Castiñeiriño do souto
deixa caír as castañas
que imos polo camiño
coas cestiñas preparadas.
deixa caír as castañas
que imos polo camiño
coas cestiñas preparadas.
E faremos un magosto
ou ben, cocidas en papas
para que os nosos avós
as coman sen mastigalas.
ou ben, cocidas en papas
para que os nosos avós
as coman sen mastigalas.
Castiñeiriño do souto
que tes as pólas tan altas
danos tamén as rachiñas
para quentarnos na casa.
que tes as pólas tan altas
danos tamén as rachiñas
para quentarnos na casa.
E cando sexas velliño
e xa non servas para nada
levarémoste con nós,
serás os mobles da casa!
e xa non servas para nada
levarémoste con nós,
serás os mobles da casa!
Feito en Codes, Penas Libres, Vilardevós.