lunes, 27 de marzo de 2017

EXAME SEGUNDA AVALIACIÓN DE NATURAIS

1º A COMBUSTIÓN, A OXIDACIÓN E A FERMENTACIÓN SON ESE TIPO DE CAMBIOS.


2º- AS SUBSTANCIAS QUE SE TRANSFORMAN EN OUTRAS CHÁMANSE ASÍ.


3º- A CORROSIÓN DOS METAIS PRODÚCESE PORQUE NA ATMOSFERA HAI ESE GAS.


4º- A ROCHA QUE É UNHA MESTURA DE FELDESPATO, MICA E CUARZO CHÁMASE ASÍ.


5º- A TÉCNICA DE SEPARACIÓN EN LÍQUIDOS QUE EMPREGA QUENTADOR, E REFRIXERANTE CHÁMASE ASÍ.


6º- OS MATERIAIS COMO O DIAMANTE OU O BRONCE TEÑEN ESA PROPIEDADE.


7º- É UNHA PROPIEDADE POLA CAL UN CORPO RECUPERA A SÚA FORMA DESPOIS DE QUE CESA A FORZA QUE CAUSA DEFORMACIÓN.


8º- O GRANITO, O XESO E O MÁRMORE SON MATERIAS PRIMAS DESA ORIXE.


9º- SE DIVIDIMOS A MASA DUN OBXECTO ENTRE O SEU VOLUME OBTÉMOLA.


10º- SON AS DÚAS PROPIEDADES XERAIS DA MATERIA.


11º-SON OS DOUS TIPOS DE REPRODUCIÓN NOS SERES VIVOS.


12º- ÓRGANO REPRODUTOR MASCULINO CILÍNDRICO QUE CONTÉN A URETRA.


13º- ELES FABRICAN OS ESPERMATOZOIDES.


14º- SON AS CÉLULAS REPRODUTORAS MASCULINAS.


15º- ELAS COMUNICAN OS OVARIOS CO ÚTERO.


16º- SON AS CÉLULAS REPRODUTORAS FEMININAS.


17º- O CICLO SEXUAL FEMININO DURAS ESES DÍAS.


18º-  TEÑEN O TAMAÑO DUNHA AMÉNDOA E CONTEÑEN OS ÓVULOS MENTRES NON SE DESPRENDEN.


19º- ELA DEBE PRODUCIRSE PARA QUE UN ÓVULO SE CONVERTA EN CIGOTO.


20º- MESES QUE TRANSCORREN DE EMBARAZO PARA QUE O EMBRIÓN SE CONVERTA EN FETO.


21º- SON TUBOS MICROSCÓPICOS QUE FABRICAN OS OURIÑOS.


22º- AS PERSOAS QUE DEBEN  CONECTARSE A UNHA MÁQUINA DE DIÁLISE FANO POR ESE MOTIVO.


23º- É UN ÓRGANO MUSCULAR, OCO E ELÁSTICO QUE SE ENCONTRA NO INFERIOR DO VENTRE.


24º- SON AS CÉLULAS DO SANGUE QUE TRANSPORTAN OSÍXENO E DIÓXIDO DE CARBONO DUN LADO A OUTRO.


25º- SON OS ORGÁNULOS DO CITOPLASMA ENCARGADOS DE PRODUCIR ENERXÍA A PARTIR DO OSÍXENO.


26º- SON PEQUENOS SACOS MICROSCÓPICOS SITUADOS AO FINAL DOS BRONQUIOS.


27º- EL ESTÁ FORMADO POR FOXAS NASAIS, FARINXE, LARINXE, TRÁQUEA, BRONQUIOS, E PULMÓNS.


28º- IMPORTANTE MÚSCULO CON FORMA DE MEMBRANA QUE COLABORA NA RESPIRACIÓN.


29º- SON OS DOUS MOMENTOS DA RESPIRACIÓN.


30º- A TRAVÉS DELES O OSÍXENO ENTRA EN CADA UNHA DAS CÉLULAS DO NOSO CORPO.


31º- NA SÍSTOLE AURICULAR ELAS CONTRÁENSE.


32º- NA SÍSTOLE VENTRICULAR ELES CONTRÁENSE.


33º-  AS AURÍCULAS ÉNCHENSE DE SANGUE NESA FASE DOS MOVEMENTOS DO CORAZÓN.


34º- NESA CIRCULACIÓN O SANGUE SAE DO CORAZÓN, LEVA DIÓXIDO DE CARBONO AOS PULMÓNS, RECOLLE ALÍ OSÍXENO E VOLVE PARA O CORAZÓN.


35º- NESA CIRCULACIÓN O SANGUE SAE DO CORAZÓN CON OSÍXENO E RECORRE TODOS OS ÓRGANOS DO CORPO PARA LEVALO ÁS CÉLULAS E QUE FABRIQUEN ENERXÍA NAS MITOCONDRIAS E VOLVE PARA O CORAZÓN CARGADA DE DIÓXIDO DE CARBONO.


36º- SON OS TRES TIPOS DE VASOS SANGUÍNEOS.


37º- ELAS ESTÁN ENTRE AS DÚAS AURÍCULAS E OS DOUS VENTRÍCULOS.


38º- ELAS SON MOI PEQUENAS, FABRICAN SUBSTANCIAS  QUE ESPESAN O PLASMA.


39º- SON AS CATRO SUBSTANCIAS PRINCIPAIS QUE TRANSPORTA O SANGUE.


40º- OS ZUMES DIXESTIVOS E A SALIVA REALIZAN ESE TIPO DE DIXESTIÓN.


41º- OS DENTES, A LINGUA E AS CONTRACCIÓNS DO TUBO DIXESTIVO REALIZAN ESE OUTRO TIPO DE DIXESTIÓN.


42º- ELES SON MOITOS REPREGAMENTOS DO INTESTINO ONDE SE PRODUCE A ABSORCIÓN INTESTINAL.


43º- ASÍ SE CHAMA A PAPA QUE SE FORMA NO ESTÓMAGO.


44º- ASÍ SE CHAMA A PAPA QUE SE FORMA NO INTESTINO DELGADO.


45º- AS SALES MINERAIS E A AUGA SON ABSORVIDAS  NESA PARTE DO TUBO DIXESTIVO.


46º- PROCESO POLO CAL O ALIMENTO PASA POLA FARINXE.


47º- NÚMERO DE HORAS QUE PERMANECE A COMIDA NO ESTÓMAGO.


48º- NÚMERO DE HORAS QUE DURA O RECORRIDO DO ALIMENTO POR TODO O TUBO DIXESTIVO.


49º- PARTE DO TUBO DIXESTIVO SITUADO ENTRE A FARINXE E O ESTÓMAGO.


50º- AOS HIDRATOS DE CARBONO TAMÉN SE LLES CHAMA ASÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario