martes, 31 de mayo de 2016

COMPLEMENTOS CIRCUNSTANCIAIS

Cando sucede un acontecemento realizado por un suxeito, pode acontecer en determinadas circunstancias de lugar, modo, tempo, etc. As palabras que nos indican esa circunstancia forman un grupo chamado complemento circunstancial.

Averigua as circunstancias en que se produciron estes feitos usando o libro de Sociais.


1º- NESA DATA COLÓN DEIXOU 39 HOMES NO NOVO CONTINENTE E INICIOU A VOLTA DA PRIMEIRA VIAXE A AMÉRICA. 132 (oito)

2º- DESPOIS DESE MOMENTO OS REIS CATÓLICOS COMPROMETÉRONSE A PERMITIR QUE OS MUSULMÁNS SEGUISEN A PRACTICAR A SÚA RELIXIÓN E OS SEUS COSTUMES. 129 (cinco)

3º- DURANTE ESE PERÍODO DE TEMPO A NOBREZA FEUDAL ACOMULOU MOITO PODER, PERO OS REIS CATÓLICOS CONSEGUIRON IMPOÑER SOBRE ELES A SÚA AUTORIDADE. 127 (tres)

4º- PARA ESO SE CREOU O TRIBUNAL DA INQUISICIÓN QUE XULGABA OS SOSPEITOSOS.  129 ( seis)

5º- O MODO DE CHEGAR POR TERRA VIAXANDO CARA ORIENTE ATA AS ILLAS DAS ESPECIES, ERA ASÍ. 130 (tres)

6º- NESE ANO VASCO DA GAMA ALCANZA A COSTA DA INDIA.131(tres)

7º- NA CARABELA AS CADERNAS ESTABAN FEITAS DESE MATERIAL. 133 (unha)

8º- A PRESPECTIVA CREOUSE CON ESA FINALIDAD. 137 (nove)

9º- FILIPE II LOITOU CONTRA OS TURCOS NESA BATALLA E SALÍU VICTORIOSO. 143 (catro)

10º- MARTÍN LUTERO ERA UN MONXE QUE PREDICABA ALÍ.143 (catro)


Para que sepas onde debes buscar a información e empregar as palabras adecuadas indícoche as páxinas das que separei a información que aparece nas dez pistas anteriores. Tamén aparece con letras o número de palabras que debes empregar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario