* NON HAI QUE ESCRIBIR NADA.
* SÓ LER E CONTESTAR CONSULTANDO O LIBRO.
PREGUNTAS DIRECTAS
NATURAIS TEMA 1
1º- CALES SON AS DÚAS CARACTERÍSTICAS QUE NOS DIFERENZAN DOS DEMAIS ANIMAIS?
2º- CALES SON AS TRES PARTES DO CORPO HUMANO?
3º- CALES SON AS TRES FUNCIÓNS VITAIS QUE REALIZAMOS COMO SERES VIVOS?
4º- COMO SE CHAMAN OS SERES QUE NON REALIZAN AS FUNCIÓNS VITAIS?
5º- COMO SE CHAMA O PROCESO MEDIANTE O CAL OS SERES VIVOS OBTEÑEN ENERXÍA E SUBSTANCIAS NECESARIAS PARA MEDRAR?
6º- COMO SE CHAMA A FUNCIÓN QUE NOS PERMITE CAPTAR O QUE ACONTECE AO NOSO ARREDOR E TOMAR AS DECISIÓNS AXEITADAS?
7º- QUEN LLES TRANSMITE AOS DESCENDENTES AS SÚAS CARACTERÍSTICAS?
8º- CALES SON AS CINCO ETAPAS DA VIDA?
9º- CALES SON OS CINCO SENTIDOS?
10º- CAL É O ÓRGANO DO SENTIDO DA VISTA?
11º- QUE FORMAN O CONXUNTO DE ÓSOS, ARTICULACIÓNS E CARTILAXES?
12º- CALES SON OS CATRO APARATOS QUE INTERVEÑEN NA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN?
13º-- COMO SE CHAMAN OS DOUS APARATOS REPRODUTORES?
14º- DE QUE APARATO FORMAN PARTE O SANGUE E O CORAZÓN?
15º- CAL APARATO SE ENCARGA DE RECOLLER O OSÍXENO DO AIRE?
16º- DE CAL APARATO FORMA PARTE O ESTÓMAGO?
17º- QUE ÓRGANO SE ENCARGA DE ENTENDER E ORGANIZAR A INFORMACIÓN QUE RECIBIMOS POLOS SENTIDOS?
18º- CON QUE SENTIDO DIFERENCIAMOS OS OLORES DAS COUSAS E DOS ALIMENTOS?
19º- QUE FUNCIÓN REALIZAN O CEREBRO, O APARATO LOCOMOTOR E OS SENTIDOS CONXUNTAMENTE?
20º-COMO SE CHAMAN AS PARTES DO CORPO QUE UNEN DOUS OU MÁIS ÓSOS?
21º- CALES SON AS TRES CLASES DE ARTICULACIÓNS?
22º- EN QUE PARTE IMPORTANTE DO ESQUELETO HAI ARTICULACIÓNS SEMIMÓBILES?
23º- COMO SE CHAMAN AS TRES ARTICULACIÓNS DAS EXTREMIDADES INFERIORES?
24º- COMO SE CHAMAN AS TRES ARTICULACIÓNS DAS EXTREMIDADES SUPERIORES?
25º- EN CAL ARTICULACIÓN SE UNEN OS ÓSOS DO BRAZO E DO ANTEBRAZO?
TEMA 2
1º- QUE SON OS ALIMENTOS?
2º- COMO PODEN SER OS ALIMENTOS POLA SÚA ORIXE?
3º- COMO SE CHAMAN AS SUBSTANCIAS QUE O NOSO CORPO NECESITA PARA FUNCIONAR?
4º- QUE NUTRIENTE FAVORECE O CRECEMENTO DO CORPO?
5º- QUE DOUS NUTRIENTES FAVORECEN O BO FUNCIONAMENTO DO CORPO?
6º- CALES NUTRIENTES NOS APORTAN MOITA ENERXÍA?
7º- QUE NUTRIENTE ENCONTRAMOS NA PASTA, NO ARROZ, NO PAN, ETC?
8º- CANTAS CLASES DE NUTRIENTES HAI?
9º- QUE ORIXE TEN A AUGA E O SAL?
10º- QUE ORIXE TEÑEN AS FROITAS E VERDURAS?
11º- QUE ORIXE TEÑEN OS OVOS, A CARNE, E OS MARISCOS?
12º- CALES TRES ALIMENTOS FORMAN O PRIMEIRO GRUPO?
13º- A QUE GRUPO DE ALIMENTOS PERTENCEN A COL E O BRÓCOLI?
14º- A QUE GRUPO DE ALIMENTOS PERTENCEN OS CÍTRICOS E AS FRESAS?
15º- QUE DOUS GRUPOS DE ALIMENTOS APORTAN AUGA, VITAMINAS, MINERAIS, FIBRA E AZUCRE?
16º- QUE ALIMENTOS FORMAN O GRUPO 4 DOS ALIMENTOS?
17º- QUE NUTRIENTE APORTAN OS ALIMENTOS DO GRUPO 5?
18º- QUE ALIMENTOS FORMAN O GRUPO NÚMERO 6?
19º- QUE CLASE DE FROITOS CONTEÑEN MOITOS NUTRIENTES?
20º- QUE É A DIETA?
21º- CALES SON AS CATRO COMIDAS QUE DEBEMOS REALIZAR CADA DÍA?
22º- QUE CONSUMO DEBEMOS FACER DOS ALIMENTOS QUE ESTÁN NA PARTE SUPERIOR DA PIRÁMIDE?
23º- CALES SON OS ALIMENTOS QUE ESTÁN NA PARTE SUPERIOR DA PIRÁMIDE?
24º- CANTAS PORCIÓNS DEBEMOS APORTAR DE ARROZ, PAN, PASTA , CEREAIS E PATACAS?
25º- CAL É A DIETA NA QUE PREDOMINAN AS FROITAS E VERDURAS FRESCAS SOBRE AS CARNES E GRAXAS?
TEMA 3
1º- COMO SE CHAMAN OS SINAIS QUE NOS AVISAN DE QUE ESTAMOS ENFERMANDO?
2º- CANDO DEBES BEBER MOITA AUGA, ZUMES E GARDAR CAMA?
3º- COMO SE CHAMAN OS DOUS TIPOS DE MICROBIOS QUE PRODUCEN ENFERMIDADES?
4º- QUE TEMOS QUE FACER PARA PREVIRNOS DAS ENFERMIDADES CONTAXIOSAS?
5º- QUE CLASE DE ENFERMIDADES SON A DIABETE E A MIOPÍA?
6º- CALES SON OS CATRO AVANCES IMPORTANTES DA MEDICINA?
7º- COMO SE CHAMAN AS SUBSTANCIAS QUE CURAN OU ALIVIAN AS ENFERMIDADES?
8º- QUE SUBSTANCIAS NON SON EFICACES PARA CURAR A GRIPE?
9º- CALES SON AS CINCO ENFERMIDADES MOI GRAVES E CONTAXIOSAS CONTRA AS QUE NOS DEBEMOS VACINAR?
10º- CAL FOI O PRIMEIRO ANTIBIÓTICO?
11º- CAL É A ENFERMIDADE QUE APARECE CANDO COMEMOS ALIMENTOS MOI DOCES E GRAXOS?
12º- CANDO É QUE DEBEMOS LAVAR AS MANS PRINCIPALMENTE ?
13º- QUE ÓRGANO IMPORTANTE SE RECUPERA MEDIANTE O SONO?
14º- QUE ACTIVIDADES NON CONVÉN REALIZAR PORQUE FATIGAN OS OLLOS, NON NOS MOVEMOS E NON NOS COMUNICAMOS COS DEMAIS?
15º- QUE ACTIVIDADE É BOA PARA A SAÚDE E PERMITE QUE FAGAS AMIGOS E AMIGAS?
16º- CANDO DEBES CEPILLAR OS DENTES?
17º- CANTAS HORAS DEBES DURMIR CADA DÍA?
18º- CALES SON AS TRES LESIÓNS MÁIS FRECUENTES?
19º- QUE DEBES FACER CANDO PRECISAS ALGUNHA COUSA QUE ESTÁ FÓRA DO TEU ALCANCE?
20º- A QUEN NON DEBES EMPURRAR CANDO SUBAS E BAIXES AS ESCALEIRAS?
21º- QUE COUSA DEBES LEVAR SEMPRE CANDO CIRCULES EN BICICLETA?
22º- QUE DEBES COMUNICAR AOS PROFESORES E PROFESORAS?
23º- EN QUE PARTE DA CASA DEBEMOS TER COIDADO COS APARATOS ELÉCTRICOS?
24º- EN QUE PARTE DA CASA DEBEMOS EMPREGAR ALFOMBRAS PARA EVITAR ESVARAR?
25º- QUE COUSA NON DEBES FACER CAS MOCHILAS?
TEMA 4
1º- QUE CLASE DE SERES SON OS ANIMAIS E AS PLANTAS?
2º- QUE SERES VIVOS SE REPRODUCEN A PARTIR DE OVOS, OU DO CORPO DA NAI?
3º- QUE SERES VIVOS FABRICAN O SEU ALIMENTO GRAZAS A LUZ DO SOL?
4º- MEDIANTE QUE FUNCIÓN OS SERES VIVOS RESPONDEN AOS CAMBIOS DA CONTORNA NA QUE VIVEN?
5º- CALES SON AS DÚAS CLASES DE SERES INERTES?
6º- QUE SEIS ACTIVIDADES REALIZAN OS SERES VIVOS?
7º- COMO SE CHAMAN AS CARACTERÍSTICAS QUE PERMITEN CLASIFICAR AOS SERES VIVOS?
8º- CALES SON OS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS?
9º- CALES SON AS TRES PARTES DUNHA PLANTA?
10º-COMO SE CLASIFICAN AS PLANTAS SEGÚN O SEU TALO?
11º- QUE CLASE DE PLANTAS SON A CERDEIRA E O TOMIÑO?
12º- QUE CLASE DE PLANTAS SON O FENTO E O MOFO?
13º- CAL É O PRIMEIRO CRITERIO DE CLASIFICACIÓN QUE SEGUIMOS NA PÁXINA 53?
14º- CAL É O SEGUNDO CRITERIO DE CLASIFICACIÓN QUE SEGUIMOS NA PÁXINA 53, SE AS PLANTAS TEÑEN FLORES?
15º- CAL É O SEGUNDO CRITERIO DE CLASIFICACIÓN QUE SEGUIMOS SE AS PLANTAS NON TEÑEN FLORES?
16º- CAL DAS PLANTAS DA PÁXINA 53 TEN COPA REDONDEADA CON FOLLAS DE BORDO SINUOSO?
17º- QUE FAN AS PLANTAS E OS INSECTOS?
18º- COMO SE CHAMA O LÍQUIDO QUE CIRCULA NAS PLANTAS DENDE AS RAÍCES ATA AS FOLLAS?
19º- EN QUE PARTE DA PLANTA SE FABRICA O ZUME ELABORADO?
20º- CALES SON AS CATRO PARTES DA FLOR?
21º- QUE PARTE DA FLOR SE TRANSFORMA NO FROITO?
22º- COMO SE CHAMAN AS PLANTAS QUE DECORAN AS CASAS E OS XARDÍNS?
23º- CAL É O PRIMEIRO COIDADO QUE DEBEMOS REALIZAR PARA CONSEGUIR UN BO CULTIVO?
24º- COMO SE CHAMAN ESES LUGARES AOS QUE PODEMOS IR DE EXCURSIÓN RESPECTANDO OS CAMIÑOS E AS PLANTAS QUE MEDRAN NELES?
25º- COÑECES ALGÚN FROITO QUE TEÑA AS SEMENTES NO EXTERIOR DO FROITO?
TEMA 5
1º- CALES SON AS TRES FUNCIÓNS VITAIS DOS ANIMAIS?
2º- CALES SON OS DOUS GRUPOS EN QUE SE CLASIFICAN OS ANIMAIS
PARA O SEU ESTUDO?
3º- QUE CLASE DE ANIMAIS SON A BOLBORETA, O CARACOL , A
ARAÑA E O CEMPÉS?
4º- EN QUE GRUPO ESTÁN O ELEFANTE, O PERIQUITO, A PÍNTEGA, O
PEIXE E A RA?
5º- TRES TIPOS DE ANIMAIS SEGUNDO A SÚA ALIMENTACIÓN?
6º- QUE CLASE DE ANIMAL É A HIENA E OS VOITRES POLA SÚA
ALIMENTACIÓN?
7º- QUE CLASE DE ANIMAL É O MERLO, O XABARIL E O RATO DE CAMPO SEGUNDO A SÚA ALIMENTACIÓN?
8º- QUE CLASE DE ANIMAL É O ESQUÍO SEGUNDO A SÚA
ALIMENTACIÓN?
9º- QUE CLASE DE ANIMAL É A SERPE E A CORUXA POLA SÚA
ALIMENTACIÓN?
10º- COMO SE CHAMAN OS ANIMAIS QUE POÑEN OVOS PARA
REPRODUCIERSE?
11º- CAL É O NOME DO PROCESO POLO CAL AS
CRÍAS MADURAN DENTRO DO OVO POLA CALOR DA GALIÑA.
12º- COMO SE CHAMAN OS ANIMAIS QUE NACEN VIVOS DO VENTRE DA
SÚA NAI?
13º- QUE CLASE DE ANIMAIS ALIMENTAN, COIDAN, PROTEXEN E
ENSINAN ÁS SÚAS CRÍAS?
14º- CAL É O ANIMAL QUE ESTÁ PREPARADO PARA CORRER MÁIS CA
TODOS?
15º- COMO SE DESPRAZAN OS ANIMAIS QUE VIVEN NA AUGA?
16º- COMO SE CHAMA O QUE FAN OS ANIMAIS QUE DORMEN TODO O
INVERNO?
17º- QUE FAN AS ANDORIÑAS PARA PROTEXERSE DO FRÍO?
18º- QUE ANIMAL ESTÁ PREPARADO PARA VIVIR SEN BEBER EN VARIOS
DÍAS NO DESERTO?
19º- COMO SE CHAMAN OS ANIMAIS QUE CONVIVEN CAS PERSOAS E
LLES PROPORCIONAN BENEFICIOS?
20º- COMO SE CHAMAN OS ANIMAIS QUE VIVEN FORMANDO PARTE DA
NATUREZA SEN COIDADOS DAS PERSOAS?
21º- COMO SE CHAMA O PROFESIONAL QUE ATENDE AS MASCOTAS?
22º- SE NUNHA EXCURSIÓN ENCONTRASES UN ANIMAL FERIDO, QUE
DEBES FACER?
23º- QUE DEBES COMPROBAR ANTES DE ABANDOAR O LUGAR ONDE
ESTIVECHES DE EXCURSIÓN?
24º- COMO SE CHAMAN OS DOUS ALIMENTOS QUE RECIBEN AS VACAS
NAS GRANXAS?
25º- DE QUE SE ALIMENTAN AS VACAS QUE SE CRÍAN AO AIRE
LIBRE?
TEMA 6
1º- COMO SE CHAMA CADA TIPO DE MATERIA?
2º- DE QUE ESTÁ FORMADO TODO CANTO NOS RODEA?
3º- QUE PROPIEDADE DA MATERIA SE MIDE EN GRAMOS OU
KILOGRAMOS?
4º QUE PROPIEDADE DA MATERIA SE MIDE EN LITROS OU
MILILITROS?
5º- CALES SON OS TRES ESTADOS FÍSICOS DA MATERIA?
6º- COMO SE CHAMA O CAMBIO DE ESTADO SÓLIDO A LÍQUIDO
APLICANDO CALOR?
7º- COMO SE CHAMA O CAMBIO DE ESTADO GASOSO A LÍQUIDO POR
ENFRIAMENTO?
8º- COMO SE CHAMAN OS CAMBIOS DE FORMA O VOLUME QUE PODE
EXPERIMENTAR UNHA SUBSTANCIA?
9º- COMO SE CHAMAN OS CAMABIOS POLOS QUE UNHA SUBSTANCIA SE
CONVERTE NOUTRA DIFERENTE?
10º- COMO SE CHAMAN AS SUBSTANCIAS QUE ARDEN CON FACILIDADE?
11º- QUE ALIMENTO SE CONVERTIU EN SÓLIDO CON OUTRA COR MEDIANTE
A COCCIÓN?
12º- COMO SE CHAMA O MOVEMENTO CONTINUO DA AUGA POLO
PLANETA?
13º- QUE LLE PASA A AUGA DO MAR CANDO O SOL A QUENTA?
14º- QUE LLE PASA AO VAPOR DE AUGA QUE VIAXA POLA ATMOSFERA E SE ENFRÍA?
15º- COMO SE CHAMA O PROCESO POLO CAL AS PLANTAS TAMÉN
LANZAN A ATMOSFERA VAPOR DE AUGA?
16º- COMO SE CHAMAN AS TRES FORMAS DE PRECIPITARSE A AUGA
DENDE AS NUBES?
17º- DE CALES DÚAS FORMAS PODE SAÍR A AUGA SUBTERRÁNEA AO
EXTERIOR?
18º- COMO SE CHAMA A MEZCLA
DE VARIAS SUBSTANCIAS PURAS?
19º- QUE CLASE DE SUBSTANCIAS SON O DIAMANTE, O FERRO OU O
SAL?
20º- QUE CLASE DE SUBSTANCIA É A AUGA DO MAR?
21º- QUE SUBSTANCIA É O GRANITO?
22º- COMO SE CHAMA CADA CLASE DE MATERIA QUE SE EMPREGA NA
FABRICACIÓN DUN OBXECTO?
23º- QUE SON A SEDA, O MARFIL, A LA E O COIRO?
24º- CAL É A PROPIEDADE DOS GLOBOS GRANDES QUE PERMITE AS NENAS SENTARSE NELES E
BOTAR?
25º- CALES SON AS TRES FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES?
No hay comentarios:
Publicar un comentario