miércoles, 15 de noviembre de 2017

ACABANDO O ANO VEN NADAL


VERSIÓN I


NADAL, DECEMBRO
DECEMBRO, NADAL
NACEU UN MENIÑO
NUN FRÍO PORTAL.

NENOS DE TERCEIRO
DE TERCEIRO A
LEVAMOS UN BAILE
PARA DISFRUTAR.

RITMOS DO CARIBE
NÓS VAMOS BAILAR
E FAREMOS FESTA,
FESTA A RACHAR!

TAMÉM APRENDEMOS
A TABLA DO OITO,
SE NON A SABEMOS
APARECE MANOLO.

MANOLO, O LEÓN,
TEN UN DOMADOR
QUE SE CHAMA PEPE
PERO RON NON BEBE.

SABEMOS A TABLA
BAILAMOS MERENGUE
SERVIMOS AS COPAS
CON MOITO DELEITE.

MARÍA E XOSÉ
TAMÉN SE ANIMARON
E BAILAN CO NENO
OS TRES AGARRADOS.

VERSIÓN II


NADAL, DECEMBRO
DECEMBRO, NADAL,
NACEU UN MENIÑO
NUN FRÍO PORTAL.

IMOS FACER FESTA
CON MOITA ALEGRÍA
BAILAMOS A TABLA
CON GRAN MAESTRÍA.

SERVIMOS AS COPAS
AO SON DO MERENGUE
CANTAMOS A TABLA
TODOS ALEGRES.

E TEMOS UN MEDO
MOI GRANDE NO CORPO
SE VEN DE VISITA
O LEÓN MANOLO.

PEPE, O DOMADOR,
ESCOITA A TABLA
SE NOS CONFUNDIMOS
O MANOLO ESPANTA.


E MANOLO RUXE
NON QUERE ESTAR SÓ.
VEN BAILAR A TABLA!
PON MOITA ATENCIÓN!


VERSIÓN III

Inventa ti o que pode pasar no escenario. Imaxina e fai rimas. Conta sílabas, fai versos, completa unha estrofa. Calquera pode inventar un verso, ou dous, se lle apetece. Fai os teus poemas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario