAS DIRECTAS:

1º- QUE FAI O NÚCLEO DA CÉLULA?

2º- QUE FAN AS PLANTAS CO SEU ALIMENTO?

3º- QUE É O ÚNICO QUE FAN OS VIRUS?

4º- QUE FAI A PAREDE CELULAR?

5º- QUE FAI O OTORRINOLARINGÓLOGO?

6º- QUE FAI O SISTEMA NERVIOSO COA INFORMACIÓN QUE LLE MANDAN OS RECEPTORES SENSORIAIS?

7º- QUE DEBEMOS FACER COAS MANS ANTES E DESPOIS DE COMER?

8º- QUE LLE FACEMOS AO ESQUELETO GRAZAS A OS MÚSCULOS?

9º- QUE FAI O SISTEMA NERVIOSO CON TODAS AS ACCIÓNS QUE REALIZAMOS?

10º- QUE FAI O ESQUELETO COS ÓRGANOS INTERNOS?


Agora a ver se eres capaz de converter esas preguntas directas en pistas , e en oracións. Non fai falta que o escribas. É suficiente con que sepas pensalas e dicilas.