PODEDES PRACTICAR AS ESTROFAS DURANTE A FIN DE SEMANA. O LUNS EMPEZAREMOS ENSAIOS NA CLASE. SE TEDES DISFRACES PODEMOS INVENTAR AÍNDA ALGUNHA SORPRESA DE ÚLTIMA HORA ...
DE REPENTE, APARECEU
O SEU ANXIÑO DA GARDA
ESTANDO UNHA NENA GUAPA
TAN TRANQUILA NA SÚA CASA.
ELA PON MOITA ATENCIÓN
POIS É COUSA DE IMPORTANCIA
QUE RESPONDA SÍ OU NON
A PREGUNTA QUE LLE FAGAN.
NAQUEL TEMPO ACONTECEU
UN MANDATO RELEVANTE
TODOS TIÑAN QUE MARCHAR
A BELÉN PARA CENSARSE.
ALÁ VAN TODOS CONTENTOS
MARÍA, XOSÉ E A BURRA
POR CAMIÑOS, POR CARREIROS,
BAIXANDO E SUBINDO ALTURAS.
A VIAXE FAISE LONGA
E NON PERDEN O SORRISO,
SABEN QUE TODO SAIRÁ
COMA O ANXIÑO LLES DIXO.
-DESCANSAR SEN MAIS TARDANZA
SE TEÑEN SITIO QUEREMOS,
É QUE VIMOS CANSADIÑOS
GALILEA ESTÁ MOI LEXOS.
-POR BELÉN NON QUEDA SITIO
NIN PARA UNHA AGULLA DELGADA
TEREDES QUE CONFORMARVOS
CUN RECANTIÑO ENTRE AS PALLAS.
O RAPAZ ALÍ NACEU
TODO CHEIÑO DE GRAZA
A VIRXE TENO NO COLO
QUENTIÑO COMA UNHA BRASA.
ALÁ CHEGAN OS PASTORES
POR VER O QUE PRECISABAN
E QUEDAN TODOS FELICES
XOSÉ XA LLE FIXO A CAMA.
E NON FALTAN OS TRES REIS
DO CONFÍN DA MAURITANIA
TRAENDO FINOS PRESENTES
QUE CON MOITA GANA OFRECEN.
E XA ESTÁN ALÍ XUNTIÑOS
MÁIS CONTENTOS CA UNHAS PASCUAS
TODOS CABEN NO CORTELLO
E AÍNDA SOBRA PARA UNHA VACA.
MESTURADOS E FELICES
REIS, PASTORES E CABRAS
NENO, MARÍA E XOSÉ,
NUNHA FELIZ ALBORADA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario