Vicus é un nome latino que indica poboación.
WIKIPEDIA
Os mares e as rías galegas son importantes dende sempre porque neles encontraban abrigo as naves que comerciaban cos confíns de mundo coñecido, cando os temporais os obrigaban a recollerse nun porto seguro.
Na Idade Media, a época dos mosteiros, castelos, princesas, cabaleiros andantes, buscadores de perigos e aventuras, cando o Imperio Romano se descompuxo pola enerxía dos pobos bárbaros, como suevos e visigodos, a lingua galega é unha lingua puxante, na que se compoñen obras literarias; os troveiros, xograres, reis, músicos, xa non compuñan só en latín, senón nas linguas que nacían por todo o Imperio en plena transformación.
Destes autores galegos, e outros non galegos que compuñan os seus versos no idioma da Gallaecia, quedaron algunhas obras recollidas en volumes que se gardan en Lisboa , Roma, Madrid e Nova Yorke.
Martín Códax foi un destes troveiros que compuxo en galego. Coma moitos galegos que fixeron cousas interesantes ,a súa vida é un misterio. Suponse que era natural de Vigo. A súa obra foi descuberta por casualidade por un tal Pedro Vindel, polo que o manuscrito coas súas poesías chámase PERGAMINO VINDEL, que se garda na Biblioteca Morgan de New York
ONDAS DO MAR DE VIGO
PERGAMEO VINDEL
BIBILIOTECA Y MUSEO MORGAN
J.P.MORGAN
MARTÍN CÓDAX
No hay comentarios:
Publicar un comentario