Nestes enunciados hai moita trola.
Só che digo que : 6+4= 10.
Averigua ti onde están os gatos e onde as lebres ...
1º- Os cartaxineses viñeron do Norte de África e fundaron Cartaxena.
2º- Primeiro chegaron os romanos a Hispania e logo apareceron os cartaxineses.
3º- Os celtas viñeron do centro de Europa e situaronse no Norte e centro da Península.
4º- Cando se termina o Imperio Romano empeza a Idade Media.
5º- O cristianismo foi relixión oficial do Imperio Romano dende o século IV.
6º- Os tellados das cabanas celtas eran planos e os das casas iberas cónicos.
7º- O emperador romano Augusto desembarcou en Ampurias no 509 a.C.
8º- Nas cidades romanas existían edificios públicos, comercios, templos ...cerca do foro.
9º- Os escravos eran comprados e vendidos como unha propiedade máis dos ricos.
10º- Os celtas ricos vivían nas insulae e os iberos pobres nas domus.
Os gatos son : 2º, 6º, 7º e 10º. Debería dicir:
2º- Os cartaxineses chegaron a Hispania antes ca os romanos.
6º- Os tellados das cabanas celtas eran cónicos e os das casas iberas planos.
7º- O emperador romano Augusto acabou a conquista de Hispania no ano 19 a. C.
10º- Os romanos ricos vivian nas domus e os humildes nas insulae.
Non deixes todo para o último día. Intenta facelo o mellor que sexas capaz. Mañá xa terminamos este tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario