martes, 16 de febrero de 2016

LISTOS COMA ALLOS

Este exercicio é exclusivo de mentes privilexiadas. Alguén xa está traballando neste tipo de actividades, dúas nenas de mentes inquedas. Imos encriptar a información, para que non sexa tan aburrido.

Este é o código das respostas:

- consoante

.vocal

*vocal tónica

Por exemplos:

 LISTOS = - * - - . -                COMA = - * - .       ALLOS = *- - . -

LISTOS COMA ALLOS =     - * - - . -           - * - .               *- - . -


Ben. Este xogo ten como obxectivo fixar a atención e manexar información encriptada, que se volve moito máis interesante.

O exercicio consiste en facer pares ( 1, c), ( 2, a), nos que a pista e a resposta estén relacionados. Hai que ter coidado en que  varias respostas  repitan o mesmo patrón encriptado. Por exemplo

mapas = - * - . -

fases = - * - . -

teñen o mesmo código e conduce a confusión. As dez respostas teñen que ter un patrón diferente para sexan os pares únicos.



Este é o meu xogo:


1º É o terceiro planeta do Sistema Solar.

2º- É un planeta anano.

3º- Atópalos entre Xúpiter e Marte.

4º- É o número de fusos horarios.

5º- É unha colección de mapas.

6º- Mapa que representa a superfice da Terra.

7º- Primeiro dos factores xeográficos do clima.

8º- Así son as temperaturas no clima atlántico ou oceánico.

9º- Ciencia que estuda a poboación.

10º- É o tribunal máis importante de España.


a)  - - . - . - - * - . .

b) - . * - . -

c) - . - - * - .

d) - . - . - - . - * .

e) - . - . - * - .

f) - * - - .

g) * - - . -

h) . - - . - * . - . -

i) - . - - . - * - - .

j) - * - . -



Os dez patróns de resposta son diferentes para evitar confusión nos pares. A resposta a esta actividade son dez pares, a primeira compoñente é un número e a segunda, unha letra.


Vamos, a emparellar !


En ningún caso aparece h muda. Realmente non sei que pensar desta letra porque se fose conSOANTE tiña que soar coa vocal que acompaña, pero non soa, así que para esta letra teremos que inventarlle un distintivo específico. Cando sexa sonora en ch, contaremola como dúas consoantes :

- - . = cha, che chi, cho , chu


pero se non soa

h = /

En galego será pouco empregada, pero en castelán si.



fariña= - . - * - .

harina = / . - * - . 

No hay comentarios:

Publicar un comentario