miércoles, 26 de abril de 2017

AS COPLAS DOS MAIOS

SE QUERES APRENDER A FACER COPLAS DOS MAIOS, AQUÍ TES UN BO MESTRE: CURROS ENRÍQUEZ.


cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos.
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Así que mirando esta ben podes inventar outras...


Por exemplo:

Cantádeme un maio
sin libros nin textos:
un maio sin probas,
sin profes nin ceros,
sin notas ,exames
 traballos, nin verbos



Cantádeme un maio
cheo de excursións
con moitos xogos, 
moita diversión
moitas merendolas.
Fai máis ilusión!


Cantádeme un maio
cheo de espranzas
sen lumes nos montes
sen tantas matanzas 
sen nenos que sofren  
con tantas desgrazas.


Cantádeme un maio
feito para nenos,
para súas nais 
con moitos enredos.
Que para os seus fillos 
os pais teñan tempo!


Cantádeme un maio 
que sexa perfecto
con máis alabanzas
e menos defectos
con moitos mimiños 
e menos segredos.


Cantádeme un maio,
un maio ben feito.
Un maio florido
sen ningún defecto.
Maio divertido:
un maio pra nenos!


CURROS ENRÍQUEZ E AS COPLAS DOS MAIOS

FEITO EN PROA HOXE 26  DE ABRIL DE 2017 POLOS NENOS:

ANA CAROLINA 
LORENA
ERIK
CA PROFE MAITE

No hay comentarios:

Publicar un comentario